domingo, 22 de julio de 2007

¿BAILAMOS UN VALS?

Pontevedra, 22.7.2007

Artículo publicado o 24.4.2006 no Diario de Pontevedra e no Xornal.com, no que se fai crítica do baño do alcalde Lores na súa pretensión de vender fume, de presentar como saneado un río case morto.

Dáse a circunstancia de que Lores bañouse daquela na zona do Goio, onde antes arrancaba a Xunqueira en mala hora desecada. Alí, sobre un dos pozos lexendarios [o do Goio, o do Crego, o das Correntes], este cronista e un seu amigo, Roxelio Fernández Recuna, facían un alto antes de retornar ó Club Naval o bote usado ó longo da tardiña. Pero era xa momento de reparti-la pescata, robalizas á liña, normalmente máis de cincoenta por barba. Anos 1947 e 1949. Aquel sí era un río saneado. Traballaban as xunqueiras como depuradoras biolóxicas.

No se puede mostrar la imagen “http://www.lavozdegalicia.es/graficos/2006/10/17/p17c3f1.jpg” porque contiene errores.
Lugar seleccionado por Lores, mentres cerraban
o vertido da ponte dos Tirantes. Por si acaso.



¿Bailamos un vals?,
por Xesús López Fernández


¿Por qué será tan forte a erótica do poder, que nadie quere deixa-lo mandiño? Porque a campaña electoral xa está en marcha cando estamos a un ano das próximas elecciós. E xa non está claro que as actuaciós urbanísticas, despois do acontecido en Marbella, sirvan pra acalmar a un electorado máis pendente de que se goberne con ética e transparencia que non dende o populismo que algús buscan e a non poucos engaña. ¿Vai pode-la sociedade xerar algún tipo de vacuna, candidaturas con posibilidades pra limpa-lo panorama urbanístico e ambiental, devolve-la identidade do lugar? É un pouco a pergunta do millón. Pero Rivas Fontán, en Pontevedra, está disposto a intentalo e, despois de ter solicitado a Touriño que impida a marbellización do solar de Tafisa, falou públicamente dos seus contactos e insinou apoios coa idea de configurar un grupo independente con presencia en diversas localidades do partido xudicial. Fala tamén da necesaria financiación. Pero non do problema Ence. E despois das alarmas provocadas polo conselleiro de Industria, a Xunta parece darse calma.

A Festa do Río do día trinta ou o baño de Lores do 29 de abril, pendente só das mareas, son dúas acciós con claro marchamo populista. Se acaso, o xesto de Lores pode mesmo relembrar aquel outro de Fraga, o seu baño na compaña do embaixador dos EEUU nas praias de Palomares, despois do famoso accidente do 17.1.1966, con caída de catro bombas nucleares das que se recuperarían dúas intactas, unha na terra, outra no mar, ésta por medio dun minisubmariño Alvin gracias ás indicaciós do pescador Francisco Simó, conocido dende aquela como “Paco el de la Bomba”. Pero o explosivo convencional das outras dúas sí detonou e conlevou o esparexemento de 20 kgs. de plutonio e un enorme esforzo descontaminador, un gasto de 80 millós de dólares dos daquela, e a retirada de 1400 toneladas de terra, que foron transportadas a Savannah River, EEUU. Hoxe, as augas de Palomares, contaminado o seu plancton por plutonio, son as máis radiactivas do Mediterráneo.

Ainda que a Lores lle teña recomendado a oposición que non se bañe, porque segue a haber vertidos notariados en diversos puntos, sospeito que o home asume o xesto con valentía. Desta volta o nemigo non é o plutonio, pero sí poden estar aí outros axentes: mercurio, metilmercurio, endrín, dioxinas, difenilos policlorados, mesmo zinc, cadmio, etc., pendentes do esforzo descontaminador... E segue sen haber unha clara vontade política de acabar co problema que a EDAR d´Os Praceres non vai resolver, asunto éste no que a Xunta e mai-lo Concello non parecen ter asumido os deberes máis alá do debate sobre a administración dunha obra ilegal. Nen a oposición, nen seguramente a candidatura que forme Rivas, factor da galería de servicios (tamén ilegal) anegada, estrela do “puro Lérez”, van entrar neste asunto da rexeneración das marismas de Lourizán ou das Xunqueiras, porque unha restauración certa é algo distinto do que se leva feito. A ver cómo compatibiliza Lores a súa afirmación de quere-lo saneamento do río e da ría.

Quero pensar que o alcalde non vai estar só, nen moito menos, con motivo do baño e da gran festa. Seguramente vai ter con el, aínda que Lores non o aconselle, máis bañistas, homes e mulleres, xentes que asumen o seu libreto, do seu lado na hora primeira ou xa no baile na pista deseñada prá gran Festa do Río, na ponte do Burgo. Entendo o gasto como despilfarro, pero todo está moi pensado. Pode que incluso, á hora do baile, ande por alí unha periodista de perfil etéreo, Clara Aldán, que sempre o trata con fórmula de respeto, “mi Lores”, no máis puro estilo cunqueirián. E quero maxinala dirixíndose ó noso alcalde en tono cortés: Mi Lores, ¿bailamos un vals?. É evidente que o BNG pode rentabilizar esta arrancada. Con vals ou non. Pero El País do 23.4 fala de Ence, da contaminación da fábrica e do acordo xudicial do 2002 pra evita-la celebración dun xuicio por delito ecolóxico. Misterio ainda sen explicar a día d´hoxe a cinco dos seis ou sete asinantes do protocolo notarial solicitando ser parte no sumario. Asunto non contado que pode ser resultado dalgunha consigna. ¿De quén?

No hay comentarios: