
CARTA Ó TELECENTRO TARAMUNDI, EN RELACIÓN CO ARTÍCULO “En Taramundi”, que manteñen como noticia na web do centro.
2.12.2003
Estimados amigos:
Cando vai case un ano da publicación no
Estos pasados días, o 21.9, estiven novamente na vosa vila pra, con máis vagar, poder amplia-lo retrato feito con motivo da primeira visita. Pero non tiven sorte porque os museos etnográficos, polo menos o d´Os Esquíos, informáronme que estaban cerrados. E tiña querencia de conocelo, de poder engadir ó retrato primeiro outras secuencias.
Por estar cerrado, fechado, tamén o estaba o teleclub, onde fixera intención de me achegare pra vos conocer persoalmente. E tiven que consolarme vagando un rato polo voso entorno, [andar e desandar pistas], e dexergar outras panorámicas. E reparar no que é, realmente, o hotel da Rectoral, esa especie de niño d´águia no que algús han procura-lo necesario reparo a xornadas, talvez, de tenso traballo. Este é o momento no que, coa entrada do Outono e como decía Novoneyra, os días son como tardes longas, tempo pra se meter na paisaxe, pra leer demoradamente o libro que agarda.... O espírito seréase e repara nos recantos íntimos, nos que aínda poden mante-la súa identidade e comezar a pinta-las colores máxicas, máis alá da histeria reforestadora con eucalipto [unha traición ás nosas terras], de cuio peligro vexo non estades libres tampouco en Taramundi, algo do que convén pasar aviso porque esa especie acaba finalmente por traer miseria medioambiental, perda de cromatismo e de riqueza paisaxística e xa acabou con máis dun paraíso. ¡Que non comprometa o voso!
Polo demáis, vin que, dentro da vosa modestia, seguides a reparar casas conforme ó estilo arquitectónico da zona. Apreciei que o comercio se movía i eu tamén fun cliente, outra vegada, dalgún dos vosos establecimentos. E sorprendeume gratamente que a campáa da vosa igrexa, á marxe dos coidados e traballos de restauración que precisa, sonaba gozosa o pasado 21 de setembro.
Un saúdo sincero dun voso admirador,
Xesús López Fernández.
No hay comentarios:
Publicar un comentario