domingo, 23 de septiembre de 2007

"ECOLÓXICAS" DA PASADA SEMÁA, 24.9.2007

Nota.- A degradación ambiental. Traballo informático de Xesús López.

Pontevedra, 24.9.2007

Artículo que hoxe aparecerá en diversos medios. Algunhas das causas aludidas foron xa tratadas no blog, como a noticia do bestseller que imaxina unha Terra sen homes, do que están recollidas un par de crónicas de distintos medios. En relación coa denuncia de Salvemos Pontevedra ante o Fiscal de Medio Ambiente, a noticia oficial completa tamén está incluída no blog. Buscádea porque non ten desperdicio.

E finalmente o tema de Reganosa en Mugardos, coa denuncia suscrita por diversos políticos i escritores que rachan cos compromisos do Bloque nese asunto concreto, deberemos decir que é triste que demoraran tanto en se posicionaren en asuntos como éste ou como o da Cidade da Cultura.

A denuncia de Salvemos Pontevedra non é de menor calado, pero este colectivo vai pola vía da denuncia xudicial que se supón é a que pode funcionar. Pode ser menos rentable políticamente, pero o colectivo non está na vía da bulla das manifestaciós e pancarteira, senón no camiño do traballo serio e continuado, do exercicio da acción cidadá cando as Administraciós fan deixadeza de funciós.

“Ecolóxicas” da pasada semáa [24.9.2007],

por Xesús López Fernández

Existe como unha aceleración informativa en relación coa evidencia de que as cousas van mal coa Terra, camiño dun precipicio certo. Cada vez é máis urxente a toma de medidas eficaces, pero eso parece imposible se o poder non se arroupa de ética e conciencia ecolóxicas. E xa non é só Al Gore o que avisa. Outras voces, tamén voces próximas, denuncian o que está a pasar no noso entorno. Mais comecemos pola nova da película “Tierra”, presentada en San Sebastián, con esceas dramáticas de cómo o quecemento global, o cambio climático, fai progresos que parecen irrefreables. Unha escea presenta a un oso polar que perde o seu soporte, a placa xeada que se desfai. Xa me teño referido a esto hai anos, á circunstancia de que poden verse obrigados a nadar máis de corenta kilómetros pra se poñer a salvo. O momento dramático que viven os innuit, asunto tratado noutro traballo recén, como tamén o feito de seren as xentes máis contaminadas por mercurio, sendo Qaanaaq, en Groenlandia, unha das grandes víctimas da presencia global do metal [12.06.2006].

Nunha entrevista a Michael Oppenheimmer [El Mundo, 23.09.2007], o home avisa de que se vivise en España estaría moi preocupado polos previsibles efectos do cambio climático. E ós que que pensan que o quecemento do planeta non ten importancia, el contesta con rotundidade, no sentido de que non lle preocupa que pensen, que el o único que leva feito é recoller datos, seguir cada sinal e intentar interpretalas. I esos avisos falan de que camiñamos celéricamente cara o precipicio climático, pero as preocupaciós non se vencen co medo, senón coa información. I esa é a súa intención: facer chega-la ciencia ás xentes e axudar a resolve-lo problema, transmitindo urxencia i esixindo acciós concretas ós políticos. Oppenheimmer acaba de presenta-la “Evidencia Científica” na ONU, a tempo pró Cumio Mundial que reúne este luns a representantes de 150 países. Recomenda, no caso de España, un cambio na cultura da auga. Di que teremos veráns cada vez máis cálidos e que unha sobida de 3 grados vai desencadea-la desaparición do 30% das especies.

Oppenheimmer tamén alerta de que, como pasou co Katrina, con 300000 refuxiados climáticos, non estamos preparados pra afronta-las grandes catástrofes xeradas pola propia natureza. O home, ¿culpable? Naturalmente. E Alan Weisman, nun libro que é bestseller nos EEUU, analiza un posible futuro da Terra, sen homes. Como o home volveuse incómodo prá Terra, a súa desaparición sería positiva pró planeta, que tardaría en se recuperar posiblemente centos de miles de anos. A actitude necia dáse tamén en Galicia e deso falaba Javier Guitián, profesor de Botánica, hai poucos días en La Voz de Galicia, recollendo a nova de que algús científicos son partidarios de se posicionar contra certos proiectos e que na nosa terra existen non poucas realizaciós que non resistirían un estudio de impacto ambiental independente. Incisivo, denuncia a perda de biodiversidade forestal e invita ó lector a dar unha volta e ser testigo do feito nalgús espacios desgarrados, como o Caurel.

Antre os denunciantes parecen estare agora Beiras e Camilo Nogueira, que rachan coa postura do Bloque de apoio a Reganosa, e que con Manuel Rivas, Méndez Ferrín, Díaz Pardo e Ramonet, solicitan o seu traslado, como o Comité Cidadán. E non quero deixar fóra deste traballo a noticia da petición de Salvemos Pontevedra ante o Fiscal de Medio Ambiente pra que interveña en asunto hai tempo denunciado: as obras levadas a cabo na Telleira, en Noalla, e outras actuaciós con presunción de ilegalidade. Téñase presente que é zona integrada no espacio natural protexido “complexo Ons-O Grove”, incluído na proposta galega de Lugares de Interese Comunitario REDE Natura 2000 (LIC), ZEPA e Humedal protexido Complexo Intermareal Umia-O Grove (Convenio RAMSAR). A asociación solicita a reposición da legalidade e a devolución dos fondos de cohesión indebidamente invertidos alí.

No hay comentarios: