Pontevedra, 20.8.07
Incluímo-lo traballo deste luns, "Reganosa, ser ou non ser", así titulado non tanto pensando en que Galicia poida perder algo se finalmente e despois da loita xudicial que está nos comezos cerran a regasificadora de Mugardos, senón pensando con sentido de sustentabilidade e de defensa das vidas asentadas no seu entorno.
Reganosa, a súa pranta de Mugardos, é unha clara ilegalidade, unha posible bomba, e o Bloque daquela vila, como o de Pontevedra, non está por face-las cousas conforme mandan as leis. O poder corrompe a todo o mundo. A corrupción ambiental da ría do Ferrol é un feito, como tamén a de Pontevedra ou a de Vigo, dito así pra mellor comprender que se hai degradación medioambiental é porque parellamente houbo degradación política. A sociedade ten que reaccionar se quere que as cousas cambien, xa actuando pola vía xudicial, xa creando novas opciós políticas que poidan, cando menos, neutraliza-la corrupción rampante, presunto factor común de tódo-los partidos. Mentres tanto, Zapatero vai pasa-los últimos días das súas vacaciós no país d´Os Oscos, en Asturias, onde sí vai poder descobrir unha actuación conservacionista a imitar. (Neste blog hai unha crónica, "Do mar á montaña", na que se describe unha corta viaxe a aquel paraíso)
¿Quén o diría? A policía non está actuando na defensa do mandado pola Lei, senón a seguir instrucciós dos que a esqueceron, ou que pensan están dispensados de se burlar da chamada "nulidade radical", posible cunha Xusticia pexada políticamente.
25.02.2007. Téñase presente que este traballo, no foro de Xornal.com, a día d´hoxe leva xerado un debate que vai polas 170 intervenciós. Hoxe que, precisamente, publico un traballo titulado "Buscade en Google", o buscador de internet que é un pouco a esperanza dunha maior ilustración sobre os deberes incumpridos polos distintos partidos políticos.

Reganosa, ser ou non ser, [20.8.07],
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
O enclave en Mugardos da pranta regasificadora de REGANOSA, xa en fase de probas por un periodo de tres meses, é algo que ven sendo noticia case tódo-los días. O Comité Cidadán de Emerxencia prá Ría do Ferrol ven denunciando dende hai tempo a serie de presuntas ilegalidades, como pode ser incluso o Plan de Emerxencia Exterior que a empresa presentou como un plus de seguridade, como un alarde de xenerosidade según o devandito Comité comenta, como se a súa elaboración non fose obrigatoria. A pouco que examinémo-lo plano da ría do Ferrol e a situación da regasificadora, teremos que concluir, coas xentes do Comité, que o PEE non vai protexe-la vida dos veciños da ría. Do Real Decreto 1254/1999 do 16 de Xullo –Directiva Seveso II— emana a obrigatoria redacción do PEE, sendo once as empresas galegas obrigadas por esa normativa, dúas delas precisamente na ría do Ferrol, ás que habería que engadir á Autoridade Portuaria, que autorizou varias veces o atraco nun peirao da ría, a metaneiros cargados de gas natural licuado, mercancía peligrosa.
Prá elaboración dos PEE a Administración deberá establece-los mecanismos de consulta á poboación afectada. O público terá de ser requerido pra opinar en: Proiectos de novo establecemento, Planificación do territorio e prá elaboración dos Plans de Emerxencia. A consellería de Xusticia está obrigada a que a poboación reciba a necesaria información dos riscos existentes e da conducta a seguir no caso de accidente, o que non se fixo en nengunha das fases do proiecto. Por outra banda o PEE deberá ser homologado pola consellería ó tempo que informada a Unión Europea, nunca reducido a un listado de teléfonos pra avisar dos accidentes que se poidan producir, que nunca ten valor de prevención. E acordémonos de que o Raminp sigue en vigor, a maiores do Decreto citado que se refire á Normativa Seveso II. Se según éste as autoridades deben velar porque se manteñan as distancias de seguridade, no Raminp establécese unha distancia mínima de dous mil metros do núcleo máis próximo de poboación agrupada.
¿Pero cómo pode un alcalde renunciar a que se cumpra o dito regulamento, como fixo o de Mugardos por escrito do 13.2.2004? O Comité Cidadán de Emerxencia lembra [citando ó T. Supremo] que a Administración Autonómica podería establecer, incluso, unha distancia superior, pero nunca os concellos poden desatende-lo mandato legal nen por medio de ordeanzas, nen de plans urbanísticos. Aí topámonos novamente coa necesidade de exerce-la acción cidadá, por deixadeza da autoridade municipal en asunto que a Administración xudicial parece ter moi claro. Son actuaciós desafortunadas [prás que cabe o calificativo de nulidade radical], nas que os grupos de presión creen estar por riba da lei e onde non faltan políticos que esquecen os seus deberes. O Comité cita unha sentencia do Tribunal Supremo sobre a edar de Aranda de Duero, ilegal por estar situada a menos de 2000 metros da poboación.
Á marxe do que queda argumentado, tódo-los días se producen novas en relación coa desafortunada actuación por ter enclavado unha regasificadora en lugar inadecuado, coa agravante do posible efecto dominó pola proximidade doutras actividades peligrosas. A actuación dos mariscadores que se poden ver seriamente afectados [os seus bloqueos a caceroladas], parece non é comprendida por certos comentaristas que opinan sobre Reganosa, en Mugardos, como un feito irrenunciable. En economía, as ideas deberían ser sempre claras, como unha ecuación, e Mugardos, non hai nada máis que ve-lo mapa, non é o sitio. Pra unha maior información sobre o tema recomendámo-la lectura dos dous últimos exemplares de Tempos Novos, que estudia a fondo toda a problemática relacionada co mal paso denunciado polo Comité Cidadán de Emerxencia. Cando hai unha normativa estatal como o Raminp, dí a revista, é de forzosa aplicación.

No hay comentarios:
Publicar un comentario