por Xesús López Fernández
Xa no primeiro mandato do Bloque quixeron levar á práctica o seu proiecto da gran Ferrería. Faríase un parking de varias prantas, eliminaríanse os xardíns de Casto San Pedro pra conformaren en superficie un gran espacio, a praza roxa dos seus soños, área largacía prás súas concentraciós de tipo populista. Aparentemente, os ánimos destos fundamentalistas aplacaran a raiz dun traballo daquela publicado por Arturo Ruibal, no que se falaba da querencia fascista por esas superficies. E a idea sigue, e volveuse barallar últimamente con motivo da finalización da restauración do edificio Pirsa. ¿Quén pode mercar aí un piso por máis de cen millós das vellas pesetas se a casa non foi doutada de garaxes? Algún grupo de presión ha estar pulando polo tema, ademáis da querencia fascista dos gobernantes.
Ese é un argumento que está na rúa, temerosos de que estos fundamentalistas acaben con aquel espacio, certamente abandonado. Pero eles, erre que erre, e co arquitecto ideólogo da accesibilidade arrasadora da zona vella, Fole, han querer vender de novo a súa burra particular. Total, que algunha xente está asustada, disposta a defendérense co seu voto en contra, pero asustada polo que sería unha nova traición ó noso patrimonio e á nosa memoria histórica. Mais dubidan dos que, desacougados, hai tempo que venderon a súa alma e que agora, empapelados co exceso de pegadas, cada día dúas ou tres, dispostos a envolvernos, han pensar que, efectivamente, “Pontevedra está pensada para ti”, a ver se tamén os demáis nos esquecemos do mal que nos levan feito. Efectivamente, xogan coa falta de memoria de moitos.
Así as cousas, non hai que ser tan pesimistas, porque o cambio de goberno local debe ser real o 28.5. O Bloque ten que saír moi tocado destas elecciós aínda habendo “estómagos agradecidos”, xentes que se beneficiaron con subvenciós destos dictadores pra fidelizalos e ver de conseguiren mostrar uns rostros amables, o desas almas vendidas que non se decataron de que a democracia, en Pontevedra, está na UCI. Un, certamente, non ten a bola de cristal que lle permita deci-lo que vai pasar este próximo domingo, pero argumentos como a cifra de descontentos que existen polas realizaciós urbanísticas destas xentes, polos atrancos circulatorios, pola presión exercida sobre certos barrios, pola conformación de auténticos guetos, pola incapacidade de pensar en clave positiva un modelo urbán de cidade amable, os electores deben facer de gran tribunal o 27.5. Seguro; seguro que han quedar cidadáns lúcidos dabondo como pra cambia-lo noso futuro e librarnos da purga estalinista que estamos a sofrir. O tema da Gran Ferrería –pouco máis lles queda por desfacer na zona vella— pode ser un revulsivo, un catalizador do necesario sentido común pra nos sacudir o goberno aldeán que Pontevedra non merece.
Eso e, naturalamente, a actuación maxistral da ICPRACERES, conciencia da nosa sociedade, auténtica defensora do Estado de Dereito como eles se declaran, talvez o único partido ecoloxista da nosa capital, deben ser factores desestabilizantes do “negocio” que o grupo gobernante e os lobbies que o financian viñan realizando a conta dunha sociedade pouco comprometida democráticamente. ICPRACERES ten que estar na próxima corporación. Malo se así non é. Porque o seu testimonio é absolutamente necesario. Que dúas sentencias os avalen é algo que non podían soñar cando a campaña arrancaba. Agora son xa conocidas, pero hai que espallalas o máis posible, dálas a conocer pra que a xente vote pola rexeneración da democracia pontevedresa. E por que non se carguen a Ferrería, que son capaces se os deixan.
(Polo camiño que levamos, a Ferrería tamén podería acabar en espacio de chan terreiro no que celebrar, polo menos na Feira Franca, algunha rapa das bestas, porque, en definitiva, os electores non votaron pola rexeneración.).
Pontevedra, 25.5.2007.
No hay comentarios:
Publicar un comentario