jueves, 12 de julio de 2007

O LABERINTO DE LOU-LO-CHU


Laberinto informático do autor. O de Lou-lo-Chu é máis complicado.

Pontevedra, 12.7.2007

Este que vai agora é un traballo, en clave humorística, máis ben de traxidomedia, dalgunhas das situaciós que o talibanismo urbanístico do Bloque veu ocasionar nesta cidade. A convivencia, cada vez máis difícil; a circulación case imposible. O artículo mostra un simple exemplo. Vai.

O laberinto de Lou-lo-Chu (6.3.2006),por Xesús López Fernández

Hai diversas categorías de laberintos físicos: 1. Os que se chaman simplemente conexos; 2. Os multiconexos ou ramificados, e 3. Os insulares, nos que non imos entrar. Os primeiros, frecuentes en antiguas construcciós grecolatinas, son os máis simples, e pra sairmos deles abonda con levar unha man pousada na parede mentres camiñamos. Estos laberintos tamén se chaman románs ou cretenses e, sen dúbida, o de máis sona é o de Creta, dominio do rei Minos, que obtivera de Poseidón o agasallo dun touro espectacular pra demostración ós seus fieles de que gozaba do favor do deus. Pero en contra da orde do mesmo de sacrificar ó animal, Minos, vanidoso, quixo conservalo. O deus tomaría venganza por medio da indución dun degaro amoroso de Pasiphae, a muller do rei, cara o touro. Dédalo, o mesmo constructor das alas de Icaro, fixo unha vaca de madeira en cuio interior agardaría Pasiphae a embestida do touro, dando así satisfacción á súa paixón e ó desexo de venganza de Poseidón. Tempo despois nacería Asterión, máis tarde chamado Minotauro, un home coa cabeza de touro que Minos mantería recluído nun laberinto construído polo devandito Dédalo. A fin do Minotauro é sabida. Morrería, sen apenas resistencia, a mans de Teseo, que se aventurou no laberinto coa axuda dunha madeixa de fío, o fío de Ariadna que lle facilitaría a saída.

Os laberintos ramificados teñen unha entrada e unha saída, sendo fácil chegar ó centro ou perto del, pero a saída faise difícil según o número de ramificaciós existentes. A esta categoría de laberintos corresponde o do pazo de Hampton Court (1510), esceario de saraos e francachelas da Corte inglesa, pois foi sede de monarcas, dende Enrique VIII (que mesmo se pasaba na comida e na bebida ou mandaba decapitar ás súas esposas, polo menos as primeiras cinco) ata comezos do século XIX. O laberinto data do ano 1620. I este laberinto foi recentemente aberto de novo ó público. Agora ten, ademáis, miles de sonidos e o visitante pérdese pola vista camiñando por paseos bordeados de sebes, ou tamén polo oído, polos rexistros audibles emitidos por parlantes agochados: fragmentos de melodías, susurros de sedas finas, conversas, risas activadas ó camiñar por sendeiros serpenteantes.

Vaiamos con outros laberintos, cando os partidos están xa en campaña electoral cara ós comicios do próximo ano e non se intúe a entrada en escea dalgún novo grupo capaz de ilusionar ás xentes, de nos brindar un futuro de verdadeira rexeneración democrática. Certo que pode haber sorpresas. Pero, de momento temos, teñen tamén os partidos dediante súa, outros laberintos de difícil saída. En Pontevedra tócanos vivir, dende hai case sete anos, unha especie de caos emanado polo poder local, acoso ó modelo de cidade tradicional que agora perdeu a identidade, cambiada incluso a psicoloxía das xentes. Hai como unha especie de delirio, convencido o equipo de goberno do seu labor, ata o punto de que queren converter nunha especie de campaña agit-prop a súa actuación do “puro Lérez”, a farsa na que quixeron nominar, a un Ravachol de bañador, dinamizador especial. Pero non hai color.

O caos involutivo da cidade lévanos cara un auténtico laberinto “insular”, no que é fácil perderse. A histeria deconstructora acae en encrucillada de corredoiras, pola que ou non se pode circular ou faise con peligro, laberinto de bucles contra a comunicación radial antes existente. ¿Cómo se chega ó centro?, En coche non se chega, señor, que está prohibido. E así, ¿cómo facilita-lo dinamismo social, un comercio vivo?. ¿La calle Lou-lo-Chu?. A pergunta facíaa un chino que conducía un camión á altura da Audiencia. ¿Lou-lo-Chu?, Sí, Lou-lo-Chu. O amigo que o atendeu soupo traduci-la difícil pergunta porque os chinos non pronuncian o “r”, e acertou por casualidade. ¿E non será Loureiro Crespo?, Sí, sí, Lou-lo-Chu, dixo o chino, Difícil incluso pra min, que vivo aquí, pero poden seguir por esta rúa (García Sánchez) e pasar baixo aquela ponte, despois volvan perguntar. Os chinos seguiron camiño desorientados, sen conciencia de que Pontevedra é, hoxe, un auténtico laberinto, no que a globalización pode non ter campo aínda que algús empresarios vexan nestos chinos ó dragón que os vai comer. Se cadra son os que puxaron por Continente/Carrefour, outro bucle, pode que inspirador da metástasis do que veu despois, da teima en acabar co comercio local. Pontevedra incomunicada, laberinto de bucles: o laberinto de Lou-lo-Chu.

No hay comentarios: