lunes, 30 de julio de 2007

O SEÑOR MERCADO

Pontevedra, 31.7.07

Traballo escrito en relación coa celebración do Foro dos Probes, do Foro de Porto Alegre. Nel faise un estudio en base ás palabras de Eduardo Galeano, sobre si realmente o señor Mercado, que todo xustifica, ten entidade xurídica, está censado, etc. O autor uruguaio non sabe do señor Mercado; nosoutros tampouco, pero por aí andan os da Administración, a mellor empresa do mundo, como uns mandados ou mantidos a defende-la presencia do señor Mercado, o imperio dos lobbies e clústers. Vergonza. Sigue o artículo, de data 24.7.05:

No se puede mostrar la imagen “http://www.patriagrande.net/uruguay/eduardo.galeano/galeano-dabove.jpg” porque contiene errores.
Fotografía de Eduardo Galeano

O señor Mercado,
por Xesús López Fernández

O señor Mercado pode estar en todas partes, sobre todo no marco dunha economía globalizada que, pouco a pouco, vai removendo todo, acabando coas riquezas primarias ou co señorío de moitas cidades, á par que co seu patrimonio histórico. O señor Mercado pode estar a lle marca-lo paso ós distintos gobernos e políticos menores, a facer inútiles as promesas de campaña. O título do traballo tómoo prestado dun discurso de Eduardo Galeano do 27 do pasado mes de Maio, pronunciado con motivo dunha manifestación ambientalista, no Uruguai. Efectivamente, naquel país hai un movemento forte que puido ser mesmo motor da caída de Batlle, pero os cidadáns atópanse con que certas cousas non cambiaron e que o actual presidente, Tabaré Vázquez, non se volve atrás dos acordos asinados polo goberno anterior, en funciós, cando xa o país votara polo cambio. Eduardo Galeano, con Pérez Estivel, fora xa cabeza visible do manifesto de Porto Alegre en contra da imprantación de dúas fábricas de pasta de celulosa en Fray Bentos, no río Negro; en contra da ruína ambiental da zona.

E Galeano comentaba o día da manifestación, despois de ter reivindicado o dereito á diverxencia contra o que agora se dá como un feito consumado e de que si o goberno dou xa o visto bo prá instalación das fábricas, pero, ¿por qué?. Porque algús argumentan e así llo din: “vós no entendés que el mercado está satisfecho”. E Galeano cuestiona a persoalidade do señor Mercado, se ten credencial cívica e se votou ou foi votado e quén o votou. O escritor di que o Frente Amplio non ten que render contas ó señor Mercado, pero sí ó pobo que o votou. Tempos difíciles pró goberno, que herdou un país hipotecado e que dispón de escasa marxe de soberanía. E tempo difícil prós cidadáns, aínda que mesmo en Fray Bentos poida haber algún sector da sociedade que pense que á fin van poder traballar, porque o traballo, desgraciadamente, convirteuse no privilexio duns poucos. Daquela, pois, a defensa ecoloxista do medio, da terra, da auga e tamén da saúde humá, parece unha cousa de marciáns.

Galeano e os que participan na súa cruzada insisten en que, pola experiencia sabida do acontecido noutras partes, en Chile, na Arxentina, non se poden consentir ó señor Mercado actuaciós como as que están en curso en Fray Bentos, que poden conleva-lo envenenamento do río e a desaparición do pouco humus que queda na terra; que esto de que vai pudri-las augas ou seca-las terras non é de nengún xeito obra da maxinación senón que é a ensinanza triste que teñen deixado fábricas de celulosa instaladas en diversos lugares. E, naturalmente, no Uruguai están igualmente enterados da realidade pontevedresa, da que existen diversos relatos en internet. E precisamente por este medio tiven ocasión de oí-lo pasado 22.7 parte dun programa de www.radio36.com.uy/radio36.asx, con opiniós diversas, no que estivo particularmente didáctica Leonor González Prieto, que puxo especial acento na cuestión das enfermedades, nos escasos postos de traballo creados, á par que na falacia dos inducidos...

Quedaron cousas por decir nas súas declaraciós, pero gustoume a recomendación, o seu alegato de que o importante era que as fábricas non arrancaran, “no permitáis que monten las fábricas, que después no las levantan”, ou de que as rías non son trasladables, os postos de traballo sí. Todo dito moi resumidamente... Estaban previstas outras intervenciós. E oín, con interferencias, algo do que dixo o alcalde de Pontevedra: sobre monocultivos do eucalipto e o baixo precio da súa madeira; sobre contaminación e que as fábricas de celulosa son industrias de enclave colonialista. Tamén falou de enfrontamentos gravísimos e de compras de vontades e de medios de comunicación. Dixo moitas cousas, calou outras, pero houbo algo, na fin da sua disertación, que non me gustou, no sentido de que cando se marche a fábrica de Lourizán veremos qué se fai con éso. ¿Estará detrás, agochado, o señor Mercado, coa súa carga de corrupción? Porque non podemos esquece-las irracionalidades cometidas e apoiadas polo Concello, que van bloquea-la posible recuperación da ría, das mareas, da praia: o ferrocarril, a depuradora, Gonvarri, o abandono das competencias urbanísticas. E outra cousa que esqueceu Lores é que, agora que estamos en democracia, el impideu o exercicio da acción pública, da iniciativa cidadá que reclamaba a imposición da lei, prevista na Constitución, prevista tamén na Lei de Costas. O señor Mercado parece ter, tamén aquí, moito poder, e cobizar Lourizán como solar. Que non enxurre as decisiós a tomar polo novo goberno, a transparencia que prometeu Touriño e o diálogo que os coaligados ofertan ó PP, que antes deben dirixirse á cidadanía que votou polo cambio, porque resulten posibles esas acciós cidadás que Lores non quere. I é que, certamente, hai moito que limpar, moito que sanear.


No hay comentarios: