lunes, 30 de julio de 2007

O IMPOSTO SUCESORIO 4

Pontevedra, 31.7.07

Traemos aquí outro artículo sobre o tema das herencias, no que se tarda en crear unha conciencia social. A clase política permanece de costas a esta problemática aínda sabendo que a súa exención provocaría unha concentración de riqueza, traería a tranquilidade a non poucas familias e faría de Galicia un país distinto. Pero non hai conciencia política do que realmente convén facer ó respecto, mentres o agravio de ver que existen outras Españas mellor tratadas, de distinta velocidade, é algo aínda non ben sabido polos nosos cidadáns. Sigue o traballo, recuperado dos do ano 2005, de data 20.11.05

Non ó imposto de sucesiós, [20.11.05]
por Xesús López Fernández

Témonos referido a este tema hai xa algún tempo (22 e 29.9.2003). Daquela foron analizadas varias opiniós, enfoques, mesmo a decisión de diversos países de suprimi-lo chamado imposto á morte (Xapón no 1953 e, hai poucos anos, Austria e Dinamarca), que carece de sentido nos estados modernos polo que implica de dobre tributación, de desestabilización incluso ós propios mortos que traballaron pra deixaren á súa familia amparada. Pero, non. Mentres algús poden maxinar que “os que reciben un certo patrimonio en herdanza teñen que distribuílo” haberá que responder que esa apreciación non deixa de ser deshonesta, falta de ética, inmoral, porque mais que recibir unha casa, un solar, un coche, unha finca ou algús cartos, o que realmente está un a herdar son auténticas máquinas recaudatorias que estiveron a ingresar, sen pausa, impostos diversos nas Administraciós (irpf, iva, ibi, ici....), coa particularidade de que, despois de morto o causante, Economía e Facenda vai actualizar, cun certo despotismo, o valor do patrimonio transferido pra así recaudar máis cartos e causar, nalgús casos, auténticas ruínas ou a fin dun negocio familiar. Pero non sucede o mesmo en todo o país, onde ás autonomías privilexiadas (Navarra e País Vasco), fóronse sumando outras (Cantabria, Rioxa...). E agora tócalle o turno a Madrid, pró 2006. Outras comunidades han seguir nun horizonte de cinco ou dez anos....

Parece que a supresión é máis progresista en Cantabria, cun tratamento fiscal de total exención nas trasmisiós de pais a fillos, de avós a netos, incluso nas que teñan como destinatario a un parente colateral ata o terceiro grado. ¿Por qué van estar máis arroupádo-los patrimonios das parellas de feito que os compartidos por irmáns ou irmás, como acontece en Galicia?. Naturalmente, dáse un claro agravio comparativo ó non ter acadado a nosa autonomía o grado de comprensión e o trato fiscal das citadas. Por eso, xa no 2003, Enrique Múgica Herzog, Defensor del Pueblo, recomendaba a supresión estatal dos Impostos de Sucesiós e Patrimonio, nos que se daban rasgos de inconstitucionalidade, algo xa apuntado no 2002 polos notarios nun editorial da revista Escritura Pública, no que se afirmaba que xa non correspondían ós “criterios constitucionales” de igualdade e xusticia. Afirmábase igualmente que “pra maior desigüaldade, os aforados vascos e navarros e os que acadan a empadronárense alí, tampouco pagan o imposto sucesorio”. Pero en Galicia, de momento, somos distintos, e o herdo dunha casa pode supoñer “comprala de novo” (se un está en condiciós de pagar) ou un posible embargo do inmoble que según a Constitución o herdeiro ou herdeira, ten dereito a recibir.


O que por certos autores é definido como o imposto máis inxusto está a ser cada vez máis cuestionado polos que defenden a propiedade privada e outros dereitos recollidos na Constitución. I é que parece existir un comportamento esquizofrénico nas Administraciós que o manteñen vivo, dado que pode estar en contradicción, ou eso parece, con dereitos amparados na Carta Magna. Naquel 2003, o 16 de Xullo, a AEDAF (Asociación Española de Asesores Fiscales) fixo un chamamento aconsellando ós heredeiros recurrir sempre o Imposto de Sucesiós, avisando que non hai prazo sempre que non teña prescrito pra, chegados á fase do recurso contencio-administrativo prantexa-la cuestión previa de anticonstitucionalidade. Durán-Sindreu, o presidente da AEDAF insistía na inconstitucionalidade de ambos impostos (Sucesiós e Patrimonio) i en que é o Goberno o que debe promove-la súa supresión, por ser dele a capacidade normativa e non das CC.AA. Por unha “pax social”certa.

Que os ricos da Terra defendan o imposto sucesorio, que aparentemente os perxudica, nada significa. Eles, pola vía da enxeñería fiscal ou gracias ó seu exército de avogados, mesmo pola vía da deslocalización a algún paraíso fiscal, van sair indemnes. As pagadoras van seren as clases medias e homildes, das que os poderosos fan escarnio. E dende algún estamento político censuran a posible supresión do imposto retrógrado, na que ven un eco da consigna de “¡enriquecédevos!”, polo que prefiren mante-la propiedade privada sen protección legal. A dita supresión traería, na nosa terra, un efecto benéfico que non se notaría nunha xeneración por ser moito o déficit acumulado. Apagada a vida en moitas aldeas, “deslocalizáda-las” súas xentes, atrancouse a pervivencia da sociedade agraria, necesitada dunha maior xenerosidade das Administraciós, menos demagoxia, menos ruínas, Galicia permanece víctima do abandono. Non se aprecia aínda unha verdadeira política de rexeneración que pode estar necesitada, tamén, da supresión dos impostos citados.

No hay comentarios: