domingo, 15 de julio de 2007

ECOLOXÍA E DENUNCIA VECIÑAL

Depuradora de Reza, Ourense, sentenciada por ilegal.

Pontevedra, 16.7.2007

A ruína do medio ambiente está promovida dende diversos lobbies. Certo que non sempre aparece así, senon como obra necesaria ou como infraestructura alentada dende o Goberno Central. Ata ese punto chega o poder dos grupos de presión. Fará falta un gran poder de decisión, valentía dos grupos veciñales pra acodir á Xusticia, e que esta funcione, porque de certo non todo-los xuzgados están ó día ou dispostos a velar pola defensa do Estado de Dereito. En Ourense tiveron sorte co Xuzgado do Contencioso que sentenciou en relación coa depuradora de Reza; que en definitivo o TSXG ratificou o disposto polo xuzgado ourensán.

Pero non sempre existe a mesma sorte e o propio TSXG parece ás veces máis un freo que un instrumento pra poñer as cousas no seu punto. A depuradora d´Os Praceres está denunciada ante o citado tribunal, en recurso de alzada, por Salvemos Pontevedra.

Ecoloxía e denuncia veciñal,

por Xesús López Fernández

Acaba de se producir unha nova sentencia do TSXG en relación coa depuradora de Reza, Ourense, que dá a razón ós veciños, uns vinte denunciantes. A instalación é ilegal. É unha sentencia firme, pero non a primeira porque o alto tribunal xa se definira no mesmo sentido o pasado ano, ratificando un fallo do xuzgado do Contencioso Administrativo de Ourense, do 2003, que anulaba a licencia de actividade outorgada polo Concello en outono do 2002. O TSXG ordeaba xa o pasado ano a clausura da Edar que ven tratando os residuos da capital e os do Concello de Barbadás, municipio que está a considera-la posibilidade dunha nova instalación pra lle dar servicio ós 110000 habitantes atendidos pola depuradora ilegal. Ilegal por culpa das Administraciós, por non teren en conta o RAMINP [Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Peligrosas], que prantexa a construcción de instalaciós dese xénero a unha distancia superior ós 2000 metros da zona habitada. Pero a existente en Reza está a escasos metros dalgunhas vivendas.

Se en relación coa sentencia agora producida foi un colectivo veciñal o promotor do recurso, na primeira foi un só denunciante, co que tiven ocasión de falar. A súa argumentación non era pra min nova. Estaba motivada polo abandono de funciós da Administración. O RAMINP obriga a todos, como a Lei de Costas. E cando a Administración non actúa, daquela cabe que os cidadáns, amparados pola Constitución e por máis dunha lei se erixan en acción popular. Un só individuo pode recurrir á Xusticia, demanda-la reposición da legalidade. Non cabe unha votación democrática pra acabar co espírito da Lei; o que existe é un claro deber, de todos, de demanda-lo seu comprimento. E podemos ser tan culpables como a Administración se non-a denunciamos cando esquece os seus deberes, como nos casos que agora estamos a comentar. O promotor único da denuncia que rematou na sentencia do 2006, tivo moi claro algo do que temos falado nalgunha ocasión: a nulidade radical emanada do incumprimento das leis citadas.

A sentencia do TSXG avisa de que á depuradora haina que considerar como “industria fabril” e que, polo tanto, ten que se adaptar ó citado RAMINP. É decir, que non se podía construir a menos de dous kilómetros dunha zona habitada, circunstancia que non se tivo en conta. Contra o fallo non cabe recurso e os veciños, como o recurrente anterior, demandan a execución da sentencia: a demolición da depuradora. Iniciarán novas acciós pra que lle reconozan os seus dereitos. É máis, non descartan a reclamación de indemnizaciós por danos e perxuícios, polo tempo que levan soportando o pestazo por decisión municipal. Coido que o caso de Reza, de Ourense, marca un camiño a seguir polas diversas asociaciós ecoloxistas e cidadás.

O conselleiro de Medio Ambiente sabe da existencia dun problema pró que, según dí, non se prepara unha alternativa en menos de catro ou cinco anos. E sería bo que, antes de tomar decisiós de novas obras que poden ser [ou están xa] denunciadas tivese en conta a lexislación citada. Ademáis de Ourense, outras seis áreas urbás teñen problemas semellantes. A de Pontevedra, n´Os Praceres, incumpre tanto co RAMINP como coa Lei de Costas. Teñamos aquí presente a sentencia do Tribunal Supremo do Estado de data 26.10.2005, recurso n. 577/2001, declarando ilegal a depuradora de Cortiguera, na desembocadura do Besaya. Mellor, leé-la sentencia; pero falemos, en todo caso, do realce que na mesma se fai do art. 44.6, que prohibe categóricamente a construcción de depuradoras de augas sucias na ribeira do mar. Teñamos presente que Costas do Estado xa dixo no seu día que a Edar de Pontevedra é ilegal, carece de licencia, i está situada en terreos non segregados da concesión de Ence. Se a Administración non rectifica queda o recurso da acción popular, como xa sabemos, en defensa do medio natural.

No hay comentarios: