lunes, 30 de julio de 2007

O IMPOSTO SUCESORIO 3

Imaxe do Mal ou do Vicio que pode moi ben mostrarse como instantánea do degaro da Administración por se asañar cos herdeiros. Polo menos neste país chamado Galicia. Fotografía obtida polo autor na Embaixada de España en Roma.

Pontevedra, 31.7.07

Vai un novo traballo sobre a problemática dos dereitos sucesorios que a Constitución reconoce, pero que un goberno menor, como o galego, sigue obviando. Coa situación das cousas neste momento, un herdeiro pode mesmo recibir unha carga insuperable de problemas: imposto excesivo, e a negación do dereito constitucional a recibí-lo que lle deixaron os causantes.

O artículo é do ano 2005, de data 3.7.05, e foi publicado no Diario de Pontevedra e no Xornal.com.

Da transmisión sucesoria,
por Xesús López Fernández

Da transmisión patrimonial familiar, a eso me quero referir. Figuraba no último ofertón electoral do señor Fraga: a cancelación do imposto sucesorio antre pais e fillos, algo do que xa tiña falado dabondo Mariano Rajoy no ano 2003, que prometía daquela que as CCAA gobernadas polo PP irían suprimindo gradualmente o Imposto de Sucesiós. Tamén daquela avogara pola desaparición do imposto o señor Múgica Herzog, que apreciaba no mesmo un certo perfil de inconstitucionalidade porque, según o Defensor do Pobo, o actual sistema provocaba que os verdadeiros contribuíntes do imposto foran os herdeiros de patrimonios medios e baixos, sen recursos prá creación dunha estructura empresarial pra aludi-lo pago do imposto. E parecía simplemente realista, e grave, a afirmación da dita institución de que esa figura impositiva constituía, en realidade, un castigo pró aforro das rentas do traballo e do capital, que non se compría cos principios de igualdade, progresividade e non confiscatoriedade establecida do artículo 31 da Constitución. Ven sendo un imposto antifamilia e pode conleva-la ruína de moitos, ademáis de ter pouca incidencia recaudatoria pró Fisco.

As supresiós anunciadas por Rajoy deberían terse posto en marcha dende o 1.1.2004. O Goberno Balear fíxoo así, rebaixou o imposto nun 99 por cen dende aquela data. Un non comprende cómo non se toma unha decisión xeral que beneficie a todo-los cidadáns. O Estado é o que realmente ten a potestade de acabar co imposto. As CCAA, como administradoras, poden rebaixa-la cuota a ingresar ata un 99 por cen, pero mentres non haxa unha disposición amplia, xenerosa, é evidentemente que os cidadáns somos diferentes ante a Lei. Mentres as cousas permanezan como están, a xente terá que salvagarda-lo patrimonio por medio de prácticas deslocalizadoras, ou cambiar de residencia a algunha das autonomías privilexiadas (País Vasco, Navarra, Cantabria....). É certo que Rajoy anunciaba unha reforma progresiva, que culminaría no 2007. Que Fraga insistira na campaña galega, no último lote publicitario, é algo que tería de ser explicado máis polo miúdo, asunto éste no que, como reclamación constante, deberían tomar parte as asociaciós cidadás, e facelo con forza, porque hai formas de parentesco, por exemplo irmáns (o que queda dun núcleo familiar), das que a Administración sabe facer, máis que burla, escarnio.

Onde parece que sí van adoutar unha solución radical é en Rusia, que xa acordou a supresión do imposto sobre sucesiós. Está prevista pra estos días a asinatura por Vladimir Putin do respectivo proiecto de lei, xa aprobado por ambas Cámaras do Parlamento ruso. A nova normativa legal foi aprobada nun tempo record. Entrará en vigor o 1.1.2006. Preténdese con ela a formación dun certo patrimonio emerxente na clase media, onde estaban, como en moitos lugares de España, as verdadeiras víctimas. “As fortunas millonarias atóbanse en zonas off-shore, non se transmiten a título sucesorio en Rusia, en cambio un ten que pagar sumas que difícilmente pode permitirse pola transmisión dun chafaldrís cun pequeno horto”, declarou en certa ocasión un mandatario ruso, como argumento xustificativo da exención dos bens transmitidos por herencia, á par que deixarían de ser impoñibles as doaciós antre esposos ou parentes próximos. As demáis persoas terán que pagar unha tasa do 13%, equivalente ó tipo único de IRPF, ó facer donaciós importantes (edificios, vehículos, títulos-valores, etc.). É decir, parece que os rusos, neste asunto, nos toman a dianteira.

O citado proiecto de Lei sirveu pra cohesiona-la Cámara baixa do Parlamento ruso, pois foron 414 dos 450 posibles os votos recibidos. E que, contra o argumento de que a nova lei beneficia ós oligarcas, que han poder gañar millós e miles de millós de dólares mentres os cidadáns da pé terán que se conformar cun beneficio menor, de centos ou miles de rublos, éstos comprenden que a abolición do imposto beneficia a decenas de millóns de rusos. O caso dunha probe vella que lle quixera doar ó seu neto un horto, conlevaba ata o dagora a imposibilidade de paga-lo imposto. Esa situación vai cambiar. E ademáis, nun claro exercicio de hixiene mental, os teóricos do sistema reconocen que o erario vai perder poucos cartos, que o pasado ano foron, ó cambio actual, 32 millós de dólares, que nunca se trataría da perda de miles de millós da que fala o comunista Smolin. Nas condiciós de Rusia, o tal imposto actúa hoxe máis como freo que como alicerce na creación de riqueza. I en España acontece algo semellante. Mentres non haxa unha clara conciencia social temo que non se vaia produci-la necesaria solución. Levamos acumulada unha gran demora e a política social non chega a estas cuestiós, que os rusos parece acaban de resolveren prá transmisión patrimonial familiar.

No hay comentarios: