miércoles, 1 de agosto de 2007

MEDIO AMBIENTE NATURAL

Lores e Casal, felices, consolidan os cen días de gobernación. Mal presaxio, como se os sesenta días de conversa tivesen sido unha completa farsa, especie de Xunta de Accionistas na mellor profesión do mundo. A foto non está exenta de gracia, instantánea dunha escea con certo glamour.

Pontevedra, 1.8.07

MEDIO AMBIENTE NATURAL

Reproduzo a seguido parte da noticia do Faro de Vigo desta data, en relación co reparto de competencias que andan a faceren unha vez configurado o goberno local.

Xa teño dito que se o PSOE sobeu nas pasadas elecciós, miragreiramente, un concellal, foi polo labor que en Xardíns desenvolveu Celia Alonso, aínda que daquela non-a citara.

Fágoo agora porque lle asignan a delegación de Medio Ambiente Natural, que a nova do Faro aclara desta forma:


Estas delegaciones son el Servicio de Medio Ambiente Natural, a cargo de Celia Alonso Caramés, que bajo la coordinación de Teresa Casal se encargará de espacios naturales, como las marismas, ríos y ría; salubridad pública, campañas sanitarias, condiciones sanitarias de los establecimientos públicos y venta ambulante, tenencia de animales potencialmente peligrosos y perrera municipal, vertederos y ciclo del agua.
Xosé Manuel Valcárcel se encargará de la delegación de Vías y Obras en el rural, cuyo ámbito es el de la red de saneamiento en el rural y suministro de agua, así como la iluminación pública.


Non sería mala noticia, como tampouco a da asignación a Valcárcel do tema do Rural, pero veremos que dá de sí todo ésto, pois as competencias aparecen definidas caóticamente e no tema do Rural parece que van seguir poñendo máis tubos, e hai moita declaración necia, moito discurso capado como poden se-los que se emiten, de cando en vez, dende o estaribel das diversas delegaciós da provincia de Medio Ambiente, Cultura, ou dende a propia Autoridade Portuaria, máis dominada pola impotencia e falta de intelixencia, que polo ben facer que todos agardabamos. Mentres o Surís fala, ó mellor segue a estoupa-la dinamita pra gañar fondo no porto, pra acabar coa vida natural, pra degradar aínda máis o espacio de Lourizán, pra que poida partir algunha casa.

Veremos onde chegan as posibilidades de Celia Alonso, que por outra banda non vai ter poder de decisión.

No se puede mostrar la imagen “http://byfiles.storage.msn.com/y1p_aA8hMvVdexVBSOkoY_4qb4eF0r5iQ79xs42Et6JDMY2J8xMqBeleA4Zk2BVSyyO” porque contiene errores.
No blog de icpraceres hai moitísima fotografía que explica gráficamente a agresión concretada contra o medio natural e contra as xentes da parroquia, o contubernio que podemos maxinar se dá antre políticos e grupos de presión. Non sei da capacidade de Celia Alonso pra se defrontar con situaciós límite.

Por desgracia podemos estar a comezar un novo periodo negro.

1 comentario:

o blog de xesús lópez dijo...

Efectivamente, o telumbre da fin do traballo en relación cun novo periodo negro, confirmouse.
Un goberno local totalmente desacreditado na cousa medioambiental, un Goberno Central que quer acabare coa ría valéndose dos Iribarren, os Pepiño Blanco, Ana Pastor, Lores, Mosquera, etc.
Que todo o mal feito está rubricado por estos chacaritas.
E agora, como un xabaría nunha cacharrería, entrou no MARM, como relevista da alma gris de Rosa Aguilar, o prepotente de Arias Cañete. ¡Horror!