lunes, 30 de julio de 2007

O CARRO DO PAÍS (LÉXICO)

Pontevedra, 30.7.2007

Aínda onte introducín algún comentario sobre o carro do país, incluso un traballo de Manuel-Luís Casalderrey sobre unha hipotética "normalización do seu uso", de equiparación ó tractor. Claro que hai que lle querer ó carro, útil ó longo da nosa historia, duro o seu manexo no traballo cotián dos nosos labregos.

A seguido introduzo parte da definición da palabra, tirada do diccionario de Eladio Rodríguez, polo menos pra deixare constancia desas máis de cen palabras que nalgún caso poden desaparecer da nosa lingua, tan ferida. Sigue:

(Tómome a libertade de traduci-lo que di o noso lexicógrafo. Procurarei identifica-las palabras equivalentes por medio de colores, máis adiante)

"O carro aldeán de Galicia é un auxiliar eficacísimo do labrego pró transporte dos productos da terra e prá conducción dos elementos que requiren os diversos labores do agro. Ten as rodas fixas ó eixo, que é o que xira e o que as fai mover; constrúese xeneralmente de madeira de carballo ou de sobreira, pois as demáis non son tan resistentes e soen afrouxar, e pró eixo, que é dunha soa peza, empréganse freixo ou loureiro, porque producen o agudo chirrido que ten a finalidade práctica de animar ós bois no seu lento camiñar, ademáis de servir de aviso a outro carro que veña pola CORREDOIRA en dirección contraria, pra evitar un encontro en lugar estreito no que o cruce sería imposible, ou polo menos peligroso, cando a carga é de volume grande, como palla, toxo, etc. .

As pezas de que consta o carro pasan de oitenta, e os seus nomes, coas variantes que algunhas teñen, son os que se citan a continuación por orde alfabética:

Abetoallas, abetollas, acicarro, adibal, adrales, afungadoiro, aixeda, amoradoiro, amoriadoiro, apeadeiras, apeadoiras, apearas, apeares, apeladoiras, apeladoiros, argola, arilla, barbillas, bestellida, betoques, bitoques, boeira, borrós, botoalla, botoallo, brazós, brigueira, bueira, buras, cabezalla, cabezallo, cabrita, cáceres, cadeas, cadecho, cádigas, caínzas, caínzos, camallón, cambas, cambón, cambrión, cambrón, camella, cancillós, canga, cangallas, cangalleiras, cangón, canizas, canizo, cansiles, canstrós*, cantadeiras, cantadoiras, capio, cazoleta, cello, cepo, cibelas, contrarrelleiras, corre, costelas, couce, coucellón, coucón, cousellas, croucoeiras, croucós, crucetas, cueira, cuñas, cuños, chadeiro, chambaril, chamberil, chancil, chantós, chavellas, chavelluco, chaveta, chedas, chedeiro, chedes, chercas, chideiro, dentoiras, dianteiras, eixe, eixo, empatias, entortas, espigo, espitas, estadullos, estreitoiras, estrepias, ferro das rodeiras, frenos, fungueiros, furas, gallos, gatos, ladrairos, ladrales, ladrizos, lamias, loro, mil, milde, minle, mión, ollás, oucicarro, paínzas, peallas, pendaño, penle, piocas, piogas, pivida, pontes, pugas, ranqueiro, recadén, refungadoiro, rellas, ripa, rodas, rodeiras, rodeiro, rosca, sobrerrellas, soliño, tamoeiro, tamoncela, tesar, tesoiro, tesos, tillas, timoa, timoeiro, traitoiras, traseira, travesas, traveseira, treitoiras, trenla, víos, xabesugueiro, xangos, xugo, xuntoiras, zapatas y zunchos. [*Non aparece como entrada, e castróns ou castrós, entradas, non teñen esta acepción].

Nota.- Existen máis palabras.

Por exemplo: cabezalla correspóndese con pinallo, lanza, cabezualla, etc.

A palabra cambón, asimilada a acicarro, oucicarro, guindastre (o estadullo dianteiro en forma de Y), no diccionario español está definida como vocablo de raíz celta, que en Asturias aplican á peza que ensambla as cambas das rodas. Parece ter máis sentido este significado. Sen embargo, en galego chámaselle a esa peza mil, minle, mión. Etc.


Naturalmente o traballo de estudiar esas palabras é cousa de filólogos.
-

3.10.2007. Atópome coa imposibilidade de atopa-las colores necesarias pra relacionare palabras dun mesmo significado. En todo caso tería que facer un vocabulario do carro, irmanando as palabras do mesmo significado.

No hay comentarios: