miércoles, 8 de agosto de 2007

A CORRUPCIÓN COMO DESTINO

Pontevedra, 9.8.07
Este é outro dos traballos da repesca, coido que en definitiva un traballo clásico que mostra a decepción pola política, as gañas de golsar que dan moitas das actuaciós que se poden contabilizar. ¿Cántas "realizaciós" poderían resisti-la proba do algodón?. No escalón superior, como conta Máximo, camiña o poderoso cabaleiro polo chanzo da Corrupción. Mellor leé-lo artículo aparecido no Diario de Pontevedra e no Xornal.com do 14.12.06.
No se puede mostrar la imagen “http://www.elpais.com/recorte/20061130elpepivin_3/XLCO/Ges/20061130elpepivin_3.jpg” porque contiene errores.
A corrupción como destino [4.12.2006],
por Xesús López Fernández

Entremos no tema da man de dúas representaciós plásticas, de dous chistes publicados recentemente no periódico El País. O primeiro, de Máximo, do 30.11, describe a escea dun señor que, con maletín e gafas escuras, poderoso cabaleiro, camiña con paso firme polo chanzo da Corrupción, no alto da escadeira. Quedaron atrás os pasos da ascensión: Transición, Constitución e Democratización, chiste que se corresponde co canon de que “o poder corrompe e o poder absoluto corrompe absolutamente”, a conocida cita de lord Acton. Na actualidade, tal sentido sigue presente no discurso dos representantes públicos, tan opaco como referente dos diversos tipos de abuso de poder, o que se decanta no presunto enriquecemento ilexítimo de non poucos políticos e autoridades; ou o favorecemento ilegal ás causas ou organizaciós coas que están implicados aínda que non obteñan beneficio persoal algún: conexiós, tráfegos de influencia, recalificaciós, etc..

O outro chiste é de El Roto, de data 1.12, no que dibuxa a cabeceira dunha manifestación: Cinco homes seriamente vestidos e con garabata portan unha pancarta na que se lee: “La corrupción crea empleo. Defiéndela”. E parece que, en certo sentido, se corresponde coa actitude de protesta social i empresarial que nalgún caso trascendeu en relación coas medidas de urxente protección litoral anunciadas pola conselleira Caride nunha franxa de 500 metros da costa galega. Nadie falou como El Roto, pero moita xente puido entende-lo discurso de fondo; que a protesta polo freazo á agresión do ladrillo coincide co discurso do humorista. I existe un claro clamor popular de sospeita de que onde se constrúe máis da conta, de xeito alienante e con recalificaciós non aclaradas democráticamente, os responsables dalgunha administración poden estar a mirar pra outra banda ou gardan un silencio culpable.

Estamos afeitos a que cada día afloren novos escándalos e que nalgún caso se confese a entrega de comisiós a partidos políticos. Todo apunta a que a relación antre corrupción e política é moito máis profunda do que quixeramos e que só unha transparencia real no exercicio da gobernación traería como consecuencia a dimisión dos que non leven o cargo coa debida honradez. Pero a corrupción non é soamente unha práctica considerada como delictiva senón tamén un importante medio de influencia política e os actores, no caso de corrupción oficial e non persoal, difícilmente han renunciar a este tipo de influencia incluso no eido da globalización, na que os estados tenden a identifica-lo seu interese co das súas empresas, pero ¿qué dirixente está disposto a se mostrar en contra de acordos e políticas anti-corrupción?.

Temos dediante nosa un panorama de sombras e os cidadáns debemos asumir como algo inevitable que os políticos que nos representan nas instituciós públicas malxestionen os nosos intereses comús e ata nos manden, no sentido máis amplio e negativo do término. Tamén teremos, de momento, que acatar que os tales políticos, que exercen en función de listas cerradas, non sexan os que a sociedade escollería, senón os que os partidos inclúan nas listas cada vez que hai elecciós. As listas abertas serían un posible instrumento pra desparasita-la política, pra evita-la corrupción á que parece abocado, destinado sempre o poder. Pero vai demorar aínda o cambio de sistema, a blindaxe contra as ditas prácticas que, susceptibles de estaren en moitas frontes, magnifícanse nas conexiós co ladrillo ou tixolo, como coa taladradora, coas obras públicas. Javier Sanz González, de Madrid, pergunta en El País do 2.12: “¿Cántos pobos e cidades están nestos momentos libres do andacio de rúas levantadas [...] pra ampliar beirarrúas coa conseguinte eliminación de aparcamentos, crear glorietas ou introduciren cables de telecomunicaciós [....] , moitas delas innecesarias, incluso negativas...?”. Obras ás veces inútiles, non xustificadas, que pagámo-los cidadáns mentres a xusticia parece non se ter enterado.
No se puede mostrar la imagen “http://www.elpais.com/recorte/20061201elpepivin_10/XLCO/Ges/20061201elpepivin_10.jpg” porque contiene errores.

No hay comentarios: