Pontevedra, 22.8.07
Á verdade é que quería incluir outro traballo, un que fixen cando se dou a circunstancia dun gran sentinazo dende a depurdora d´Os Praceres. A merda cobreu a avenida e a que foi decantando no areal mostraba unhas bolas como aceitosas. A ameixa toda morreu. Daquela, os análisis feitos en base ás mostras tomadas pola Policía autonómica mostraron unha realidade arrepiante: o endrín, que dunha ou outra forma vai chegando á ría, convertida pouco a pouco e por riba do conto dos políticos en gran sentina, en gran chafuldra.
O endrín é un insecticida que está prohibido a nivel mundial dende os anos 80, en España dende os 90, pero na ría de Pontevedra apareceu como consecuencia dun vertido da depuradora no ano 2004. Cancérixeno de contacto, pode tamén producir parálisis, incluso a morte dunha mariscadora ou dun bañista en Areas. A situacion é alarmante.
Cando se están a produciren novos vertidos [de gasóleo na ponte dos tirantes, de fecales no Club Naval] e Lores fala de que temos dous ríos limpos porque pensa que a xente é parva, a prensa de onte daba a noticia de que na illa de Tambo, na praia, apareceu un vertido procedente, suponse, da depuradora ou do emisario igualmente ilegal. O depósito era unha franxa como dun metro de ancha, de certo espesor, e aí estaban de novo, ó parecer, as famosas bolas. É decir seguimos sen mellorar porque están a face-las cousas mal e algús non repararon aínda que, en relación coa depuradora d´Os Praceres temos tres Administraciós que participan no enxendro que son presuntas delincuentes. Pola súa culpa, a ría, finalmente, un gran pozo negro, unha gran chafuldra, tamén negocio dalgús.
Sigue o traballo:
A gran chafuldra,[29.01.05]
por Xesús López Fernández
-
A palabra chafuldra (pocilga, lameira, cortello, chafurda...) está recollida por Sarmiento, Eladio Rodríguez, Franco Grande, que define o seu derivado “chafuldrar” tamén como “andar metido en negocios sucios e nada honorables”. Pódese usar “chafurdar”. Son cousas da polisemia, pero se inclúo o adxetivo “gran” é porque estou pensando no tema da globalización, convertido pra moitos o planeta todo nunha especie de lodazal ou bullán vasto de esterco, bo prós seus negocios. E cando non temos aínda unha foto finish do acontecido no Foro Mundial Social, que este ano retornou a Porto Alegre, como contrabalanceo do Foro Económico de Davos, o dos ricos, pra faceren así inventario de miserias e trazar un plan de ataque cara ó futuro que permita un mundo mellor. É tan mala a globalización que está definida xa por Saramago como unha forma de novo imperialismo, algo tamén presente nunhas declaraciós recéns de Ignacio Ramonet, un dos homes comprometidos co FMS, que afirma da globalización que nos quer converter en escravos. E de eso sabemos algo, porque os comportamentos deshonestos, a política ó servicio do poder económico, a súa cruzada pola miseria ou polo falso urbanismo, aínda chamados doutro xeito, están aquí. A gran chafuldra.
Ramonet fai historia de cómo se xestou o FMS unha vez percibida a enfermedade do mundo. Ó movemento da altermundialización véñeno acusando de certo inmovilismo, de imprecisiòn; que hai que vencer inercias e mostrar alternativas e capacidade pra promovelas. É polos anos noventa cando se comeza a defini-lo perfil da nova dinámica que está a domina-la vida internacional, como cando o enfermo sabe perfectamente qué sofre, pero ignora o nome da enfermedade. E pra definila, dí Ramonet, comezaron a reunírense no entorno do seu periódico, Le Monde Diplomatique, pensadores, periodistas, profesores, pra tentaren determina-las características do que hoxe chamamos globalización, que daquela non tiña nome. Éso acontecía no
O Foro Mundial Social de Porto Alegre comeza no ano 2001 e, despois do celebrado en Bombai o pasado ano, volveu este ano á cidade brasileira, escollida en principio por teren alí un goberno municipal do Partido dos Traballadores, coa idea de que o Foro fose a alternativa, como unha asamblea planetaria da humanidade, onde as xentes estiveran representadas por asociaciós, sindicatos, grupos de acción, e non os gobernos nen os Estados que forman parte da ONU; que acodiran á cita pra denunciaren a súa experiencia dunha vida sometida á presión da globalización. E afirma tamén Ignacio Ramonet que os organizadores comprometidos do Foro non terían capacidade pra concitar alí a tantísima xente de non ter acodido a medios alternativos; que foi importante pra eles crear un “portal” en Internet, xerar información, alimentala sistemáticamente e faceren que as redes se comezaran a instalar. Neste punto, Ramonet avisa tamén do peligro de informaciós dogmáticas; que o que procede é defrontármonos coa realaidade moi concretamente, que a conozamos tal como é.
As declaraciós, na rede. Mais cinguíndonos á realidade inmediata, ós avisos de que a escravitude xa está aquí acaída da denunciada globalización, evidente na alarma do precio do eucalipto, baixo mínimos históricos (menos de 30€ metro cúbico), que a Xunta non contesta ás denuncias dos propietarios de
No hay comentarios:
Publicar un comentario