
Pontevedra, 5-7-2007
Aí vai outro artículo sobre o idioma, publicado no seu día no Diario de Pontevedra. Nel, como é común en moitos dos meus traballos, recurro ó discurso de George Steiner, quizaves o mellor lingüista do mundo xunto con Bloom. Eladio Rodríguez, o autor do Diccionario Enciclopédico, é outra das miñas referencias, como tamén o Glosario de Constantino García, ó que me refiro nalgún momento do artículo, obra que, agora sí, está tamén inserida no corpus do Diccionario de Diccionarios, en CD-Rom, que abrangue as palabras que aparecen nos diccionarios e vocabularios de 26 autores. Xa que no artículo se cita a palabra "artigo" reproduzo a seguido o dito por Eladio Rodríguez, opinión que toma da Gramática de Lugrís Freire, en relación co uso, pra min indebido, da tal palabra, no que sigo o maxisterio dos citados autores. Sigue o dito por Eladio:
No pocos escritores gallegos adoptan para este vocablo y sus derivados la forma ARTIGO; pero Lugrís Freire emplea ARTÍCULO en su Gramática gallega, y a este criterio nos adaptamos, con tanta mayor razón cuanto que si en los mismos diccionarios portugueses figura ARTIGO, no figuran en cambio artigolaçao, artigolado, artigolar, artigolista, como parecía lógico, sino articulaçao, articulado, articular, articulista.
[Téñase presente que o pasado 2006 foi o ano de Lugrís, no que lle adicaron o Día das Letras Galegas] Poderíase decir, incluso, como ven acontecendo dende hai algún tempo, que foi un esquecido. O que se poida ter editado da súa obra, con toda seguridade alterada a ortografía do autor. E como colmo de vergonza, nen quixeron facer unha edición facsimilar da súa Gramática, o que sería útil a día d´hoxe. Algunha exposición andivo por aí, pero curiosamente non foi exposición da súa obra, senón unha serie de comentarios ilustrados nos que se mostraba máis o perfil do momento político que non a valoración da súa obra, en especial da Gramática.
por Xesús López Fernández
Estou dando lectura ós textos dunha serie de conferencias de G. Steiner, as recollidas nun libro de Siruela, Pasión Intacta. Nunha delas, “Unha lectura contra Shakespeare”, o home afirma que o edificio literario do autor estudiado foi construído sobre 30.000 vocablos --o Shakespeare ilimitado de que falaba Goethe-- mentres o de Racine abrangue soamente a décima parte desa cifra. Logo de que a obra de Shakespeare é aceptada universalmente convértese a mesma en motor principal da língua inglesa. Cito este apunte como arranque do meu traballo, con referencia ó desexo manifestado en “Primavera
Sen embargo, moitos dos nosos diccionarios quedaron cortos, salvo a excepción ata hai pouco do Enciclopédico de Eladio Rodríguez González, que Xesús Alonso Montero ten afirmado que, pra el, era o mellor dos editados. Nestos momentos manexo, con verdadeiro gozo, o Diccionario de diccionarios editado polo Instituto da Língua Galega, que recolle a obra de once autores, tamén o Enciclopédico de Eladio Rodríguez. A súa edición en CD-Rom posibilita futuras actualizacións, a consideración de rexistros de novos diccionarios, e a integración –¿por qué non?— do Glosario de Voces Galegas de Hoxe, de Constantino García, que pode servir pra despexar máis dunha nube. A comodidade que representa o uso do CD, a consulta dos 87.078 lemas nos que se concretan máis de 112.000 rexistros recollidos, permite facer unha serie de excursiós no tempo e dispoñer por impresora, si se quer, dun histórico dos lemas consultados. Os editores avisan de posibles adherencias fácilmente detectables, como tamén o son algunhas incluídas como idioma normativo nos diccionarios de nova fábrica, que por outra banda marcan con asterisco vocablos completamente enxebres.
Busco “artículo” en certo diccionario. Un asterisco nos avisa que non é galego, e nos remiten a “artigo”. Busco “artigoar, artigoista, artigoado”, que parecen palabrotas. Non están. Consulto “articular, articulado, articuladamente, articulación, articulable, articulatorio”. Sí están, como tamén “articulista”, que definen como “persoa que escribe artigos para periódicos ou publicacións análogas”. É decir, o articulista é o que escribe “artigos”. Francamente, noto como unha perda de autenticidade, unha falta de aire, porque seguimos sen revisa-los nosos fundamentos lingüísiticos con sereidade. E seriedade. Tamén definen “conocer” como verba non galega. Por diferencialismo nos remiten a “coñecer”. No Diccionario de diccionarios recóllense “conocer, conecer, conoscer, conoscerse, coñecer” e moitas variantes, mentres que no Glosario de C.García campa “conocer” como a máis louzá; tamén “coñocer”. Non figura “coñecer”. Definir “canceroso” como o que padece “cancro” parece estúpido, cando son válidas “cáncer, cáncere, cáncaro, cancro”. O idioma non cabe nas normas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario