Pontevedra, 28.8.07
Hoxe penduramos outro dos traballos "históricos" da época do Xornal Diario, o n. 35 das "cartas ecoloxistas". Un traballo un tanto cáustico que, non sei se no estilo de Umbral, recén ido deste mundo, indicaba certas culpas ou pagos no tema celulósico. Cando levamos máis de dous anos de cambio no goberno de Galicia, cos socialistas no poder pexados polo BNG, vemos que o tema Ence e outros temas [Elnosa, Reganosa, depósitos do Ferrazo, construcciós de portos deportivos, urbanismo despiadado] siguen pendentes, que non hai vontade ambientalista por ver de acadar un desenvolvemento sostible na nosa terra. Todo parece indicar que a factura de Flick está aínda sen pagar e que o ecoloxismo, en Polìtica, non vale nada máis que prós discursos. Como tamén o tema do himno galego, perdido agora o Touriño, que recomenda mesura, na retesía co Quintana que, nova cara do Fascio, quer impoñerlle ós nenos do parvulario, contra vento e marea, como unha nova Giovinezza [Salve, o popolo guerrieri, salve o popolo inmortale....] o absurdo himno con letra tirada do poema Os Pinos, de Pondal: "A nobre Lusitania/os brazos tende amigos/ ós eidos ben antigos/ con un punxente afán...". ¿Pero qué coño se cree Quintana?
Que atendan el e Touriño outros deberes. E afasten de nós a fantasma de Flick, que parece sigue aí con eles como beneficiarios. Cóu sen home do maletín, a corrupción continúa, pero agora chámanlle "negocios", "consolidación de mercados", ou términos similares.
23.03.2013. Pasado xa tempo, hoxe aparecen, na historia, tanto Toriño como Quintana, como simples políticos do trinque.

xornal diario - cartas ecolóxicas (35)
A FACTURA DE FLICK [26.6.1992]
A FACTURA DE FLICK [26.6.1992]
O programa "Boa Saúde" da TVG do pasado martes resultou bastante movido, bastante quente. O feito de esta-lo mesmo enlatado, grabado xa na semá anterior, non lle restóu interese aínda que faltaron alí as perguntas directas que poderían ter sobido aínda máis o tono do mesmo.
O programa recolléu bastante ben a preocupación veciñal das xentes da ría de Ares, en especial as xentes de Pontedeume, polo que alí está a acontecer dende hai anos. Quedóu tamén ben filmada a prepotencia das xentes do MOPT pra xustificaren o trazado da autopista ó Ferrol, desfacendo aquel sistema intermareal, despreciando a solución alternativa proposta polo colectivo veciñal que quer salva-lo futuro da ría, a súa riqueza natural, a fraga de Caaveiro, o río, o turismo como riqueza e convivencia.
Calquer pontevedrés que teña visto o programa terá reparado en que se dixeron cousas aquí sabidas dende hai tempo. O desprecio do MOPT é o mesmo aquí plasmado na construcción da Beiramar e agora no tramo norte da Autopista. Aquí, coa estúpida complacencia da corporación municipal, configuróuse a desfeita final de Pontevedra como remanso de paz i, en clara actuación colonialista, non se falóu nunca de impacto ambiental, algo que agora sí citan os señores do MOPT, pero como concepto do que poden facer unha total abstracción ou burla, como no caso Rande-Puxeiros; como agora no caso de Pontedeume.
No programa estivo tamén como invitado especial don Juan Fernández, conselleiro de Industria. Foi como unha especie de convidado de pedra, un home carente de argumentos que non soupo fundamenta-las súas afirmaciós ou que botóu man do calificativo de "mentira" en máis dunha das ocasiós en que interveu Ramón Varela pra lle lembra-las verdades do barqueiro en relación con "Eurogalicia Forestal" e a intervención no proiecto inicial de Feldmühle, a empresa alemana do consorcio Flick, que puido xa ter cobrado os servicios encomendados por medio do "home do maletín" relacionado co escándalo da financiación do PSOE.
¿Cómo están as cousas actualmente? Porque Feldmühle vendeu a súa participación a Stora, sociedade sueca que, á súa vez, vendeu a Torras, derivando as súas prospecciós a Portugal, onde ten unha empresa integral. E a favor de Stora, precisamente, estánse a hipotecar algús dos montes galegos, arestora (nunca mellor dito) alugados a unha empresa filial, Celbi, por un periodo de trinta anos. Eso ven constituir unha certa forma de xenocidio, porque o eucaliptu, que todo o invade, está acabando con enclaves humáns gracias á activa traición dalgús directivos de asociaciós de montes de veciña que tragaron a boliña do valor socioeconómico desa especie. O Plan Forestal metido pola porta falsa tamén vai nesa dirección, como se a sociedade galega, en base a certa connivencia política suposta, tivese que paga-la factura de Flick.
No hay comentarios:
Publicar un comentario