Pontevedra, 21.9.2007.
Vai comeza-lo outono. Mais que pensar nun novo traballo prefiro recuperar, desta volta, o que vai a continuación, escrito a raiz dunha viaxe a San Pedro de Rocas, no concello de Esgos, Ourense. Vale a pena ir alá. I estos días o tempo invita a viaxar, a nos perder na Galicia profunda, espectacular na Ribeira Sacra coa castañada a punto de comezar ou dentro dunhas semás, cando as follas das vides vaian tornando do verde ó mourado, todo un festival de color e sereidade.
NA SEREIDADE DO OUTONO [8.9.2001],
por Xesús López Fernández
Vai comeza-lo outono. Mais que pensar nun novo traballo prefiro recuperar, desta volta, o que vai a continuación, escrito a raiz dunha viaxe a San Pedro de Rocas, no concello de Esgos, Ourense. Vale a pena ir alá. I estos días o tempo invita a viaxar, a nos perder na Galicia profunda, espectacular na Ribeira Sacra coa castañada a punto de comezar ou dentro dunhas semás, cando as follas das vides vaian tornando do verde ó mourado, todo un festival de color e sereidade.
NA SEREIDADE DO OUTONO [8.9.2001],
por Xesús López Fernández
Xa comezan a pintar de roxo, de vermello, as cepas de Virxinia. En poucas semás non han saber doutra color, antes de perde-la folla. Xa os castiñeiros –polo menos na nosa zona— están a entregaren as primeiras castañas. Nas parras, as uvas están case en sazón. Os freixos que primeiro agromaron aparecen agora dourados. Son os primeiros pasos dun outono no que me propuxen renovar unha viaxe recentemente feita, nos calores de agosto, á Ribeira Sacra ourensá, con visita daquela ó cenobio de San Pedro de Rocas –ou Rochas--, cun corto recorrido en catamarán polo cañón do Sil, con visita a Castro Caldelas e ó seu castelo e, como fin de circuíto, unha lección “in situ” sobre o que foi o mosteiro de Montederramo, do que se tenta restaura-lo magnífico retablo. Pero gran parte das que foron as súas dependencias son hoxe propiedade particular: unha panadería, un bar. Un claustro foi convertido en colexio oficial. --Galicia, como dí Hipólito de Sáa, non gañou coa exclaustración--.
Nun documento asinado en Allariz o 27 de agosto do 1.124 –ano da fundación de Montederramo por dona Tereixa de Portugal— faise a denominación daquel espacio como Ribeira Sacra –Rivoira Sacrata--, pola proliferación de cenobios e mosteiros, románicos na súa maioría, cuios monxes roturaron, prantaron e cultivaron as viñas e fixeron florecer cultural i económicamente a bisbarra. Citaremos San Estevo de Ribas do Sil –que a Xunta está a transformar en gran parador rural--, o eremitorio de San Pedro de Rocas, Xunqueira de Espadañedo e Santa Cristina, en Parada de Sil, un cenobio oculto por un mar de verdor. O souto progresou e impide ver, neste momento, incluso a torre que se conserva na zona norte. Dos conventos da Ribeira Sacra só permanece vivo o de Santa María de Ferreira de Pantón, en Lugo, do século XII. Unha tía miña foi monxa bernarda precisamente nese convento, ata a súa morte, aínda nova. E o meu pai era da terra de Sober, a dos viños de Amandi, parece que xa catados e gabados polos románs.
As orixes de San Pedro de Rocas remóntanse ó século VI. É posiblemente, a igrexa rupestre máis antiga de que se ten noticia. Suponse que os seus fundadores foron sete varóns que alí atoparon acobillo pra se dedicaren á oración. Ensancharon as grutas. O habitáculo presentábase aberto e converxía cara un claustro que era tamén cimiterio, según consta polas tumbas antropoides que circundan a capela. Eran os tempos difíciles de San Martiño de Braga, o evanxelizador dos suevos. O convento sería posteriormente abandonado ata que no século IX, un persoaxe lexendario, Geomodus, descobre o cenobio e dálle nova vida, organizando unha escola e sendo o primeiro abade dunha comunidade benedictina. Vale a pena achegarse ó lugar, e á fonte que alí existe. Chamoume tamén a atención o bosco de coníferas que se albisca antes de chegar ó convento.
Hai cousa de quince anos conocín a un enxeñeiro norteamericán que estivo en terras de Ourense a dirixi-la prantación de abetos de Oregón –pseudotsuga de Douglas--. O home falabame das posibilidades daquelas terras. Pensei se o bosco de San Pedro non tería algo que ver co seu traballo. Pode que sí, porque perguntei ó concello de Esgos --onde está San Pedro de Rocas— polo nome da especie alí prantada. Concretáronme que hai presencia, naquel espacio, de: abeto de Oregón, abeto roxo, pino pinaster, e alerce europeo, que recorde, unha forma sabia de poñe-lo monte en valor, coido que unha visita que deben face-los representantes das comunidades de montes que se preocupen pola súa propiedade. Hei volver alá, ver aquelo máis en detalle, e tamén ó cañón do Sil, pra ver se os castiñeiros deixan ver Santa Cristina, pra percibi-lo cambio de color da súa exuberante vexetación, ou cómo as vides se poñen mouradas nos socalcos nos que o mencía debe estar case maduro. Aínda non é outono, pero os cambios de color apuntan que pouco falta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario