jueves, 2 de agosto de 2007

SOBRE MODELO DE CIDADE

Pontevedra, 2.8.07

Dende que o BNG goberna ou cogoberna en Pontevedra nunca deixou de falare do "modelo de cidade", que eles tiñan rotundamente claro conviña a Pontevedra. Hoxe, a cidade está esmagada, arruinada, privatizáda-las prazas, perdido o seu tipismo, etc.
Sobre o tema vai o artículo que sigue, publicado no Diario de Pontevedra e no Xornal.com con data 28.5.07, cando non se sabía aínda como ían acabar pactando PSOE e BNG. Agora, pasados sesenta días, chegaron a un acordo de máis miseria.

Sobre modelo de cidade,
por Xesús López Fernández

A día 26.5, o da reflexión, estiven seguindo, en parte, un debate radiofónico sobre algunhas das cuestiós que sí estiveron na campaña. Certo que os tertuliáns debullaron os temas con coidado sotil pra non faceren apoloxía de nengún político, pero o debate de fondo, o mosaico de ofertas recibidas dende diversos púlpitos, nun e noutros sentidos, ampulosamente envolto no término “modelo de cidade”, sí foi tocado, como tamén algunha das miserias inherentes a este tipo de elecciós, como por exemplo o dereito a voto non xa dos emigrantes, senón dos seus fillos e incluso netos. E un dos tertuliáns dixo algo interesante en relación coa manipulación do voto dos exiliados: que seguramente había pouca xente con tantos parentes na Arxentina como el, xa que nese país residían sete irmáns do seu pai prós que, si del dependese, non habería dereito a voto nestas elecciós, mentres un irmán, con residencia en Barcelona [aínda que viaxando a Pontevedra cada poucos días] non tiña dereito a votar aquí. Somos moitos os que suscribimos esta opinión, aínda que algús partidos teñan a súa esperanza dun bo resultado nos votos que poidan chegar da diáspora.

Os tertuliáns falaron de modelo da cidade, referente en España i en Europa; de si o nacionalismo se cura viaxando; que as preocupaciós dos cidadáns son proba evidente do desacordo existente coa política municipal dos pasados oito anos, que veu decantar no caos circulatorio de todos conocido, na parálisis que vive a cidade. Eu diría máis, porque parece que aquí non se fixo outra cousa que reconverti-lo noso sistema viario nunha especie de gran carril bici. Que a base de propaganda, de empapelar máis e máis [como pra converti-la vila e as parroquias nunha especie de gran cárcere das almas de papel]; de presencia contínua en radio e televisión, de anuncios absurdos na prensa cotiá “en contra da volta atrás”, etc. No debate, un dos tertuliáns precisou que el non entendía que “volver atrás” fose síntoma de retraso. Pola contra, xa lle gostaría a el que se volvese a outra forma de bachelerato, que suporía un adianto dun 5000 por cen, por non citar certos “logros” urbanísticos.

Cando apareza este traballo conocerase, en parte, o rumbo que van toma-las cousas nos concellos todos do país. E volverán os discursos sobre modelo de cidade, desenvolvemento e dinamización sustentables. Tal como vimos decindo dende hai tempo, entendemos que eso non pode ser posible sen a colaboración cidadá, sen a súa partipación activa. Porque, por desgracia, os votantes van estar case sempre, dende hoxe e ata outros próximos comicios, ausentes dos actos de goberno, pasado o día da falsa democracia, xa que o sistema de listas choídas conleva o roubo do voto, a ausencia do cidadán nas decisiós que se han ir tomando, dictadas ás veces por grupos de presión. Por eso volvemos, unha vez máis, a clamar por unha actuación viva e independente das asociaciós, pola xudicialización de todas aquelas actuaciós nas que a Administración faga deixadeza de funciós, incluso defensa dalgunha actuación irresponsable con sentencia dictada por algún alto tribunal.

O concepto de sustentabilidade, un tanto vougo, vai seguir nos discursos. Non obstante, o término é acollido fundamentalmente porque vivimos un momento con demanda de liga-la economía ó medio físico no que tería de tomar corpo. Pero hai unha falta evidente de resultados porque estamos, máis que nada, ante un uso meramente retórico do término “sustentable”, ata o punto de que unha certa insatisfacción social pode volverse en contra dos que botan man da palabra no seu discurso. Porque a sociedade vai cansa xa de tanta ambigüedade conceptual e demanda, decote con máis vigor, a procura de soluciós que fagan máis operativa a meta da “sustentabilidade”. Xa non cabe unha maior longura do traballo; só decir que mentres a “sustentabilidade” resulte unha promesa falaz, non cabe esperar unha acción práctica eficaz, unha actuación integradora da cidade no medio natural.

No hay comentarios: