lunes, 2 de julio de 2007

PONTEVEDRA, SEN PACTO

A día 6.12.2007, a balaustrada permanece ameazada. Téñase presente que a foto do autor foi sacada o 25.01.2007. O suspenso do BNG en urbanismo é agora tamén o suspenso do PSOE local, por non ter sabido amagar doutro xeito, como fixo López Orozco en Lugo.
Pontevedra, 2.7.2007
-
Aínda non hai acordo. E sería bo que as xentes do PSOE tivesen en conta as palabras de López Orozco, en Lugo. El xa sabía que co sector duro do BNG era imposible negociar, daí que optara pola gobernación coa maioría simple que sacou nas pasadas elecciós. Mellor lle vai ir.

Pero en Pontevedra, unha vez que o PSOE caeu na trampa de apoia-la nominación de Lores como alcalde, parece que non se telumbra pacto. I é que, claro, como o BNG ten sete concelleiros por seis o PSOE, vai pretender impoñe-las condiciós que un partido democrático non pode aceptar.


Teresa Casal
ten que deixa-lo coitelo ou a pá que está a usar pró reparto da tarta. Se quere que o electorado llo agradeza, e os pontevedres todos, terá que se servir de bisturí, porque non se pode consentir que o BNG leve novamente Urbanismo ou ben o imposibilite se lle dan os negociados da Reforma Urbáa e PXOM, que é algo no que teremos todos algo que decir: tódo-los partidos e tódo-los cidadáns.

O dito: coitelo ou pá, non; bisturí, e que corte ben. Se queremos salvar algo do desastre saído da gobernación do BNG ó longo de oito anos.

Deixaréi aquí tamén o comentario de que en Pontevedra, en Verducido, acaba de se celebrar un Campeonato Europeo de Piragüismo. A cidade parecía completamente allea ó evento, sen bandeirolas de nengún tipo, sen apenas propaganda. Era frecuente atoparse con grupos de deportistas a cruza-la cidade coa pá na man, cara ó hotel, porque seguramente o autobús non-os podía achegar á súa residencia temporal.

Pero o Xoves pasado, eso sí, foi izada a bandeira do Orgullo Gay na fachada do Axuntamento. Na fotografía publicada mostrábanse tres sorrisas: a de Lores, a de Teresa Casal e tamén a de Teresa Pedrosa. E non creo que o Orgullo Gay os faga máis populares ou lles dea máis votos que unha maior atención ó citado Campeonato de Piragüismo. Terán que pensar, cara outros comicios, no agravio comparativo que representa unha menor representación homosexual e lésbica nas listas que de héterosexuales.

No hay comentarios: