Pontevedra, 22.08.07
Andan cos últimos toques en relación co prometido parque lineal do río Gafos. Algunha xente achégase á senda trazada pra disfrutaren do espacio. É o momento, polo tanto, de lembra-la permanente deixadeza do poder municipal prá recuperación da finca Entrerríos, obra de Fabián Estévez Rodríguez. Do seu traballo fálase no artículo hoxe recuperado, do 2.05.05. O pleito foi un traballo de constancia e marca camiños pra esa morea de individuos que denuncian ó poder, pero que non saben que a propia Constitución recomenda o exercicio da acción cidadá cando a Administración non funciona.
Pra vergonza do equipo de goberno municipal, a Fabián non lle foi testimoniado un agradecemento certo, en debida forma, nen a día d´hoxe, pero gran parte do mérito de que se poidan face-los traballos, ben ou mal, do parque lineal, correspóndelle a el e ós que con el traballaron, citados no artículo, que sigue. Sen eles e a constancia do colectivo Vaipolorrío, non habería parque.
Reconquista no río Gafos,[2.05.05]
por Xesús López Fernández
Hai escasos días que pasei de novo polo camiño que cobre o vello río da Estación, como daquela chamabamos ó tramo por min conocido na primeira infancia. Á marxe das árbores do parque da Constitución, procurei reparar na vexetación de ribeira que nalgús casos parece non ignora-lo paso soterrado e agredido do río. Un, que garda lembranzas de tardes entrañables pasadas á beira dese río, especialmente nun tramo que algús chamaban o “río de Meneses”, onde había unha pontella, confía en que algún día ha ser realidade o tan traído e levado “parque lineal do río Gafos”. E sabida é a laboura do colectivo Vaipolorrío, que leva consumido anos de rudo traballo: procurando limpalo, inventariando paxaros, recuperando a toponimia. Pero son menos conocído-los os traballos de Fabián Estévez Rodríguez pola reconquista dunha tenza que no PGOU aparecía clasificada como zona verde. Non, os traballos de Fabián e Vicente García Legísima non son debidamente sabidos, nen se comprende a deixadeza de funciós por parte do Concello, que segue mirando pra outra parte.
Gracias a Fabián, o Concello dispón actualmente da chamada finca Entrerríos. A eso hai que chamarlle sorte, porque foron catro os alcaldes dos que se pode critica-la súa deixadeza: Rivas Fontán, Cobián, Juan Luís Pedrosa e Miguel Anxo Fernández Lores. O amigo Fabián Estévez fixo unhas declaraciós ós diversos medios a raíz da decisión da Audiencia Provincial de data 12.06.2002, pola que se lle daba a razón ós promotores da denuncia da apropiación indebida da finca. O home, que actuou como portavoz das diversas persoas que participaron no pleito, dixo daquela, antre outras cousas: “É unha vergoña que tivera que ser un veciño o que reclamase [...] unha finca [...] propiedade de tódo-los pontevedreses”. Tamén fixo mención ó finado de Jaime Heredia Rodríguez, o primeiro en inicia-lo proceso do que “non puido ve-lo seu final”. E igualmente gabou as actuaciós do avogado Vicente García Legísima, do procurador Pedro Antonio López, e a do perito César Santiago Esperón, que actuaron sempre desinteresadamente.
Non esqueceu Fabián, na relación de agradecementos, a Julián García Cacho, que aportou información sustancial pra gaña-lo pleito; nen tampouco os apoios recibidos da Federación de Veciños Castelao, e de Amigos da Cultura. Pero parece un resume un pouco corto a noticia dada polos medios, que concretan en pouco espacio un esforzo de moitos anos, porque os traballos de Fabián arrancaron cunha denuncia ante o Concello de data 4 de Maio do 1990 pola que se describía o cerre, ignoraba se con licencia municipal, dunha finca na rúa do Alcalde Hevia, terreos que no seu día formaban parte do Polígono de Campolongo. Según as notas de prensa que manexo, Fabián insiste na deixadeza dos alcaldes polo tema. Aclara, sí, que únicamente Juan Luís Pedrosa mostrara unha atención fuxidía polo asunto, pero que o avogado do Concello declinou en García Legísima. É decir, que se non fose por este amigo, o Concello non recuperaba a dita finca, 1231 metros cuadrados.
É curioso que na información que daba o Diario de Pontevedra o 18.06.2002, se informara dunhas declaraciós de agradecemento do alcalde Lores, que estaba interesado pola recuperación dos terreos dende a súa chegada á alcaldía, o que non se corresponde coa súa actuación. E o seu agradecemento “ós veciños de Campolongo que colaboraron na recuperación dos terreos”, no que respecta ás xentes citadas neste artículo, suponse que debería terse producido persoalmente, cara a cara. E non foi así. I é curioso que, según parece, a día d´hoxe segue sen se move-lo Concello en relación con outra tenza pública, que Fabián estaría disposto a reclamar igualmente no caso de continua-la deixadeza de funciós do Municipio. Na documentación que hoxe teño á vista, tamén planos da situación do río e o seu contorno, presente aínda nos mesmos a vella estación, procuro recrea-lo ambiente da miña infancia, a pista pola que entrabamos, perto da Tablada, antes de seguir pola beira esquerda do río, pra máis adiante pasar á banda dereita, espacios mestos de vexetación (talvez amieiros, bídalos, salgueiros...) e de vida. Nun dos mapas aparece un nome, “Menexo”, que eu lembro como Meneses. En fin, nada máis por hoxe que desexar que o tal “parque lineal” poida ser unha realidade. Vaipolorrío vai facendo o seu traballo; Fabián fixo o seu e, ó mellor e ante a situación de estulticia municipal, de despreocupación por ordea-las cousas, igual ten que volver á carga, a mostrar camiños posibles. Foi proposto pró Cidade de Pontevedra, en contra da vontade do home, que vai pola vida como honesto traballador que non busca premios. Nada máis que as cousas se fagan con honradez e xusticia, aínda que tarden.
No hay comentarios:
Publicar un comentario