Pontevedra, 29.7.2007
Outro traballo "histórico", das cartas ecolóxicas, pero vexo imposible a tarea de recuperalos todos, que eran 53. Este hoxe persentado pode parecer un traballo duro, pero corresponde simplemente a noticias de feitos graves acontecidos en diversos lugares. Nuns casos o protagonista letal pode se-lo mercurio, noutros os vertidos radiactivos, como no caso de río Bravo que se cita. Precisamente andan agora os Estados Unidos coa idea de poñeren en marcha o vertedeiro do monte Yucca de residuos radiactivos, pero nun país no que existen 103 centrales nucleares, coa posibilidade incluso de incrementalas, sen soluciós satisfactorias pra desmonta-las amortizadas e tendo en conta a moratoria das concesiós de trinta a sesenta anos, según se está a decir, o problema sigue pendente. Yucca aínda non está operativa e xa non é considerado un punto de vertido da máxima seguridade porque está no borde dunha falla tectónica na que houbo actividade oroxénica hai soamente 20000 anos, o que pode facer inviable o lugar. Ademais que hai unha serie de pleitos e demandas danzando. Sigue o traballo, que coido ten unha actualidad permanente; diríase que incluso agora poidamos ver con máis claridade o que nel se denuncia, salvo en lugares como o noso permanentemente colonizados, secuestrados pola "desinformación" imposta.
xornal diario - cartas edcolóxicas (37)
Os descerebrados [10.07.1992],
por Xesús López Fernández
Despóis do Cúmio de Río parece como se a nivel informativo se tivese producido unha certa reacción, unha maior sensibilización, ante os problemas do medio ambiente. En efecto, os distintos medios de comunicación fanse portavoces do noso diario acontecer e, non sempre na primeira plana, van aflorando noticias aterradoras ou simplemente preocupantes.
Se un día se fala do estoupido dunha industria química en Holanda, outro acontece o mesmo cunha factoría china. O feito de que na fronteira mexicano-estadounidense, nas localidades de Matamoros e Brownsville, teñan nacido uns cen nenos sen cerebro, convértese en noticia breve, relacionando o feito coa contaminación das augas do río Bravo. A noticia pouco máis dá de sí, a excepción de que se destinaron 352.ooo dólares pra investigaren a causa dos casos de anencefalia denunciados.
Como queira que sexa estamos ante un feito grave e que, como un día en Minamatta se descobreu que o mercurio era a causa da parálisis cerebral e conseguinte morte inducidas por vía alimentaria, agora estamos ante novas consecuencias do xogo siniestro da contaminación, dunha contaminación presumiblemente semellante á que converteu en víctimas ós kaiapós e ianomanis brasileiros, ás poboaciós asentadas río abaixo dos garimpos, as minas de ouro causantes da traxedia de tantas vidas, da deformación de tantos corpos, marcados algús como os nenos da fronteira antre México i Estados Unidos.
Unha nova alarma acaba de se producir, esta vez en Zaragoza, onde a antiga factoría Tudor estivo contaminando durante corenta anos. O cinismo da noticia está en que a nova empresa compradora dos terreos ten agora que presentar un plan pra resolve-lo problema da contaminación de 15o.ooo metros cúbicos de terra, que terán de ser levados a un vertedeiro controlado pra, xa alí, depositalos nunha burbulla ermética, que non séi en qué consiste e que me sorprende. Non son capaz de maxinar que se poida facer un paquetiño coesa cantidade de terra e deixala inorde, en condición tal que non poida contamina-lo seu entorno.
O tema de Zaragoza é moi preocupante porque eso vai xerar unha serie de tensiós e oposiciós totalmente xustificadas. E falaráse dun culpable final: o cidadán que que non quere que se faga un mal uso dos vertedeiros, en moitos casos auténticas bombas do tempo na medida en que, por medio das escorrentías, van seguir contaminando o sochán e os acuíferos soterraños e posibilitar outras noticias como as da mala xestión da auga, desa auga que se converte en vector domiciliario de morte, que fai posible que nazan nenos descerebrados en distintos lugares da terra, alén das experiencias xenéticas que poidan estar matinadas pra fabricaren un home novo sen capacidade de pensar.
No caso de Zaragoza non hai outras culpas que as de Tudor e mái-la Administración consentidora, aínda que esta poida deriva-las responsabilidades cara algún funcionario corrupto ou sen ideas, descerebrado como os nenos agora nados en Matamoros e Brownsville. Pode ser que eses persoaxes, os descerebrados, sen ideas nen conciencia moral, anden antre nós dende hai tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario