jueves, 5 de julio de 2007

AÍNDA NON HAI PACTO

A aniquilación doutro espacio, rúa Padre Luís, consecuencia da alianza irracional BNG-PSOE. O PSOE parece disposto a elimina-los mosquerós, do que se está a falare desta volta [8.12.2007], pero "estáno a pensar máis da conta", e non están a gañaren popularidade. Fotografía do titular do blog.

AÍNDA NON HAI PACTO,

por Xesús López Fernández


Pontevedra, 5.7.2007

Pode ser bo que non haxa pacto, según as últimas noticias. O Bloque quer gobernare en minoría e con só sete concelleiros, porque o PSOE apoiou a nominación de Fernández Lores como alcalde. Pero agora é el o que non quere pactar, non quere asinar en "falso" porque queren seguir conservando as posibilidades de afogo da cidade que mantiveron ó longo dos dous últimos periodos.

Pero os políticos todos estaban onte moi sorrintes porque xa chegaron ós acordos monetarios que parecen ser os únicos que realmente os moven. E resulta que nada menos que 16 concelleiros dos 25 que ten o Concello van cobrar plena dedicación, a que nos vai costar ós cidadáns 800000 euros. É decir, sobirán novamente o que faga falta sobir: as tasas da vasura, o ibi, as multas, mentres cada familia pontevedresa parece que ten uns ingresos medios estimados en 1866 euros ó mes, sen considera-las moitas que viven no umbral da probeza, que non chegan a fin de mes.

O PSOE, según declaraciós da súa portavoz, considérase na oposición. A ver si é certo e deixan de lado as ameazas de Quintana (a pexa de Touriño) de hai uns días no sentido de que teñen que apoia-la gobernabilidade do Bloque. ¿Cómo, qué coño hai que apoiar? ¿Unha maior desfeita e parálisis da cidade?

O PSOE, dende a oposición, pode facer cousas bonitas, porque co PP fai maioría e os dous poden levar ós plenos acordos como os de restaurar espacios, restaurar tamén unha circulación necesaria e cancelar, dunha vez por todas, a teima de basa-lo saneamento integral da ría nunha depuradora ilegal. Poden incluso promover mociós de censura cando faga falta.

Parece que o PP pode ter incluso as ideas máis claras. Polo menos na campaña, aínda que só fose un flash, o seu candidato falou de retirar de Os Praceres a depuradora de residuales. Eso terá de ser así, aínda que os partidos non-o queiran, porque o mandan as leis. E a Xusticia xa se ten posicionado en casos similares no sentido da ilegalidade desas depuradoras, xa pola aplicáción do Raminp, xa pola aplicación da Lei de Costas, en particular o artículo 44.6.

Convén que PP e PSOE vaian estudiando os deberes. Aínda que en tódo-los partidos hai "cerebros" que non queren aprende-la lección.

O período ábrese coa expectativa de que incluso, nalgún momento, poida ser posible o xa suxerido voto de censura.

No hay comentarios: