viernes, 20 de julio de 2007

E PASOU O 27 DE MAIO

Pontevedra, 20.7.2007

Artículo do 26.5.2007. Publicado en diversos medios refírese á situación existente na capital, a falta de soluciós ante os problemas urbanísticos creados en Pontevedra, onde hai unha total falta de gobernación. Se Teresa quere restaurar algún espacios, introducir cambios positivos, é algo que seguramente non vai poder facer. Na fin deste traballo se lle dan ideas que se relacionan con outro traballo xa incluído no blog con data 19.7.2007: a posible reconversión en congostra da costa do Rouco, conocida como Cobián Roffiñac. Por esa corredoira poderían entra-las greas de cabalos cara o gran curro da Gran Ferrería, retornada xa ó aldeanismo e con chan de terra. Vamos, aínda non, pero é unha idea. Sigue o traballo despois da imaxe tirada da última rapa das bestas de Amil.


E pasou o 27 M…
por Xesús López Fernández
Pasar pasou, pero a resaca permanece e non están claras as cousas en moitos sitios. Non poucos pensan que deben gobernaren os partidos con listas máis votadas que outros queren afogar coa política de pactos, porque “unha maioría social de progreso” votou en contra do que un gran sector parece apuntar como gobernación lóxica. Polo pronto, en Santiago suspendéronse as conversas que mantiñan PSOE e BNG pra ver de estableceren un convenio marco. Touriño falaba de “gobernos de progreso”; o BNG de “gobernos de coalición”. ¿A “coalición” que non foi posible en Vigo con Ventura Pérez Mariño como alcalde? ¿É que vai ser posible agora con Caballero? Ó mellor poden estar a pensaren PP e PSOE noutra política de pactos, como apuntou Paco Vázquez, de gobernos en maioría minoritaria que poden convir a un e outro partido e ós votantes, sen que nadie lles marque o paso. En definitiva, outra cultura, porque a “maioría social de progreso” non debe cegar cando de “progreso” nada ten. Como aconteceu en Pontevedra, o modelo de cidade do BNG según dixo Quintana antes de perderen a metade dos votos que o partido baixou en Galicia.
Pero o desastre estaba cantado. Non importan tanto as enquisas demoscópicas como as lecturas que se poidan facer en certos blogs, nos que xa algunha xente daba avisos de que o PP podería acada-los doce concelleiros, que gobernaría en maioría se lograba entrar na corporación a ICPraceres, o que non resultou doado a pesar da súa defensa do Estado de Dereito, do aval de dúas sentencias en contra do que foi política apoiada polos outros grupos. Como medicina pode ser bo examina-lo espacio que o grupo mantén en Internet, onde parece van abrir novas frontes, particularmente agora que Fomento e a Autoridade Portuaria non demostran ter unha línea ecoloxista nen legal coherente. Pero volvendo ó das enquisas formulo unha pergunta: ¿A vostede consultárono? ¿Tivo ocasión de outorgar un cero ou un dez a algún dos candidatos? ¿Premiaría vostede a política de baldosa e beirarrúas, de ruína total, na que se concretou o urbanismo en Pontevedra?
Talvez que Sondaxe non fixo as perguntas necesarias. Non se entende que agora se sorprendan da baixa do BNG; que no partido fagan declaraciós de sorpresa: que van pensar nos fallos, que ó mellor non souberon explica-lo seu modelo de cidade que siguen sen concretaren; ou que se van achegar ós colectivos cidadáns pra poder seguir coas súas obras. ¿Pero qué se creían? No ano 2003 tamén ían “sobrados”. Contaban coa presidencia da Diputación. E pasou o que pasou: empate a dez concelleiros co PP. Íano pensar, pero non profundizaron nas razós: a guetificación da zona vella. E agora, eso que tiñan avisos de protesta, a perda de votos foi a máis. Algunhas xentes botan de menos unha segunda volta, como en Francia, e afirman que ó mellor desaparecían, como opción política, en Pontevedra. Vaino ter crú o PSOE se quer chegare a un verdadeiro pacto con eles, porque o incremento dun só concellal quere decir que a xente castigou a súa cogobernación co BNG.
Teresa Casal fixo campaña en base a un programa novo e prometeu mellorar espacios, ¿non-sí?. Maxinou tamén que Pontevedra podería té-la primeira alcaldesa. Pero xa o 28 ou 29M díxonos que, en minoría, non podía demanda-la alcaldía. ¿Con seis, non pode?. ¿E qué vai acontecer con Urbanismo e Cultura ou Medio Ambiente, que nunca funcionou? ¿Vai renunciar a esos departamentos pra que os seus socios agraven máis a involución que está a vivi-la cidade? Nese sentido poderíalle dar algunha idea: converti-la enfesta do Rouco en longa congostra abeirada por cómaros ou arrós en flor, especie de cadoiros de chorimas pola prantación a ambas bandas de toxos e xestas. Loureiros e cancereixos poderían saudar, move-las ponlas ó ver sobi-las greas de cabalos do Lérez ou Campolameiro cara á gran rapa da Ferrería, a cita cos aloitadores nese retorno ó aldeanismo que algús están a marcaren.

No hay comentarios: