viernes, 27 de julio de 2007

A GRAN CUESTIÓN DA RÍA

Pontevedra, 27.7.07

Traballo do 14.5.03, o artículo non perdeu actualidade e xa se denunciaban nele as carencias que se están a dar nos diversos partidos. Agora, cando acaban de pacteren PSOE e o BNG, enténdese que as cousas non van cambiar. Cando o BNG quere abri-la sandía do PXOU, resulta increíble a estulticia, o desinterese por un tema de calado como é o da gran cuestión da ría dos diversos políticos embarcados na mellor profesión do mundo. En medio ambiente, verédelo, han seguir suspendendo. Porque non se lles ven gañas de facer un curso intensivo sobre cambio climático e Axenda 21, de máis obrigatorio comprimento que a Educación prá Cidadanía que queren impoñeren nos estudios. Antes que aprendan, intensivamente, que fagan si é necesario un cursiño prá terceira edade das materias indicadas. Se non-o fan, non se pode consentir que sigan gobernando, non poden seguir coa patente de afogo das libertades que os caracterizou. Sigue o traballo, publicado no seu día en diversos medios:
No se puede mostrar la imagen “http://byfiles.storage.live.com/y1pASXvCu9kr-lux6MywMFX8vCnaBJFJ_-r_AuNshmU_iQbMn9iYG7FA5Xm7La_5xXhsPYCB8AkNtg” porque contiene errores.
Recheos na ría. Tódo-los que están "na mellor profesión do mundo" e con mandiño en Marín ou Pontevedra teñen parte da culpa.

A GRAN CUESTIÓN DA RÍA (14.5.2003),
por Xesús López Fernández

O 14.5 celebrouse en Radio Pontevedra o debate a tres sobre o feito nestos catro últimos anos. Participaron no mesmo Mosquera, polo BNG, Luciano S. Esperón, polo PSOE, e Rivas Fontán, que foi alcalde durante 12 anos, polo PP. Críticas de todo tipo porque o equipo que veu gobernando co apoio do PSOE fala dun modelo de cidade que non existe, pero nengún dos outros contertulios foi contundente á hora de decir que aquí había xa un certo modelo de cidade que o BNG se acaba de cargar coa excesiva peatonalización que eles chaman peonización, como tamén zona peonil á zona peatonal. E sendo como é peón unha palabra con polisemia non hai que esquecer que tamén significa trompo ou buxaina. Daquela, a zona peonil pode ser unha zona prós nenos xogaren ó trompo, modelo de cidade.

A cidade vella está practicamente arruinada. Os problemas circulatorios son cada vez maiores co unidireccionalismo de corredoira que acabaron por impoñeren. E hai promesa de que, se repiten, aínda vai haber máis peatonalización, un 25 por cen. Están moi orgullosos do que levan feito e desfeito: prazas arruinadas, un Urban mal xestionado en contra do que diga Mosquera, porque hai cuestións pendentes que algún día han sair á luz. Pode non ser culpa de Mosquera, senón do arquitecto que levou a xestión do Departamento. Pero xa terei ocasión de contar polo miúdo a súa actuación en certo caso. Total, que o home prestoulle a Mosquera un total apoio á hora de asina-los planos de actuacións agresivas como as de Sagasta ou a estrada de Vigo. Curiosamente, pouco desto se tocou no debate. Unha alusión de Rivas no sentido de que o que se leva feito, en parte, non estaba previsto no P.X.O.U. en vigor.

Veremos en qué acaba o de Tafisa, unha das cuestións tratadas, parece que con acerto, por Rivas, que sen embargo patinou nun tema como o do saneamento da ría. ¡Qué importa que teña dito que a ubicación de ENCE foi ilegal se no seu discurso xustificaría novas agresións, como a da construcción da papeleira ou a dos recheos do porto!. Non me convenceu a actuación de nengún dos tres en relación coeste tema, reconocendo que foi mellor a de Mosquera, pero tamén corta, porque en relación con ese tema non hai máis que decir que é necesario o gran consenso ou a intervención do Tribunal de Estrasburgo. A fábrica poderíase hoxe montar con nova tecnoloxía nalgún recanto de Galicia. Auga en circuíto cerrado, sen vertido, integrando no novo complexo a fábrica de papel tisú ou de papel couché ou de cartón se quixeran. Esa é a gran cuestión que non teñen vontade política pra resolveren.

Porque hai unha falta total de sensibilidade. O PP non está pola recuperación da ría e mide con distinta vara que en Vigo; o BNG, non sei se condicionado pola CIG ou porque perdeu a color ecoloxista, tampouco ten a forza necesaria. E o PSOE, cunha especie de síndrome de Estocolmo, tenta igualmente vende-lo seu discurso ambientalista, está a padece-las consecuencias de ter sido prisioneiro do BNG nestos catro anos que acabaron converténdose nun período puramente fascista, porque a democracia quedou totalmente secuestrada. Fala o BNG moito da guerra e do chapapote i esquecen que aquí temos varado un Prestige en Lourizán dende o ano 1963. Contra eso, contra o paso do tren por unha praza pública, contra os recheos de Marín Estribela, terían que botar man do Nunca Máis. Pero, curiosamente, algúns cidadáns, temerosos, están botando xa man dunha caricatura desas palabras, do Nunca Marx, sobre a mesma bandeira e con estrela de cinco puntas. Sei de moita xente que non os vai votar, porque perderon a súa confianza. Foi demasiada dictadura estos catro anos de demolición urbanística, de obra ralentizada, de afogo das libertades.

No hay comentarios: