lunes, 16 de julio de 2007

AGRADECEMENTO A ELADIO TORRES

Eladio Torres Castro, lider veciñal da Plataforma prá Defensa da Praza d´Os Praceres. É posible que a salvación dalgús espacios da ría, en contra da presión dos clústers e políticos que esqueceron os seus deberes, teñamos que lla agradecer algún día ó seu colectivo. Eles son a memoria viva da parroquia.
-
Pontevedra, 16.07.2007

Hoxe, consultando o blog da icpraceres, atopeime coa sorpresa dun saúdo garimoso, o deseño dun banner pró meu blog obra de Eladio Torres Castro, presidente do grupo político Iniciativa Cidadán d´Os Praceres e portavoz, tamén, da Plataforma prá Defensa da Praza d´Os Praceres.

Cada grupo ten o seu blog, a cada cal máis interesante. No último deles están actualmente recollendo noticias de hemerotecas dendo o ano 2000, ilustradas con fotografías que aí están, como documento prá posteridade, e pra gue algús que non se solidarizaron con estas xentes poidan saber do heroísmo despregado, das presiós sofridos, das cargas da policía, da prevaricación dos responsables das diversas Administraciós.

O meu sincero agredacemento a Eladio. Saben que contan coa miña solidariedade e homilde apoio, habida conta de que algús dos meus traballos foron a eles dedicados.
Aqueles 666 votos que recibiron nas elecciós dos 2003 foron un claro aviso de que a Besta do poder andaba polo medio, a mesma besta que, acorralada, pretende mante-las súas prevaricaciós contra o Estado de Dereito, facer burla dunha sentencia do Tribunal Supremo do Estado que ratificou outra anterior do Tribunal Superior de Justicia de Madrid, pola que se declaraba ilegal o paso da vía pola praza d´Os Praceres.Terán que insistir de novo pra ver de conseguir que, de oficio, o propio Tribunal Supremo do Estado dispoña o levantamento das vías.
O día no que debidamente ordeado o material que levan aportado ós seus blogs se convirta nun libro, daquela, a certos políticos se lle han sobi-las colores; pode que algún sinta vergonza de estar en Política, onde nunca debería ter entrado; ou non. Non esquezamos que estamos a falar da Besta.
O meu agradecemento ó tempo que cordial saúdo e ánimo pra que sigan atendendo os diversos frentes cos que se atopan. Pero eles non teñen por qué estar temerosos. Costar, halles costar, pero a victoria, ó final, ha ser deles.

Reitero. Un saúdo, Xesús.


No hay comentarios: