Pontevedra, 24.9.2002
Este que ven agora é outro dos traballos feitos con motivo do Cumio Mundial de Johannesburgo, ano 2002. Defínese como un fracaso porque a actitude dos Estados Unidos de se pregar ante o compromiso de Kyoto, non prosperou e, como definiron algús, os norteamericáns van seguir coa guerra [ecolóxica] declarada ó planeta.
Como manifestou daquela Pavel Fischer, da República Checa, "vai ser difícil explica-lo acordo; houbo compromisos dolorosos". Mellor, leé-lo artículo.
Como manifestou daquela Pavel Fischer, da República Checa, "vai ser difícil explica-lo acordo; houbo compromisos dolorosos". Mellor, leé-lo artículo.
Johannesburgo, fracaso [7.9.2002]
por Xesús López Fernández
Acabouse o Cumio da Terra de Johannesburgo co resultado xa sabido: que a ONU carece de forza moral pra conseguir que os estados todos se poñan dacordo pra se comprometeren na salvación do planeta. Lembro agora unhas palabras de Helmut Schmidt –A autoafirmación de Europa— sobre o papel da ONU, no sentido de que “toda-las experiencias das últimas décadas indican como pouco probable que os esforzos das Nacións Unidas poidan impedir máis guerras das habidas ata o momento e solucionar pola vía pacífica os conflictos latentes”. Digo ésto cando os EE.UU. están a anuncia-lo seu ataque a Irak e a buscaren apoios doutros membros do club, como que tamén a súa teima en non mingoa-la emisión de gases de efecto invernadeiro é, en certo sentido, unha guerra total ó planeta. Menos mal que China e Canadá ratificaron o protocolo de Kyoto e Rusia anunciou que tamén o vai facer.
Tamén é sabido que Collin Powel, varias veces abucheado, interrumpido o seu discurso polos representantes das “oenegués” que participaron no foro, marchou pola porta de atrás protexido por vinte escoltas. O seu discurso, a mensaxe de Bush, sirveu pra frustra-los esforzos dos que acodiron a Johannesburgo de boa fe. Tamén agora se conoce, gracias a Greenpeace, a presión da industria petroleira americá sobre Bush. Greenpeace mostrou unha carta do grupo de presión, de data 2.8.2002, que despois do aviso inicial de Johannesburgo como escenario de mediocres sigue:”A túa presencia só axudaría a dar máis publicidade e faría máis creíble as axendas de varios anti-libertade, anti-xente, anti-globalización e anti-Oeste (....) Apoiamos con forza a túa negativa a asinar novos tratados de tipo internacional sobre o medio ambiente. O tema mundial menos importante é o potencial cambio climático e agardamos que os teus negociadores o poidan manter lonxe da mesa.”
O dito por Kofi Annan de que “non se poden agardar miragres en cumios como éste, pero dende logo non foi nengún fracaso. É un comezo, un comezo moi importante”, difire do afirmado polo representante da presidencia da UE, o danés Anders Fogh, no sentido de que “non podemos estar contentos con todo o acordado”, ou do manifestado por Pavel Fischer, da República Checa, que “non vai ser fácil explica-lo acordo; houbo compromisos dolorosos”, porque a Unión Europea non estaba conforme co proiecto de declaración final, ata o punto de que os seus compromisarios sinalaron que éste podería se-lo último cumio xigante pra veren de resolver problemas que nos afectan a todos. E numerosos países de África, Asia e Latinoamérica mostraron a súa decepción. Os resultados coinciden lamentablemente coas previsións de moitos analistas, que nalgún caso falaban da inutilidade da ONU nestas cuestións, nas que mandan os intereses privados, ata o punto de que moitas veces os políticos asumen cínicamente o deterioro medioambiental que a sociedade denuncia.
En definitiva, os grandes retos permanecen. Sen compromiso prá apertura do mercado dos países industrializados ós productos do Sur; sen novos acordos pra destinaren fondos de cooperación ó desenvolvemento; sen obxectivos concretos prá reducción da probeza, pódese apuntar como avance o compromiso a reducir á mitade os 1.200 millóns de persoas que non dispoñen de auga potable pró ano 2010, e os 2.400 millóns faltos de infraestructuras de saneamento, como tamén a intención de recupera-los caladoiros daquí ó 2015. En fin, un programa de intencións que non convence a nadie. A natureza ten un límite. I é o home o que a está agotando. A estas alturas da evolución do “homo sapiens” non debería ser necesario descobri-lo desenvolvemento sostible. Moitas xentes, que vivían no marco dunha economía de subsistencia, primaria, facían máis pola vida do planeta que as residentes en países industrializados, que moitas veces acabaron cos paraísos das outras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario