miércoles, 18 de julio de 2007

AÍNDA SEN PACTO, EN PONTEVEDRA

Pontevedra, 18.7.2007
O día 17.7.07 houbo xuntanza municipal dos portavoces dos diversos grupos do Concello, pra ver de fixa-las novas soldadas, obviamente máis altas. Pero non foi día de alegrías, porque únicamente se lle reconoce unha soldada por plena dedicación ó alcalde Lores, [en vez de mandalo a traballar ó Ambulatorio] co apoio do PSOE.
Pero tamén Teresa Casal, a cabeza de lista deste partido, fixo unhas declaraciós que non teñen zudre, no sentido de que o goberno pontevedrés é ilegal e que é necesario chegar a un pacto antre ámbo-los dous partidos, que parece pode estar a poucos días vista.

Tamén tiveron gracia as manifestaciós de Telmo Martín, no sentido de que pode ser bo que se oficialice a parella de feito existente antre os dous partidos da esquerda.
Tarde piou Teresa ó definir como ilegal ó goberno actual do BNG, porque seguramente foi ilegal, igualmente, o pacto dos pasados catro anos, na medida na que Urbanismo funcionou como un auténtico Terminator, como bomba N, cunha presunta burla ó PXOU en vigor.

Faltou color no PSOE e decisión no PP de promove-la xudicialización de moitas das burradas orixinadas por Mosquera, co apoio "técnico" de Jesús Asier Fole Osorio, nunca Pontevedra tan mal servida.
¿Por qué á hora de pactarse as viandas, nun xesto de honradez "suprema", os partidos non deciden cobra-lo salario mínimo interprofesional? Pero no seu despotismo, coa mandanga de que é necesario establecerse unhas asignaciós indecentes, deshonestas, prá maior dignificación da Política, o que están conseguindo é prostituíla.
Con razón decía, nun debate de onte, Roberto Blanco Valdés, que non é bo que Urbanismo dependa dos concello e pronunciouse pola necesidade de retirarlle as competencias por estaren perto dos electores e, como consecuencia, non dispór da debida capacidade de maniobra, de decisión, das consabidas corrupciós, polo menos as de menor intensidade. Pero "casos Malaya" pódeos haber aquí do lado. Na casa. É cousa de que a Xusticia funcione de verdade, que non se manteña ausente..

No hay comentarios: