miércoles, 11 de julio de 2007

URBANISMO CAÓTICO

La Voz de Galicia, 9.12.2007. Kiko da Silva caricaturiza a Mosquera como unha especie de Asterix, a levanta-los mosquerós da Glorieta de Concepción Arenal, outro dos espacios arrasados, o modelo Gulag que representou prós nazionalitaristas unha perda de presencia política (tres concelleiros).

Mostra do desastre urbanístico de Pontevedra. A fotografía corresponde a Cobián Roffiñac. (Leéde La Corredera de los Mosquerones, neste blog)

Pontevedra, 11.7.2007

Pode ser oportuno recuperar agora este traballo, publicado o 22.1.07 no Diario de Pontevedra e no Xornal.com, no que o autor fai unha vez máis crítica da situación de urbanismo caótico ó que temos chegado en Pontevedra como consecuencia da imprantación do "modelo ideal de cidade" do Bloque Nacionalista Galego. Sigue o traballo:


URBANISMO CAÓTICO,
por Xesús López Fernández

Cando están próximas as elecciós comezan os partidos a teren encontros diversos coas chamadas forzas vivas, máis evidentes no caso dos que quixeran ser alternancia posible no próximo Maio. Oito anos de mandato queiman ós gobernantes, sobre todo cando a política levada a cabo estivo caracterizada por unha falta evidente de transparencia. Pasa de simple anécdota un aviso co que me atopei estos pasados días, que inda tiven ocasión de fotografiar. O autor, un humorista, avisaba cun elocuente “Terreno minado”, espacio polo que certamente hai que camiñar con coidado, tra-lo Museo, obras que estiveron paralizadas dende o 15.11.2006. Pero é que noutros espacios, como Riestra, siguen con obras inacabadas, marcando un dos tempos de paralización da cidade, do urbanismo insustentable polo que apostou o actual equipo de goberno. Que o PSOE queira agora marcar distancias, prometer soluciós como a dun carril bus inviable –no caso de obte-la maioría necesaria--, parece unha tomadura de pelo, poque son corresponsables na desfeita urbanística promovida dende a Concellalía de Urbanismo.

Hanse achegar a grupos, uns e outros, coa idea de xogar coa desmemoria da xente que sabe que esta cidade tivo tranvía e praia, e foi unha das primeiras de España en dispoñer de trolebús. O urbanismo clásico de Sesmeros, que marcou unha época de elegancia, outra forma de ennoblece-la urbe, non foi tomado como exemplo senón que está sendo cercado en demasía pola despótica peatonalización que está a apaga-la cidade, a matala, a facela totalmente inviable como modelo de convivencia ou como urbe de intercambio comercial. Se hai sete días citaba a protesta veciñal contra a actuación na antigua Salvador Moreno, o PSOE tampouco quixo amagar conforme lle están a pedir xentes próximas. Mostrarse contrarios ás ditas obras, pero seguir apoiando ó BNG nese tema puntual, como cando foi do arraso da Glorieta de Concepción Arenal, é demagóxico antes que democrático.

Non é creíble a promesa dunha Pontevedra rexenerada cando se fai dende a culpa compartida no deseño e goberno do desastre local que vivimos. Nesas circunstancias non hai pedagoxía posible pra unha necesaria salvación, cando outros parece están a prepararen xa os movementos de axitación e propaganda pra que a xente –hai moito cego--, siga a pedir máis do mesmo. Teresa Casal comprendeuno ó decir que Lores está baixo o síndrome do 5J, como si temese perde-la alcaldía se non acode á manifestación polo hospital único --¿por qué?-- que queren orquestar dende a Castelao, que en principio propoñía unha manifestación sen políticos, coa natural protesta do PP, que foi o que realmente defendeu os intereses dos afectados polas obras da carretera de Marín no pleno do pasado venres 19.

Como no traballo anterior deixamos dito algo en relación co Plan Xeral, digamos agora que o de Vigo aínda non vai, que de momento a Xunta non o aproba. Non hai que pensar que o de Pontevedra, encriptado no Negociado de Urbanismo, vai correr mellor sorte a pouco que se someta a debate cidadán. O Concello ten non poucas asignaturas pendentes, unha delas a depuradora das augas sucias. I eso debe quedar previsto no Plan, pero a d´Os Praceres, de conformidade coa doutrina e xurisprudencia do TSXG e do Tribunal Supremo de Madrid, non vale, é presuntamente ilegal. Estanse dictando non poucas sentencias sobre o particular, algo que este Concello non quixo prever, pensada a Edar actual como ramo de loureiro do seu demencial plan de saneamento que contribúe a unha maior contaminación dos fondos mariños. A Edar atentaría contra o Raminp –que algús din que en Pontevedra non está en vigor— e contra a Lei de Costas. O caos, o crecente caos que vimos denunciando dende hai máis de oito anos, pode chegar a extremos insospeitados. Mentres, a cidade está a perder moitos dos seus signos de identidade.

No hay comentarios: