viernes, 17 de agosto de 2007

O URBANISMO, BOMBA N

Vista da praza e do Hostal dos Reis Católcos dende a escalinata do Obradoiro. "Memoria histórica" doutro tipo de urbanismo. Foto de Xesús López.

Pontevedra, 17.o8.07

Aínda hoxe fixen unha viaxe a Lavacolla acompañando a un sobriño americán. De volta, pareime en Santiago, despois de ter adiantado pola estrada a moitedume de peregrinos que facían o camiño francés. E paseéi polas rúas compostelás, de espléndida pedra que confiamos nunca lle ha cambiar nengún concelleiro estalinista, pois a cidade perdería esa cita que ten coa eternidade coa que se quere fundir.
E asistín a unha misa ecuménica, a misa dos peregrinos, participada por cregos de distinta nacionalidade: de España, Portugal, Polonia, Inglaterra, etc.

Valería a pena facer unha crónica sobre o momento, concentrado na catedral un xentío enorme: criaturas chegadas de todo o orbe, incluso do Lonxán Oriente: xaponeses, cecáis algún vietnamita, xentes de toda Europa e dos Estados Unidos.
Achegueime, como cada vez que alá vou, á sepultora de Don Bartolomé Sánchez Canals, o home que soupo dinamiza-la parroquia pontevedresa do seu nome; o home que lle dou un pulo importante ó Seminario Maior. E que foi o canónigo ocupado de coordinar canto afectaba ás peregrinaciós.
Por certo, mentres andiven por Santiago, en diversas tendas como no restorán no que xantei, non sentín a nadie falar galego, o idioma que morre porque o matan antre a RAG e os políticos.
Pero o que máis me deprimeu da viaxe foi o espectáculo dalgunha zona recentemente urbanizada e máis tarde, viaxando cara Vilagarcía, outro tanto do mesmo. Están acabando coa paisaxe, sendo tamén decisiva nesta agresión as diversas obras de infraestructuras que se comen montes enteiros pra xerar tamén, suponse, algún novo solar pra novos barrios residenciales, prá construcción de galpós que logo se venden con prantas de 450 ou de 5000 mts.2. A paisaxe desaparece.
E non ven mal lembrar aquí un traballo do pasado ano: O Urbanismo, bomba N. Por eso e con razón declaraba en El Correo Gallego d´hoxe unha xeógrafa, que se vai a Santo Domingo a traballar sobre desenvolvemento sostible, que aquí, na nosa terra, acabaron coel as políticas de ordeación do territorio. O nome da xeógrafa é o de Irene Torrado. E ten toda a razón no que di, pola contra da defensa numantina que fai o Carlos Rodríguez en relación con Ence e mái-la pranta de Reganosa.

O urbanismo, bomba N, [13.02.06]
por Xesús López Fernández


Don José Antonio Martín Pallín, maxistrado do Tribunal Supremo, publicou un traballo en EL PAÍS do 24.01.2006 co título de “Urbanismo desenfrenado: Una bomba de neutrones”, a chamada bomba N, na que primaría o efecto da radiactividade sobre a destrucción das bombas atómicas e de hidróxeno. O traballo está sendo moi comentado en diversos foros de internet. Na entrada do artículo refírese á impotencia real de lle explicar ós cidadáns por qué as leis parecen non existiren ou por qué o sistema xudicial non vai. Hai leis perfectas, pero ineficaces, e fai unha historia moi breve do que representou a explosión de Hiroshima, á que poucos sobreviviron. (Sí logrou subsistir un ginkgo biloba, que agromaría de novo e hoxe é reverenciado polas xentes). O medo á reacción dos nemigos levaría ós científicos á sustitución pola bomba de hidróxeno, miles de veces máis potente, pra logo deseñar outra de neutróns, bautizada como “limpa”, que pode afectar ás persoas sen destroi-lo entorno. E o autor telumbra unha fotografía distinta da de Hiroshima pró día despois de ser usada, nun futuro posible: as casas e rúas intactas, pero xa sen habitanes nen transeúntes.

Por distintas vías pódese chegar ó mesmo cadro. O maxistrado supón que a definición é simplemente anticipalista do que pode acontecer en cidades, nas costas e barrios periféricos das grandes urbes, se non ordeámo-la desenfreada planificación urbanística. As futuras xeneraciós non merecen esa herdanza, porque a terra que nos leigaron os ancestros non é nosa, témola en usufructo, pero pertence ós que nos sucedan. E algús xa denuncian os plans existentes pra macizar aínda máis as construcciós da nosa Terra. Así, en relación coa teima urbanizadora en Nigrán ou Gondomar. Ou que en Vigo, onde precisan máis auga pra “crecer”, xa se dou renda solta á voracidade inmobiliaria, á recalificación de chan pra 138.000 novas vivendas, o que parece unha demasía que non se entende, mentres en Lugo están previstas, a cabalo do futuro PXOM, outros 120.000 pisos. Estas “loucuras” están promovidas, naturalmente, dende as Administraciós, como tamén o urbanismo de “línea quebrada”, contra a Lei de Costas, que nos terán de explicar e que non debe servir pra salvar certas construcciós de carácter ilegal na costa de Marín. Pero volvamos ó traballo do señor Martín Pallín.

O autor lémbranos que o dereito de propiedade non é ilimitado, e denuncia que o uso arrogante, insolidario, e brutal do mesmo é contrario á Constitución que deberá prevalecer [...] e cita o caso dunha concellala do PP de Alhama de Murcia, que paralizou co seu voto unha iniciativa urbanística increíblemente monstruosa, como reacción social, como claridade de ideas dos que demandan dos políticos que valoren as consecuencias desta loucura e pensen no futuro e no respeto de intereses de tipo xeral. “Chegou o momento de que o Estado de Dereito tome en serio o problema e atalle as consecuencias catastróficas que conlevan políticas urbanísticas impulsadas pola mera especulación e reparto de beneficios”. Difícil explicarnos por qué as leis non se cumpren ou por qué o sistema xudicial non responde. Fracasamos tamén na salvagarda do desenvolvemento sostible.

España como destino apacible, ten un presente e un futuro que non poden quedar nas máns dos especuladores pola simple cobertura de certos “axentes urbanísticos” que utilizan unha lei que non resiste un mínimo estudio racional pra actuaren como auténticos cuatreros (son as súas palabras) chantaxeando a moitísimos cidadáns máis respetuosos do que eles co seu lugar de asentamento. En fin, o traballo é longo e xa só podemos resalta-la denuncia dos depredadores que actúan co consentimento e impulso dos responsables dalgús concellos; que está en marcha unha operación devastadora vendida baixo a forma de novos paraísos, postos de traballo e beneficios sen fin. Bobadas. O maxistrado recomenda acodir á vía penal cando pode estar nela, quizaves, a última esperanza. E aplaude que o Parlamento Europeo se dispoña a entrar no tema do urbanismo español. Advirte ós electores dispostos a votar ós que fan política baixo o lema de “pon o ladrillo e fuxe”, e ofrecen portentos e desastres pró futuro. Hai que estar alertas, porque cando o tribunal dicta sentencia, as colmeas de adosados están concluídas, o tsunami de cemento armado pode ser unha realidade e ter acabado coa identidade do lugar. Veremos estructuras fantasmagóricas, desastre e desolación. O individuo non pode atopa-las súas raíces, asesinadas polo cemento. Perdidos o litoral e a natureza, o home pode vagar como un enfermo de alzhéimer polas rúas, sen capacidade pra inventaria-los desastres e culpas do poder. Xa hai persoas que camiñan inseguras por espacios arrasados, como buscando a cova familiar, cercadas polos medos. Anticipo do que ven.

No hay comentarios: