martes, 25 de septiembre de 2007

A BURLA NEGRA [7.12.2002]



galipote nos cantís, de Xesús López, traballo informático

Pontevedra, 25.9.2002

Este é outro dos traballos feitos no 2002, o ano do Prestige. Coméntase por si sóo. En mala hora se lle ocurra ó pecio que está no fondo do banco galego espertar bradante, porque algo sí sigue botando, aínda que sóo sexa pra que os políticos engorden o seu discurso. Sigue o artículo:

A BURLA NEGRA [7.12.2002],
por Xesús López Fernández

E, como estaba previsto, a vaga de fuel chegou e entrou nas Rías Baixas. Cercáronnos as ondas que negras son, poderíamos decir agora nas illas Cíes, en Ons e Onsela, en Sálvora. Ecosistemas destroídos a pesar do esforzo mariñán, da arela nacida a consecuencia da que pareceu unha victoria, a da batalla primeira na que os barcos de pesca, os bateeiros, as gamelas, impediran a entrada do petróleo maldito; da cantidade de “peregrinos” chegados doutras terras pra colaboraren na rexeneración dos areales, xentes de toda España, xentes do extranxeiro, miles de homes e mulleres solidarios co noso pobo. O fuel entrou finalmente no santuario das Illas Atlánticas. Dentro da desgracia estáse a producir esa reacción do “capital social”, da sociedade civil que exemplarizadamente está a marca-los deberes ó goberno, a acabar cos seus silencios e medias verdades informativas, ata o punto de que Aznar, que non compareceu en Galicia, fíxose cargo da presidencia do comité de crisis.

Tristemente, o peor aínda pode estar por chegar. E, despois da primeira interpretación dos “fiíños de plastilina” que desaparecían a vinte ou trinta metros do Prestige, sábese que éste emite diariamente antre 30 e 40 toneladas de fuel e que se vai seguir comportando así ó longo de varios anos, o que require un remedio rápido e a colaboración técnica de quen a poida prestar. Agora dí Álvarez Cascos que o accidente do Prestige é o noso “Chernobyl”, algo que tamén oín decir por radio hai uns días a unha señora que alertaba sobre a magnitude do problema, que nesta hora se vai estrando pola costa cantábrica e que toca tamén ó litoral portugués, onde a día 6.12 preparaban as barreiras en Camiña.

As autoridades portuguesas, en todo momento asesoradas e previsoras, avisaban que o peixe do Miño estaba a ser controlado, continuamente analizado. Tamén ese día producíase a noticia de que eran xa 60 praias asturiás e 34 cántabras as manchadas polo fuel, do que 2.000 toneladas están chegando ás costas vascas, a só cen kilómetros da costa francesa. A “marea gaiteira” do día 6 foi un máis dos nosos actos reivindicativos. Entrañable marcha contra a “burla negra” dunha catástrofe mal xestionada, mal comunicada. “Querémo-la Costa da Morte, non a morte da Costa”, decía unha pancarta da manifestación dos nosos artistas, na que se concentraron máis instrumentos que nas tomas de posesión de Fraga, aínda que non tantas gaitas, pero sí uns case 20.000 manifestantes. Esta manifestación e a convocada pola plataforma “Nunca Máis”, tenden a conforma-la necesaria revitalización do noso capital social, a concienciación de que Galicia non pode seguir a ser un país abandonado, un simple viveiro de votos. ¿Qué vai pasar a partir do desastre que estamos a vivir e ó que lle poden quedar anos de “cola”? ¿Qué van face-los nosos mariñeiros sen mar, emigraren? ¿Qué vai acontecer cos sectores que pivotaban sobre a riqueza agora asesinada, industria, turismo? ¿Cómo vai queda-lo Parque das Illas Atlánticas? Hai uns días propoñía un humorista que, pra ver de consegui-la colaboración do exército, sería bó alugar a un par de musulmáns que, cunha zodiac, arribaran á illa de Sálvora. Inmediatamente lle habían dá-la importancia do illote Perejil.

E por fin hai números do Exército e da Mariña colaborando nos traballos. A Unión Europea –os Quince— aprobou a prohibición dos buques monocasco tras horas de debate. O goberno parece acepta-los seus deberes á par coa sociedade civil... Cando os mariñeiros falaban de que estaba ameazado o mar dos seus fillos --berro unánime das xentes do mar-- estaban a faceren unha defensa a ultranza do conservacionismo necesario, da sostibilidade que pode quebrar aquí como consecuencia da vaga negra, da burla negra do “Prestige” e dos comunicadores políticos da traxedia. O positivo nesta situación foi a toma de conciencia cidadá, a reconstrucción do capital social insistentemente reclamada, o protagonismo das nosas xentes.

No hay comentarios: