lunes, 13 de agosto de 2007

AS PORTAS MÁXICAS [13.08.07]

Optei esta semáa por me referir de novo ó cambio climático. Posiblemente prá próxima semá volverei sobre o tema en plan xeneralista. Non debemos esquecer que os nemigos do clima, os nemigos da terra, os terminators dun todo harmónico están presentes nos diversos clans políticos e grupos de presión que os moven, como sabemos acontece a nivel local.

No artículo "A adhesión á carta de Aalborg", que ainda que é do 2003 fixémolo veciño deste traballo que agora vai, xa se analiza parte do contubernio existente; de cómo se programa a fin dunha ría dende a Autoridade Portuaria e o Concello de Pontevedra.

Co cambio político recentemente producido non se telumbra un cambio de tendencia no deterioro. Aínda que baixo distinta disciplina teremos que ve-lo feito como simple apariencia e que estos políticos próximos e conocidos están, realmente, nun mesmo barco e son culpables, localmente, do cambio climático que vimos denunciando.

No se puede mostrar la imagen “http://www.cambioclimaticoglobal.com/imagenes/greenhou.jpg” porque contiene errores.

As portas máxicas,por Xesús López Fernández

Insistiremos hoxe sobre algún dos aspectos tratados no traballo do 6.8.07, “O progreso do cambio climático”, as alertas que Tim Flannery dá no seu libro sobre “A ameaza do cambio climático”. Citabamos á climatóloga Julia Cole como autora da denominación “porta máxica” que ela aplica ós cambios dunha situación climática estable a outra nova situación e que, consecuentemente ó quecemento global dende os anos sesenta o noso planeta tiña sofrido xa dous desos saltos: 1976 e 1998. A idea de que a Terra cruzou unha porta máxica no 1976 orixinouse no atolón de coral de Maiana, na nación do Pacífico de Kiribati, e aconteceu nun coral antiquísimo [un Porites de 155 anos], que viveu e creceu alí. Pero Maiana atópase nun lugar clave, no Pacífico central, que foi onde a importante forza climática de El Niño detectouse por primeira vez. Os investigadores perforaron unha sección do vello coral e descobriron un detallado rexistro climático que se remontaba ó ano 1840.

Antre o 1945 e 1955 a temperatura da superficie do Pacífico tropical descendía habitualmente por baixo dos 19,2ºC, pero despois de aberta a “porta máxica” do 1976 rara vez ten baixado dos 25ºC. E afirma Martin Hoerling, do Centro Climático de Boulder, Colorado, que “o Pacífico tropical occidental é a área máis cálida do oceano global i é un gran regulador do clima”. Antre outras cousas controla case tóda-las precipitaciós dos trópicos e a posición da Corrente en Chorro, cuios ventos levan neve e chuvia a América do Norte. No 1977, National Geographic publicou un estudio sobre o tempo aloucado do ano anterior, con inesperadas condiciós benignas en Alaska e tormentas de neve nos 48 estados que quedaban por debaixo [Canby, 1997]. A causa fora un desprazamento da Corrente en Chorro, que tamén tiña afectado a zonas tan lonxás como o Sur de Australia e as illas Galápagos.

Os pinzós das illas Galápagos, que Charles Darwin estudiara como ilustración da súa teoría da evolución, sofriron tamén a consecuencia da seca do 1977. Case desaparecen daquela, pois de 1300 que existían sobreviviron 180, os de peteiro máis longo, con capacidade pra escachar sementes máis duras. 150 eran machos e, cando chegou a época do apareamento, foron os do peteiro máis grande os que levaron o trofeo. E así, por selección natural, produceuse un cambio mensurable no tamaño do pico da poboación da illa [Grant, 1999]. Os pinzós de Darwin defínense en gran medida polo longor do pico e repártense os nichos ecolóxicos da illa según o que poidan comer. Hai rexistros de case dous séculos pró estudio da súa evolución.

No traballo anterior centrabámonos máis nos efectos conocidos dende 1998, contando tamén a historia do desaparecido sapo dourado, na década do 1980. Poderiamos traer outras historias parecidas, como a desaparición masiva de rás nas pluvisilvas do norte de Queensland. Calcúlase que en Australia desapareceron unhas dezaséis especies de rás [o 13% da fauna anfibia total de Australia]. Pero as novas destos días parecen confirma-lo cambio climático como un feito irreversible. Os grandes glaciares parecen en fase de extinción, como na Patagonia. Se o adianto da primavera era xa unha manifestación do cambio, co mundo vexetal a espertar antes ou coas aves a cambiar de hábitos e pautas migratorias, os últimos datos do Ártico falan dunha rápida e crecente perda da masa xeada e dunha posible emigración dos boscos cara ó mar Ártico. O Norte da Antártida comeza a verdear. A emisión do CO2 é a gran culpable. Ou somos capaces de cambiar por outras fontes de enerxía ou esto vai ter un difícil remedio. Non faltan ideas, como a de fixar un imposto forte sobre o carbono [sobre o carbón na mina, sobre o petróleo no pozo ou no porto e sobre o gas natural na súa bulsa ou depósito] que mingoaría as emisiós de CO2 de xeito radical, xa que a industria tentaría a salvación do planeta [e a propia] máis alá dos beneficios que agora procura con cobiza irrefreable.

No hay comentarios: