martes, 24 de julio de 2007

MARISQUEO, PRESENTE CONTAMINADO [2.10.2006]

Pontevedra, 24.10.2007

Insisto na línea ácrata que veño levando e hoxe, como continuación á especie de caleidoscopio que estou a dibuxar en relación cos problemas que ten a ría de Pontevedra, cos presuntos culpables, coa corrupción de baixa ou de alta intensidade que se está a dar, introduzo o seguinte traballo, aparecido no Diario de Pontevedra e no Xornal.com con data 2.10.2006. Nel xa se falaba da opereta que se traen Carmen Gallego e as mariscadoras, con Lores e Surís como contratenores, en relación coas denominaciós de Lourizán como zona C ou B, según conveña, según o vento político de cada momento.
No se puede mostrar la imagen “http://www.bariloche2000.com/images/articles/20061002011714826_1.jpg” porque contiene errores.

Así se marisquea en Pontevedra, mellor dito, se marisqueaba, que agora case non hai ameixa ou está hipercontaminada: colibacilos, endrín, dioxinas, bifenilos policlorados, mercurio, etc

Marisqueo, presente contaminado,[2.10.2006]
por Xesús López Fernández

Despois do acontecido co depósito de Brenntag en Caldas, asunto aínda en fase de solución, correron ríos de tinta sobre outros temas relacionados coa política ambiental: os outros vertidos do Umia; o grado de contaminación de non poucos dos nosos ríos; Ence entra en fase de reestructuración; Elnosa non acada o permiso de actuación ambiental integrada; os mariscadores da ría de Pontevedra piden soluciós pró banco d´Os Praceres, o “banco máis productivo de Galicia” según a propaganda da pasteira, tan “preocupada” pola sustentabilidade; i en Santiago, nun foro celebrado polo Grupo Correo Gallego chegouse a afirmar que as industrias teñen que pasar por unha forte itv en relación cos seus vertidos. Por parte dos empresarios novos, máis sensibles que os da vella garda, José Luís Vilanova non dubida en decir que Ence está en sitio inadecuado e pide un Estado menos “intervencionista”, porque o seu traslado non pode depender exclusivamente das administraciós.

A entrada en escea das mariscadoras e mariscadores pode precipita-las cousas xa que a solución do seu problema (un problema de saúde pública) depende básicamente da recuperación das marismas de Lourizán, nas que antre as actividades mal ubicadas está a propia EDAR d´Os Praceres, prohibida pola Lei de Costas como xa temos comentado (art. 44.6). Fan ben en se manifestar, algo que deberon ter feito moito antes e, tristemente, non se ve unha Administración disposta a actuar drásticamente nesas frontes. Unha EDAR que mal traballa ou a idea de convertela no broche dun plan de saneamento tonto, non debe servir de bandeira electoral a nengún partido. Con motivo da movida dos mariscadores e a raiz do encontro coa Autoridade Portuaria de Marín, o conselleiro de Medio Ambiente defineu como “inaceptable que haxa partidos que fagan demagoxia con este tema”; que cheguen afirmar incluso que a solución ó problema “é non facer análisis e non mellora-la calidade das augas”.

Intentar reduci-lo problema a unha simple clasificación das zonas de marisqueo en B ou C non pode depender da vontade política, nen dos mariscadores. Hai máis que os coliformes que cita Carmen Gallego, que xa aparecían en Cocheras ou n´A Puntada na década dos 40. Por desgracia, Lourizán xa non é o areal largacío con sobreabundancia de ameixas e berberechos, no que se practicaban as famosas entalladas; Lourizán é agora, en gran parte polos vertidos da EDAR e polos recheos no porto de Marín, un terreo fangoso, un tremedal. Sería bo que a consellería de Medio Ambiente entrase no tema cunha análitica solvente da zona, sen ocultismo. ¿Cómo andamos de mercurio, de cadmio ou zinc? ¿E cómo de dioxinas ou de endrín? ¿Nadie se lembra do endrín aparecido ó pe da depuradora o 8.11.2004, que matou daquela a ameixa toda? Non houbo información, pero sí denuncia penal, que ignoro en qué fase de investigación se poida atopar. Lembrar sí que o endrín é un dos 12 COPs malditos (compostos organoclorados persistentes) e que pode permanecer no ambiente máis de dez anos, e produci-la morte por simple contacto, dito de forma breve. Por certo, ¿analizouse o outro vertido de escándalo do 16.2.2006?

O certo é que os mariscadores están emprazados dende hai tempo pra unha actuación seria, de denuncia ante a Xusticia. Despois de corenta anos de forte contaminación química do seu banco de marisco, do seu medio de vida, a actuación de denuncia (a excepción dos primeiros tempos ou ésta dagora), foi marcadamente minoritaria no seu sector, cando a realidade é que estabamos ante un problema de todos, un problema de saúde pública do que as Administraciós autistas, por non sei qué extraño contubernio, non foron nunca máis alá das promesas ou das pancartas. Coa súa actuación (a dos mariscadores) na dirección debida sería posible que as marismas de Lourizán levasen anos rexeneradas; e posible tamén que non se acometeran os últimos e masivos recheos do porto de Marín. Veremos qué vai pasar.

No hay comentarios: