domingo, 5 de agosto de 2007

O PROGRESO DO CAMBIO CLIMÁTICO

Pontevedra, 6.8.07

Artículo desta data, publicado en diversos medios. O tema do cambio climático debería estar na axenda de todo-los gobernos. Non é así. Incluso nos casos nos que parece haber un compromiso sincero, aparecen as políticas contradictorias: ausencia de estudios de impacto ambiental, arraso da costa polo que siguen chamando urbanismo, esa forma obscena de construir ó tempo que se acaba coa paisaxe, etc.

Se na atmósfera hai en torno a un 2% de CO2, o que non se pode esquecer é que na terra, nas minas e boscos ou nos mares hai cantidades enormes de C, que as forzas do último día están co degaro de liberalo pró convertir no gas principal causante do cambio climático. E o traballo vai sobre o tema. Outros foron publicados anteriormente; outros han seguir, se Deus quixer, no futuro.
No se puede mostrar la imagen “http://www.arconet.es/USERS/Marta/Sapodorado.jpg” porque contiene errores. 

O progreso do cambio climático,
por Xesús López Fernández

Timm Flannery pergunta no seu libro “A ameaza do cambio climático” polo significado do término e por cómo o quecemento global vai afectar ás nosas vidas. ¿Pode sé-lo cambio climático causa das tormentas extremas ou das secas cada vez máis frecuentes? ¿Son inevitables? O libro é denso, pero ameno, case unha novela. O autor vai contestando a esas e a moitas outras cuestiós ó tempo que nos conta, prendendo a nosa atención, a historia do clima e o seu posible futuro, pois se continuamos a queimar combustibles fósiles van aumenta-los gases de efecto invernadeiro na atmósfera, có que o calor do planeta vai ser maior, algo que os distintos países ven de xeito distinto por ese efecto non querido, mais no que todos temos algo en común: o cambio climático, ata o punto de que, á vista da nova meteoroloxía da que dispoñemos, pon en peligro a nosa civilización.

Temos que comprende-la nosa participación en relación coa situación da atmósfera e do sochán, das augas e da terra que depende de nós. Tamén a biodiversidade. Timm Flannery analiza no capítulo 9 do libro, “un mundo que se desmorona”, cómo o cambio climático fai cambia-lo mundo a trompicós, de xeito que o comportamento climático salta dun estado estable a outro. Cita á climatóloga Julia Cole, que se refire ós cambios que se efectúan no clima como “portas máxicas” e sostén que, posto que as temperaturas comezaron a sobir nos anos sesenta, o noso planeta ten presenciado xa dous desos saltos: 1976 e 1998, apreciado o primeiro no atolón de coral de Maiana, no Pacífico.

A “porta máxica” do 1976 manifestouse como un incremento súpeto e sostido da temperatura da superficie do mar de 0,6ºC, e unha salinidade mingoada nun 0,8 por cento. A partir desos datos o autor vai ofrecendo unha valiosa información. Pero saltemos xa á outra “porta máxica”, situada en 1997-98, o ano de “El Niño”, o ano no que o mundo se incendiou. Queimáronse 10 millós de hectáreas, das que a mitade eran pluvisilva. Na illa de Borneo perdéronse daquela 5 millós de hectáreas, ademáis do brutal impacto sobre a fauna singular do que con toda seguridade non hemos ter un conocemento cabal. O climatólgo Kevin Trenberth e os seus colegas pensan que o que aconteceu ese ano foi unha manifestación extrema dun impacto máis xeral que o quecemento global tivo sobre o ciclo de El Niño-La Niña. [….]

Algús dos cambios habidos dende o 1998 foron xa permanentes, pois dende aquela as augas do Pacífico occidental central acadaron os 30ºC, mentres que a Corrente en Chorro tense desprazado cara o Polo Norte. ¿E afectará o cambio climático á desaparición de especies? Suponse que nos boscos de Nova Guinea ou nalgún arrecife de coral, pero sen biólogos presentes como no caso de Costa Rica, na Reserva Bosque Nuboso de Monteverde, onde está situado o Laboratorio prá Conservación do Sapo Dourado, non se pode chegar a un conocemento certo, como no caso desta criatura. Este sapo foi descoberto no 1966. Tiña as súas covachas antre as raíces musgosas das árbores e, cando a estación seca daba paso á húmeda en abril-maio aparecían no chan uns poucos días ou semás, pra se reproduciren. No 1987 hai constancia da existencia de tres machos á procura de femia e un grupo de 133, ó redor dunha charca ou chanca. En abril, o chan está decote máis seco. Coas charcas secas, os ovos aparecen embarolecidos. O esmorecemento do animal está notariado por Crump, bióloga que ve cómo o bosco queda estéril. Descobre un só sapo, cousa que se repite ó ano seguinte. ¿Causas? A estadística aclara o misterio: a desaparición das néboas. Os sistemas nubosos aparecen cada ano máis altos e o que nun principio eran días aillados sen néboas, pasaron a seren series de días e, consecuentemente á seca delongada. O sapo quedou privado do seu ecosistema, do seu nicho ecolóxico, consecuencia do CO2 emitido globalmente polos que ignoraban a súa existencia.

No hay comentarios: