Rafael Fontoira, autor do libro hoxe apresentado afirma que Pontevedra sempre tratou mal ás Moureiras.
-
Rafael Fontoira apresentou hoxe o seu libro sobre As Moureiras. Fíxoo na Diputación, a súa editora, e tamén na Asociación de Veciños San Roque. Ten razón o home cando fala de que o barrio sempre foi mal pagado. Eu diría que a súa morte pode ter dependido de que a cidade púxose de costas ó mar, que era vida. E aínda non hai tantos anos --coido que foi sobre o 1989-- que foi derrubada a casa solar de Sarmiento de Gamboa, ó pé da ponte da Barca, o primeiro navegante científico do século XVI, ó que se deben os primeiros mapas do litoral pacífico, alén do estreito de Magalláns --ou Magaláns--, que aínda que portugués non deixa de sere apelido de orixe galega. Conste aquí o noso agradecemento a Rafael Fontoira e tamén á Asociación de Veciños San Roque.
-
Pontevedra, 3.08.2007
-
-
A obra recolle fotos antigas e inéditas descubertas na Spanish Society of América de Nova York que amosan a ubicación dos astaleiros e peiraos.
-
Autor.Chelo Lago, 3.08.2007 Pontevedra
-
A vella Moureira preséntase hoxe dobremente, ás 11.30 horas no Pazo Provincial, pois foi editada pola Deputación, e ás 20.30 horas na sede da Asociación de Veciños San Roque. O seu autor é o arquiteto Rafael Fontoira Surís. Publicaronse 2.000 exemplares que xa están á venda das librerías da cidade.
-
-¿Como xurdíu este libro?
-
-A raíz dunha exposición fotográfica sobre as escaleiras da Moureira, que son preciosas, organizada pola Asociación de Veciños San Roque, que estaba preocupada pola chea de obras que se estaban a facer no barrio e que non comprendía ben. Fixeron unha mostra e pedíronme un artigo sobre o tema. Logo quiseron publicar as fotos antigas e na Deputación, que editou a obra, dixeron que mellor facer un libro sobre A Moureira, e eiquí está.
-
-¿De qué trata?
-
-É un paseo polo barrio, por todo o borde do río desde a ponte da Barca ata a desembocadura do Gafos. É un paseo dicindo o que houbo e o que queda, un percorrido tamén polas familias e os seus oficios.
-
-¿E qué houbo?
-
-Pois a gran cidade de Pontevedra que foi a finais do XV e durante o XVI débese ao barrio da Moureira.
-
-¿Qué tiña?
-
-Moitas cousas, coma os astaleiros que non se sabía ben onde estaban. O libro ten un pouco de investigación e por fotos antigas que encontrei na Spanish Society of América de Nova York sabemos onde estaban os astaleiros de barcos de pesca, e con fotos da propia asociación veciñal, onde estaban os grandes astaleiros onde se construíu a carabela Santa María e donde se facían as galeras, grandes barcos de alomenos 45 metros, con dobre fía de remos.-¿Onde estaban eses astaleiros?
-
-Pois nun solar que segue sen edificar, onde estaba a fábrica de gaseosas Feijó. Alí non se construíu porque sempre foi mar. Ten uns muros quebrados porque a ría entraba dentro para poder botar os barcos. Agora seguro que haberá quen queira apropiarse deses terreos que non eran de ninguén pois eran mar. Pontevedra daquela era a cidade máis importante de Galicia e o porto, un dos principais de España en comercio. Os documentos constatan a exportación de 200.000 ducados de viño do ribeiro e 150.000 ducados de sardiña en salazón. Cada casa tiña o seu propio peirao de pesca e nas fotos descúbrese ademais a situación de tres grandes peiraos mercantís que estaban protexidos polas Torres Arzobispais e por soldados. Nas fotos que inclúe o libro, a maioría inéditas, vense tapados por area e mesmo na actualidade serían fáciles de descobrir.
-
-Pero A Moureira foi máis que iso ...
-
-Por suposto, tiña praza de touros, o desaparecido barrio de putas, casa de baños con manantial propio, fábricas de conserva, de madeira...
-
-E que é o que queda?
-
-Moitos edificios a conservar, medievais e do século XVI que deberían ser intocables. E tamén varias familias que non se sabe nin de onde viñeron pero que seguen a vivir alí.
-
-O arrabal foi tamén berce de grandes mariños.
-
-Por suposto, os máis grandes de Galicia. Os tres almirantes Matos; Paio Gómez Charino que rompeu as cadeas do porto de Sevilla para conquistar a cidade e que tiña unha preciosa casa fortificada antes da ponte do Burgo; Sarmiento de Gamboa ou Sarmiento, piloto de La Pinta e primeiro en regresar tralo descubrimento de América e que casi chega á Moureira pero arribou en Baiona.
-
-¿Que visión ten da Moureira a día de hoxe?
-
-Foi un enorme barrio ao que a cidade de Pontevedra lle debe moito, mesmo a súa razón de ser, e sempre lle pagou mal. Non foi declarado conxunto histórico e tiña que selo co mesmo valor que o conxunto histórico de Pontevedra. O barrio sempre foi destrozado, descoidado, e xa se ve como segue a estar. Precisamente iso é o que os veciños querían facer ver coa exposición de fotos e espero que este libro axude a facelo.
3 comentarios:
muy buena la entrevista, me parece patético que el ayuntamiento siga descuidando esta zona y cargándose edificios con siglos de antigüedad sólo por construír, no lo pueden hacer en otro sitio no, lo tienen que hacer en una zona de tremendo valor histórico
En máis dunha entrada do blog fálase da Axenda21Local, un instrumento democrático que debe acompañare ós plans de urbanización que tenten a recuperación do capital natural.
En Pontevedra estamos co PXOM, pero nada se fala da Axenda21 a pesar do compromiso asinado por tódo-los grupos políticos ó suscribire a Carta de Aalborg, das cidades europeas sustentables.
Aínda están agora co intento de levare adiante a nova ponte d´As Correntes, que algús xa chaman a ponte dos Ocurrentes.
Como exemplo do horror da política urbanística do Concello, aí témo-la nova ponte d´As Correntes que xa non son, pola traición permanente ó medio ambiente e á ría dos mañufes encriptados no Concello.
Estou por apostar en que a nova ponte, aínda qu´a inaugurara Alberto Núñez Feijóo, non ha tardare en se convertir nun punto negro do noso viario, paso difícil como pra autobuses e camiós.
O PXOM, tal como o levan representa unha nova traición prás Moureiras, hoxe completamente degradadas.
¿Qué dirían os nosos ilustres navegantes...?
Publicar un comentario