Pontevedra, 8.8.07
A bisagra, traballo publicado o 21.5.07, cando aínda existía a esperanza de que a ICPRACERES, coa sentencia do Tribunal Superior de Madrid ratificada polo Tribunal Supremo, puidera estar presente na nova corporación pontevedresa. Non foi así, pero as cousas quedan ditas no traballo, as traiciós pasadas e as presentidas. E ánimo ás xentes da ICPRACERES, que han seguir loitando pra que os políticos de turno e os administradores delegados non acaben coa ría de Pontevedra.
De cando Fraga e outros perderon o sentido. O Tribunal Supremo do Estado quitoulle a razón, a el e ós outros.

A bisagra (21.5.2007),
por Xesús López Fernández
Hai nervios nos partidos agora que entramos na conta atrás. Precisan algús da presencia de pesos pesados pró remate da campaña, que nada van resolver; que seguramente os vellos problemas das parroquias van seguir vivos. Esas parroquias poden te-la chave destas elecciós. Por eso acoden en plan bombeiros os candidatos [o falar non ten cancelas] a prometerlles que, agora sí, lles van resolve-lo problema do saneamento con máis tuberías porque queren potenciar máis aínda a Edar ilegal d´Os Praceres, porque é evidente que non hai mensaxe medioambientalista. E coido que o único grupo que se propón a recuperación da fachada litoral é a Iniciativa Cidadán Os Praceres. Coa súa campaña franciscá, sen ter gastado máis alá de 291 euros nos carteles, tiveron ó seu favor a mellor publicidade que se pode facer: dúas sentencias. Porque a Xusticia debe servir pra correxi-la deixadeza de funciós das Administraciós. E, claro, cando os Concellos, ou a Xunta, ou o Ministerio de Fomento non están pola defensa da aplicación estricta das leis, os cidadáns estamos chamados a exercita-la acción pública, como se nos recomenda na Constitución; como tamén a Lei de Costas.
Algús políticos [Manuel Fraga, Xosé Cuíña, Fdez. Lores e Tonecho] deben estar a lamentaren a súa participación na viaxe inaugural do ferrocarril ó porto de Marín, eles catro na máquina Mikado, a obra que definiron daquela como de “interese xeral”. ¡Qué expresión baleira, vouga ou balaínza pra xustifica-lo inxustificable, porque o chafaldrís da política non lles dá dereito a torce-las leis ou a acomoda-lo que é dominio público marítimo terrestre á súa particular definición ou intereses! Que non se sorprenda o noso alcalde da pergunta que alguén lle fixo nun encontro dixital hai cousa dunha semá: ¿Por qué están tan empeñados en convertir Lourizán en solar? Parece como se a cuestión non fose entendida, porque a mensaxe electoral do BNG é a de ¡Ence, fóra! e, certamente, o seu solar é dominio público marítimo terrestre, pero tamén o espacio por onde vai o ferrocarril apoiado por Lores, a avenida de Marín ou a EDAR d´Os Praceres, outra actuación que el define tamén como de interese xeral. Que non lle extrañe que os cidadáns recurran ante a Xusticia.

Dende a ICPraceres avisan de que a Fomento lle deben quedar uns 50 días prá execución da sentencia e que, como prevé a lei, se o ministerio non levanta as vías farano eles cun proiecto solvente que xa deben ter en fase de redacción. Pero se a sentencia do ferrocarril colea, a gran noticia dos últimos días foi unha nova sentencia, esta do TSXG, en relación coas actuaciós portuarias, que compromete a presencia de Tradepana e de Gonvarri, empresas ás que a Autoridade Portuaria lles preparou solar a costa do mar. E a pesar das denuncias presentadas contra esos enclaves, os concellos de Marín e Pontevedra non pasaron a proba do algodón. Haberá que insitir, sobre todo, na última das presencias denunciadas, porque Gonvarri foi cerrada en Cataluña por “delito ecolóxico continuado”, por vertidos de cinc e cadmio. E agora témola aquí gracias á ecoxestión do goberno local.
A ICPraceres resume a súa mensaxe cun chamamento pra salva-la ría, o único creible da campaña. Coa súa actuación contínua ante a Xusticia estiveron a defende-lo Estado de Dereito máis alá do discurso falaz dos grandes grupos. O día 18.5 estivo animado o seu mitin de Estribela, o día no que os medios informaron doutros procedementos por eles incoados, catro, que o TSXG ten pendentes de resolución. O seu líder resultou moi convincente, comunicador, na súa intervención matinal dese día, nun programa de radio: queren ser portavoces dos cidadáns, presentar nos plenos os problemas cotiáns dos pontevedreses, non tanto rondas e circunvalaciós como a permeabilización da cidade, o permiso pra entrar nela. Hai xentes que xa ven posible a presencia da ICPraceres na Corporación do 28.5, como partido bisagra. ¿Un, dous, tres concelleiros?. Pensan algús que esa presencia suporía un tempo de esperanza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario