jueves, 23 de agosto de 2007

NOTICIAS ECOLÓXICAS SESGADAS [23.8.07]

Pontevedra, 23.8.07
Hai novas que figuran na prensa do día pero que ó mellor non aparecen na edición dixital do periódico que as dá. Son noticias sesgadas. Suponse que, no momento no que internet é un referente global, tamén certos medios son susceptibles de cobrar un certo canon ou peaxe por gardar silencio. E así nos vai.

Destacaría do día d´hoxe a información de que siguen os vertidos na mina abandonada de Touro, non autorizados, contaminantes, pese ó expediente da Xunta. ¿Pero cómo é posible que non se produza unha actuaciòn rápida das forzas públicas que evite que nos sigan tomando o pelo? Porque ese lugar xa foi noticia hai uns anos, cando se descobreu que os refugallos de certas empresas, ricos en mercurio e organohaloxenados, ían parar alí antre outros lugares [vertedeiros d´O Rapadiño, vertedeiro de Vigo] con nocturnidade e alevosía. Pero esas son noticias que morren, suponse que gracias ó canon pagado por algún lobby.

Os veciños de Touro saben destos problemas ecolóxicos da súa zona, tantas veces por eles denunciados. E centran as súas críticas, sobre todo, na contaminación do río Lañas, procedentes da filtración de metales [négome a escribir "metais", sigo co plural "atlántico", ou se queredes co continental, "metás", pronunciado "metáas"] pesados que chegan ó cauce despois de ter sido eliminada a balsa de decantación pola propietaria do vello xacimento de cobre.

Outra nova, podemos entender que positiva, é a de que, á fin, os comuneiros do Morrazo vense obrigados a talar zonas vastas de eucalipto, porque non poden co gonipterus sobre o que, despois do invento da loita biolóxica por medio da "anaphens nitens", intentaron a loita insecticida, con compostos de cadea longa de organohaloxenados, aplicados por medio de avionetas gobernadas con mando a distancia. Aí estarían tamén algús outros insecticidas, como os piretroides, que aniquilan a microfauna, que incluso matan coellos e que na zona da Mahía, según refería Alfredo Conde nun traballo de hai dous ou tres anos, supoñíase foran causa da mortandade de abellas. "Voume quedar sen o mel da Mahía", decía que, ó parecer, por algún insecticida aplicado ós eucaliptus durante a floración. Máis tarde comentaría que tampouco oía o croar das rás no fondo da súa finca.
Se os comuneiros de Morrazo van á prantación de caducifolias, o remedio pode ser bo prá paisaxe e pra que non ardan tanto os montes, algo sobre o que, no paquete de noticias d´hoxe habería que incluir ó persoal antiincendios declarado en folga precisamente agora, en agosto. Habería que lles perguntar ónde estaban o ano pasado, porque ese absentismo podería ter agravado o panorama de non ter sofrido agora un verán atípico, rico en chuvias
, os bombeiros máis eficaces.

Que en Sanxenxo haxa unhas cen casas con irregularidades, ameazádo-los propietarios de posible demolición pola Xerencia Municipal de Urbanismo, sería tamén boa noticia se dunha vez por todas se fixese limpeza xeral. Mais, polo que sabemos, non están as cousas tan claras cando parece que un dos obxetivos a batir é o edificio Herpi e as súas 60 vivendas. ¿Pra esponxa-lo litoral ou pra doutar de vistas á ría ás urbanizaciós previstas na outra banda da estrada que chega de Pontevedra? Que nos expliquen tamén os horrores en vía de realización na punta Fastiñanza, en Areas, ou o intento urbanizador disfrazado de proiecto de ronda. Ronda, non, xa sabemos.

Última noticia por hoxe. O análisis político sobre o avance do PXOM de Pontevedra vaise abrir a principios de setembro. Pero, ¿fixeron xa os políticos o necesario curso intensivo sobre a Axenda 21 pra saber dá-los pasos precisos, pra traballar en democracia non estalinista?. De momento, os nosos políticos suspenden e a cidade, que morre co seu entorno, morre en gran parte por culpa do actual titular da concellería de Ordeación Territorial, do señor Mosquera, que coa creación desa concellalía á súa medida, vai seguir imposibilitando a recuperación da urbe. Hoxe aínda campanean as alarmas do vertido de fecales en Aguete, como consecuencia de ter utilizado tubos de mala calidade, de fracasa-lo bombeo a Os Praceres...; cando a merda ten chegado tamén á praia de Tambo, quer decir que os chacaritas que levan oito anos na gobernación da capital non aprenderon aínda a asignatura. Que teña chegado o momento, decía Lores hai un par de días en relación co Gafos, de destapa-las miserias no canto de cobrilas como antano, quer decir que o home non sabe o que está a decir. El, defensor da depuradora d´Os Praceres, aínda non reparou que a Lei de Costas define esa realización como delito, como tamén ignora que esas instalaciós teñen que ser obxeto de estudio de impacto ambiental, porque son factorías. Nada, que suspenden Lores e o seu equipo, socialistas incluídos, que queren seguir tapando a merda polo sistema da inmersión nun medio sensible, a ría.

E se buscamos nalgún que outro medio escrito é seguro que atoparemos novas noticias sobre agresiós ó mar: novos recheos, o tema de Reganosa como disparate supremo, a pretensión de facer solares a costa do mar, ou novos portos deportivos ó tempo que se cargan os portos de pesca, que se acaba coas vilas mariñeiras: como se fixo con Sanxenxo, con Raxó, como se está a facer en Combarro, como aconteceu en Marín co apoio estulto, imbécil, da Autoridade Portuaria, e outros apoios, cando a asignatura do "dominio público marítimo terrestre" que Fraga quixo eliminar tampouco é ben querida polo talibanismo agora gobernante.

1 comentario:

Jorganes dijo...

Recentemente descubrín o teu blog o que accedín por unha búsqueda pois leín un artigo teu e gustoume moito.

O blog tamén me gusta moito, e é admirable o ben informado que estás e o tempo que levas cos temas ecolóxicos.

Agora permíteme unha crítica constructiva. As cores das letras e o fondo do blog fan moi difícil a súa lectura. Eu agradecería unha tipografía máis "normal"

Saúde e perdoa a miña intromisión.