jueves, 5 de julio de 2007

UN XIGANTE DA FE

Pontevedra, 5.7.2007

Hai relativamente pouco tempo que tiven conocemento da existencia do cardeal François-Xavier Nguyên van Thuân, finado en setembro do 2002. No ano 1999 fóralle encomendado polo Papa Xohán Paulo II a preparación dos exercicios que na Pascua do ano xubilar 2000 dirixiría ó Colexio Cardenalicio. Sobre a Esperanza. "Aporte o seu testimonio", díxéralle daquela o Papa.

E os 22 exercicios, hoxe editados nun libro precioso, Testigos de Esperanza, Ed. Ciudad Nueva, son pra min de gozosa lectura. E sobre a Esperanza con maúsculas ten o autor diversos libros, dos que iremos collendo ideas en futuros traballos. A este seguirá, en breve, un hai tempo publicado, sobre a súa preferida catedral, un barco no que foi trasladado con mil cincocentos prisioneros máis, encadeados dous a dous. O artículo que agora presento no blog foi editado no Diario de Pontevedra e na web Xornal.com, o 5.03.2007.

Lunes, 5.03.2007

Un xigante da fe,

por Xesús López Fernández

Como estamos en Coresma paréceme oportuno traer aquí a noticia dun bispo vietnamita, Françoise-Xavier Nguyen van Thuan, finado o 16 de Setembro do 2002. O home deixou escritos varios libros, un deles o titulado “Testigos de Esperanza”, bestseller en máis dun país do ancho mundo, que contén unha serie de 22 meditaciós que, a petición de Xohán Paulo II, dirixeu ó Colexio Cardenalicio nuns exercicios celebrados no ano 2000, a partir do 12 de marzo. Nas reflexiós, dentro do drama vivido polo bispo e outros prisioneiros que el describe, trascende un certo optimismo, unha confianza ilimitada en Xesús, no Espírito Santo, na Palabra e na Gracia en suma. Parece como se o seu nacemento –o 17.04.1928— en Hué, unha pequena cidade da rexión central do Vietnam, no seo dunha familia de mártires, tivese algo que ver coa súa capacitación prá resistencia, marcada xa dende as persecuciós sofridas polos seus antepasados paternos nos anos 1698 e 1885, do que el garda memoria, xa pola referencia histórica do acontecido, xa polos testimonios recibidos dos seus ancestros.

Na meditación introductoria, o home fala da xenealoxía de Xesús tal como a describe Mateo: “Libro da orixe de Xesucristo, fillo de David, fillo de Abrahán….”, como unha pasaxe ante a que moitos católicos sentimos unha certa incomodidade, que algús consideran a lectura do texto como un exercicio sen significado, fonte de aburrimento, que en casos chegan a acortar coa omisión de versículos e a conseguinte incomprensión dos fieles. E aclara que prós asiáticos e particularmente pra el, vietnamita, o relembro dos antepasados ten un especial valor e así “según a nosa cultura, gardamos con piedade e devoción no altar doméstico o libro da nosa xenealoxía familiar”, afirma van Thuan, que tamén di conoce-los nomes de 14 xeneraciós dos seus antepasados, dende o 1698, cando a súa familia recibeu o santo bautismo. E se no 1885 moitos habitantes da aldea da súa nai foran queimados vivos na igrexa parroquial, o home percibe a acción da Gracia na salvación do seu pai, estudiante no extranxeiro cando aconteceu a masacre.

Estudiante en Roma, visitou Lourdes nos anos 50 e alí, na cova das apariciós, perguntábase se as dificultades que lle foran anunciadas a Bernardette non serían tamén un preaviso a el dirixido. E así foi. Ordeado sacerdote o 11.6.1953, logo dos estudios en Roma volveu a Vietnam como profesor. Axiña sería nomeado rector do seminario, vicario xeral e, finalmente, no ano 1967, bispo de Nha Trang. Home activo, en oito anos de rectorado os seminaristas maiores pasarían de 42 a 147, e os menores de 200 a 500. O cerne da súa acción foi a ensinanza do Vaticano II, daí que procurara reforza-lo máis posible a presencia dos laicos e xóvenes na Igrexa. O 24.4.1975 Paulo VI nomearíao arcebispo de Saigón, pero poucas semás despois e cos comunistas no poder, sería arrestado, acusado de formar parte dun complot antre o Vaticano e os imperialistas. Era o 15.8.1975 cando foi convocado ó pazo presidencial, do que sairía coas mans esposadas. Vestía sotana e tiña un rosario no peto. Comezaba a súa prisión de 13 anos, 9 incomunicado, ata a liberación o 21.11.1988.

No se puede mostrar la imagen “http://www.mscperu.org/testimonios/images/VanThuan.JPG” porque contiene errores.
O bispo, que non resistía a separación dos seus fieles, matinou que algo tiña que facer, como cando San Paulo sofreu prisión e se comunicaba coas súas comunidades por medio de epístolas. E ás 5 da mañá dun día de Outubro, cando mirou pasar un neno de sete anos que regresaba da misa, fíxolle un aceno pra que se achegara á ventáa: “Dille á túa nai que me procure blocs vellos de calendarios”, recado que o neno cumpriría aquela mesma noite. O bispo iríallos entregando escritos e, xa na casa do neno, os seus irmáns encargaríanse de copialos e distribuílos. Ó longo do seu cautiverio viveu van Thuan situaciós de auténtico horror, como a viaxe na adega dun carboneiro xunto a 1500 prisioneiros famélicos e desesperados, “a súa catedral flotante”. Pero deixemos que no-lo conte el. A próxima semáa.

No hay comentarios: