As normas que non van, que representan unha fractura real coa oralidade, que foi a que mantivo viva a lingua deste país. Coido que a RAG carece xa de valor e, como teño dito moitas veces, prá saúde do idioma, sería mellor a súa disolución. Dibuxo do autor.
Pontevedra, 18.9.2001,
Sigo na onda da lingua, voz no deserto, neste blog rabiosamente independente no que vou seguir tentando censurar o que entendo de razón. Se espíritos como o de Alonso Montero ou Franco Grande denunciaron o acoso ó idioma, proclamaron que non era de recibo que á RAG lles impuxeran unhas normas como finalmente aconteceu , non por eso a súa postura cristalizou nunha verdadeira resistencia, porque o pobo non participa nestos debates.
O que dí Alonso Montero en relación coa posible renovación das normas [téñase en conta que as últimas eran do 1982, malas] que el era francés, tendo en conta que en Francia non lle tocaron ás normas dende hai máis de cen anos, é algo moi a ter en conta. Aquí parece que saímos a rectificación por ano. Ese é o acelerador que está a findar coa lingua. Por desgracia, as cousas non saíron como un esperaba porque temos unha RAG hipotecada, sometida ós do Diktat, que aínda que non daquela, acabarían por embucha-las ordes que lles pasaban. Especialmente críticos foron Calaza e Xesús Ferro Ruibal, que escribeu unha serie de artículos esclarecedores, en contra das normas que finalmente e coa colaboración de Xosé Ramón Barreiro acabarían por campar.
O que dí Alonso Montero en relación coa posible renovación das normas [téñase en conta que as últimas eran do 1982, malas] que el era francés, tendo en conta que en Francia non lle tocaron ás normas dende hai máis de cen anos, é algo moi a ter en conta. Aquí parece que saímos a rectificación por ano. Ese é o acelerador que está a findar coa lingua. Por desgracia, as cousas non saíron como un esperaba porque temos unha RAG hipotecada, sometida ós do Diktat, que aínda que non daquela, acabarían por embucha-las ordes que lles pasaban. Especialmente críticos foron Calaza e Xesús Ferro Ruibal, que escribeu unha serie de artículos esclarecedores, en contra das normas que finalmente e coa colaboración de Xosé Ramón Barreiro acabarían por campar.
A NORMA CUESTIONADA [10.11.2001] por Xesús López Fernández
Dende as Normas ortográficas do 1.982 non se acadou aínda a súa desexable aceptación polo común dos cidadáns. Caso de teren considerado a fala mantida viva en vilas e aldeas, a fala como actitude ou forma de preconciencia, sen traicionala, e como corpus a normativizar, hoxe estariamos cecáis máis en harmonía. Pero coido somos moitos os que vémo-lo idioma como descapitalizado, privado de moitas das súas palabras, a consecuencia da lingoaxe utilizada como conducta diferenciadora por algús dos seus estudiosos. A obrigatoriedade das normas molestou a uns por sabelas divorciadas do idioma vivo; outros traicionáronas no seu maxisterio por creeren necesario achegárense máis e máis ó portugués. Pero a defensa da língua debe centrarse na súa independencia. ¿Que é parecida ó castelán e ó portugués?. Sí, pero distinta. Eso é o que hai que comprender: a língua como identidade.
Pouco antes das elecciós falárase dunha nova “normativa de concordia”, noticia xa comentada aquí, que debería ser aprobada na sesión do 27-O pola Academia Galega. Houbo debate, sí, que sigue porque non houbo quorum, parece que considerando a trascendencia política da súa aprobación. E novamente Alonso Montero diría a frase serea. El, que días atrás e como outros académicos, non sabía do texto da “normativa de concordia”, comentaría que os franceses levaban máis de cen anos sen modifica-las normas ortográficas polas que se rexe o seu idioma e que el, no tocante ás modificaciós, “era francés”. Lembremos outra afirmación súa, tamén recente, no sentido de que hoxe se fala máis de galego, pero menos galego. E o pobo pode comprender, incluso, que dende moitos púlpitos están e falarlle nunha língua que non conoce, que xa non é a vella língua do país.
¿Pódese dar ós resultados do 21-O unha lectura de defensa da nosa identidade, fala incluída?. Un artículo de Juan José R. Calaza (La RAG, los lusistas y la voluntad popular, La Voz de Galicia, 8.11.2001), con varios rexistros de lectura, apunta tamén nesa dirección e avisa á Academia Galega “pra que non acepte nengún Diktat que baixo o pretexto de concordia lingüísitica nos leve a un sometemento cultural lusista”. Que a RAG non se desvincalle do sentir expresado pola inmensa maioría dos galegos nas pasadas elecciós, dí. E aconsella, por RAG interposta, deixa-los panos quentes e non furta-la molesta sensación que producen as posiciós dos grupos sectarios que tentan magnifica-la deriva do idioma cara unha ortografía caduca. No remate do traballo avisa Calaza que na actitude deses grupos non deben ve-los portugueses os síntomas dunha próxima secesión lingüística, senon a continuación da pallasada dos herdeiros galegos do camisa azul Rolao Preto –1934-en relación co acrecemento do Imperio. Moi forte. Lembremos novamente a Saramago: “Unha cousa é o galego, outra o portugués”, lección esquecida por moitos.
Ó día seguinte e no mesmo xornal Tucho Calvo, indignado, daba resposta ó traballo de Calaza, insistindo na bondade da “normativa de concordia”, coa que o home se solidariza, elaborada por boa parte “dos máximos especialistas galegos do idioma”, de diversas tendencias políticas e correntes lingüísticas. E non entendo que o preanuncio de que se estaba traballando nesa normativa poida merece-lo calificativo de indiscreción, que o autor pergunta se non sería unha maniobra en contra do proiecto que estaba reservado como “unha ofrenda á Real Academia”. O artículo é longo e habería que cuestionar algunhas das súas afirmaciós. Coido dificilmente admisible que se defenda o labor anónimo dun grupo de especialistas destinado a ser como un agasallo prá RAG e que ésta, sen case debatilo, no-lo ofreza e a Administración o asuma e impoña. Preferiría que traballasen os propios académicos e que o espírito do P. Sarmiento lles dera a necesaria luz prá fixación dunhas normas ó servicio da fala, non pra lexitimaren actitudes sectarizadoras, como diría Calaza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario