lunes, 9 de julio de 2007

CAMBIO CLIMÁTICO I ECOSOFÍA [9.07.2007]

O home debe coida-la terra, respeta-los montes e traballa-lo espacio fértil. Título do dibuxo: "A serra", do autor, cun primeiro plano de prantación de vides.

Pontevedra, 9.7.2007


Artículo desta data, aparecido en diversos medios. O autor pensa que por vivir onde vivimos, estos avisos non han ter relevancia. Incluso pensa que os nosos políticos han procurar acelera-lo proceso de degradación do noso medio e contribuir por esa vía ó denunciado cambio climático, escraviños como son dos grupos de presión.

Cambio climático i Ecosofía,
por Xesús López Fernández


O cambio climático é indiscutible aínda que haxa sectores que o queiran negar. A Ecosofía é un término no que se funden Filosofía i Ecoloxía, que pode marca-las claves das políticas ambientalistas que o planeta precisa xa, vocablo que convén ás prácticas que recomenda Al Gore, que mantén a súa cruzada e, cando se fala dos peligros derivados da crecente contaminación, de cómo podemos afrontalos, aclara que xa existen “refuxiados climáticos”, como os africáns que fuxen da fame e chegan ás nosas costas precariamente embarcados. O ex-vicepresidente dos Estados Unidos avisa novamente das consecuencias do quecemento global. Ós políticos parece preocuparlles fundamentalmente un tema: o terrorismo, sen entrar a valora-lo calado “ético, moral i espiritoal”, a crisis máis peligrosa da historia da humanidade, como el a define e como outros, incluso localmente, podemos entender. É decir, o mundo precisa agora políticas ecosóficas de restauración e compromiso coa Terra.

O Club de Roma tamén avisa. Acaba de reunirse en Buenos Aires, no Hotel Hilton, no que Augusto Paz avisou de que o problema do cambio climático é cousa de todos e non só dos ambientalistas, que todos debemos ser actores activos no cambio de política ecoloxista; que podemos estar ás portas do inferno se non actuamos xa, porque a sustentabilidade do planeta pode depender das políticas activas máis que dos discursos. O Katrina é unha lección dramática, como tamén a regresión dos glaciares, próximo a desaparece-lo de Chacaltaya, en Bolivia, a 5421 metros de altura, un dos máis importantes da Terra. Ó mesmo tempo, Aldo Guadagni precisou que o proceso de quecemento global ven da época da revolución industrial e que o progreso tecnolóxico non é a única causa na súa aceleración; pero o home, según Guadagni é o único responsable do que está a acontecer. E Raul Oyuela, que falou de políticas públicas fronte ó cambio climático, insisteu no que sabemos: que a atención ambiental é especialmente débil, incluso con problemas que temos diante de nós. 

No foro citado tamén comentaron que as políticas de carácter rexional carecen de pegada, como sabemos nos nosos lares onde, pola vía do falso progreso industrial estamos a comprome-la nosa riqueza natural. O litoral todo está ferido de morte. Os clústers, á marxe do que se dou en chamar Ecosofía [a incardinación da Filosofía na Ecoloxía, como dixemos], queren máis solares a costa das rías, máis ladrillo na beiramar, a morte dos ecosistemas que resulte preciso asesinar para melloraren a súa conta de resultados, máis piscifactorías nos terreos da Rede Natura, a desaparición de montes. Incapaces de pensar nun país rico, co seu potencial de producción [e paisaxístico] intacto, de orienta-los seus pasos en clave conservacionista e turística; de actuar con vistas á imprantación dun verdadeiro plan agrario que fixe poboación, non, as claves do ladrillo e da contaminación son as que funcionan.

Ás veces esquecémo-la satisfacción que nos produce unha paisaxe. E que demasiado utilitarismo pode non conducir a nada. A aludida Ecosofía [término creado polo filósofo noruego Arne Naess en 1960] non renuncia nen á técnica nen á tecnoloxía, subraia que o uso que facemos delas non satisfai as necesidades humás básicas. Pero en canto que ecoloxía profunda, Escamilla chega a denuncia-la contaminación nas nosas mentes e na nosa lingoaxe, daí que non haxa compromiso político coa Terra, que non se queira actuar en clave ecosófica, de salvación ambiental como pide Al Gore, porque unha xeneración terá de se comprometer a tope pra ver de restaura-las feridas do planeta. A Ecosofía deberá sé-lo manual de peto do bo político, preocupado antes que nada polos problemas de orde medioambiental. Non abonda con usar palabras e discursos contaminados pra así modifica-la nosa sensibilidade e a nosa relación coa verdade, algo que están a faceren decote. A Ecosofía prantexa tamén esa cuestión como un problema ambientalista.

No hay comentarios: