lunes, 30 de julio de 2007

CARTA ABERTA A TERESA CASAL

Nota pra Tereixa Casal: Tí prometeches algo en relación coa praza da Verdura. ¿A súa restauración? ¿A reposición dos bancos pola que tanto tí como Louro firmástedes, así como a recolocación de catalpas ou árbores de parecida porte en sustitución do bosco urbán asesinado por Mosquera coa inestimable colaboración do Fole, o seu arquitecto?. Dixeches que habería sorpresas.

Pra che refresca-la memoria, inclúo novamente no blog esta fotografía do que foi espacio entrañable, hoxe acumulador de vasuras ou espacio pró botellón legalizado i encontro de canuteros, [¡se compra, se vende!] que non só está no Campillo. A ver cándo debutas en Urbanismo, que de momento non se che ven detalles.


Pontevedra, 30.7.2007

Benquerida Tereixa:

Quixera saber se verdadeiramente houbo pacto ou si, como supoño, tiveches que interepreta-la partitura que che ordearon dende Santiago, como ben apuntaba hai uns días Javier Sánchez de Dios.

Coido vades sair mal parados, que incluso o PSOE pode entrar nunha involución, a nivel local, como consecuencia dese matrimonio de comenencia que acabades de contraer, ó que lle faltou, á vista das fotografías, o arroz.
As vosas caras, a túa e a de Lores, reflexan un momento de certa felicidade, pero o PSOE vainas pasar canutas si realmente quer construir cidade, rectificar disparates pasados, a ruína total da nosa urbe, económica e urbanísticamente. ¡Qué desgracia!


E temo o peor, porque en relación con Lourizán existen presuntas tramas. Eso que no voso equipo Louro ten claro que tan ilegal como as empresas alí asentadas é a propia depuradora, da que os talibáns dos teus socios quixeron facer unha especie de ramo de loureiro da finalización do que eles chamaron, estúpidamente, saneamento, con baño incluído.

Eles nunca souberon o que é o medio ambiente. E temo que vos han forzar pra que sigades pola mesma vía de poñer tubos e máis tubos pra que así sexa máis segura a fin da nosa ría.

Esta mañá achegueime ó Santuario da Peregrina, agora rodeado de andamios, xusto cando van comeza-las festas. Pero o pestazo que alí se percibía procedía da podremia dos contenedores que os listos dos teus socios mantiveron como afrenta constante, ademáis das demostraciós de ruído, con bongo incluído, que poidan ter autorizado en momentos de celebraciós litúrxicas. Son as súas particulares curas de laicismo.

¿Seredes vós capaces de resolve-lo problema dos residuos sólidos urbáns, de xestiona-las vasuras? Porque esa asignatura suspendérona os gobernos anteriores, especialmente o que vimos padecendo dende hai oitos anos, coa estulticia de non ter planificado o soterramento dos contenedores ou a súa harmónica distribución. Pero, non. Nunca estiveron polo labor máis alá da privatización das prazas e de, en plan vergonzoso, antihixiénico, deshonesto, atoba-los contenedores en calexós, en espacios non visibles polo turismo de patacón que estiveron a promocionaren mentres se cargaban a cidade.

Gracias a ese traballo "serio" conseguiron o aumento das áreas dominadas polos vagabundos: soportales de Sindicatos, galerías Oliva, pórticos de diversos negocios, a San Román. Ese pode ser un bo reclamo, un anuncio de Pontevedra como lugar a evitar a pouco que entren aquí as cámaras de España en Directo. Aquí pasa o que pasa porque queren que pase. Por eso non se ve un policía de servicio pateando a cidade, ou poñendo orde na presencia de veladores, outra vergonza.

Pode parecer un pouco duro o que deixo dito, en plan confianza. Este blog bríndame a posibilidade de me expresar con completa libertade e, de paso, decir como simple cidadán cousas que pasan, que poden moi ben pasar desapercibidas ás autoridades.

Xa terei ocasión de me dirixir de novo a tí, en plan rasgado, porque os blogs non son só cousa dos políticos en campaña. _

No hay comentarios: