Nota. A nova Torre de Babel. Así nos vai por querer chegar ás estrelas. Dibuxo informático de Xesús López.
Pontevedra, 23.9.2007
Este que sigue é un dos traballos que, no ano 2002, escribín en relación co Cumio da Terra, en Johannesburgo. Nel terán participado, como sempre, voces críticas á par que os protagonistas que queren inserir ó planeta un estertor que moitos levamos percibindo de hai tempo. Moitas desas xentes, políticos con mando, son verdadeiros criminales á luz dos conocementos que se van acumulando. ¿Terá a sociedade global a posibilidade de lles montar algún día un novo Nuremberg polos seus crimes de lesa natureza?. Sigue o traballo, publicado no seu día en varios medios.
Este que sigue é un dos traballos que, no ano 2002, escribín en relación co Cumio da Terra, en Johannesburgo. Nel terán participado, como sempre, voces críticas á par que os protagonistas que queren inserir ó planeta un estertor que moitos levamos percibindo de hai tempo. Moitas desas xentes, políticos con mando, son verdadeiros criminales á luz dos conocementos que se van acumulando. ¿Terá a sociedade global a posibilidade de lles montar algún día un novo Nuremberg polos seus crimes de lesa natureza?. Sigue o traballo, publicado no seu día en varios medios.
HORAS DECISIVAS [24.8.2002]
por Xesús López Fernández
Comeza o Cumio da Terra en Johannesburgo, ó que xa nos referíamos no traballo do pasado luns. A sostibilidade, unha vez máis, está en xogo, algo que non podemos esquecer porque todos somos culpables do que está a acontecer en calquera dos continentes ou a nivel local: desenvolvemento sostible, cidades sostibles. A natureza volveuse despiadada e como consecuencia do temporal de chuvias están a sofrir Austria e a República Checa, Eslovenia e Hungría, Alemania, aínda ameazada. Cando esto escribo –23.8— os chinos temen que o Yangtsé poida converterse novamente en vector de morte, e no entorno do Lago Dongting, que perde auga por 46 puntos, foron evacuadas 3.200 persoas, esfórzanse 15.000 soldados e 100.000 membros das milicias mentres que 900.000 traballadores vixían os diques, temerosos de que se reproduza a catástrofe do 1998, 4.000 mortos e 696.000 evacuados.
Pola contra, noutros países é a sequía a causa principal da miseria existente. Tamén a Arxentina vai camiño da autodestrucción, moitos habitantes a viviren no umbral da probeza. Os malos gobernos sucesivos e a corrupción política, son neste caso a causa primeira da ruína do país, por outra banda enormemente rico. Desconocemos qué recetas van sair da xuntanza de Johannesburgo pra un caso como o arxentino. En Sudáfrica estarán reunidos representantes de máis de 200 estados, dispostos a buscar posibles solucións no camiño de acadar ese arelado desenvolvemento duradeiro e de lle poñer cancelas ó cambio climático orixinado con toda a seguridade pola actividade dos homes. Pero a sensibilidade que nestos momentos poida existir en Europa non se dá nos Estados Unidos, onde o presidente George Bush propuxo o pasado xoves unha maior corta de árbores, “porque a menor densidade forestal faría menos devastadores os incendios”.
A medida proposta por Bush foi anunciada durante unha visita ó estado de Oregón, un dos máis afectados. Os ecoloxistas, naturalmente, miran máis alá e afirman que as autoridades “van usa-la traxedia emocional dos incendios pra conseguiren algo que o público non apoiaría: aumenta-la tala nas nosas terras públicas”, cortaren as árbores máis vellas, cobizadas pola industria madeireira. Mentres, aquí –como todo-los anos--, seguen ardendo os montes e a prensa do 23.8 recollía a noticia dun incendio en San Benito e Moreiras, nos concellos ourensaos de Barbadás e Toén, de máis de 500 hectáreas. Provocado. Provocado como case todos, pode que porque non se estea a repoboar na correcta dirección. E somos moitos os que creemos que se podería progresar máis no esclarecemento de tanta animalada. Pero volvendo á actitude un tanto cínica de Bush, o home lembra a un certo profesor de Dereito que tiña a solución prós accidentes de ferrocarril causados polo vagón de cola. Propoñía a supresión do dito vagón, algo semellante á idea que acaba de te-lo presidente americán. Mentres, o goberno do Brasil puxo en marcha a creación da maior reserva tropical do mundo, 41 millóns de hectáreas, na Amazonia.
A asociación ecoloxista Greenpeace vai estar presente en Johannesburgo e reclama a creación dun marco xurídico de responsabilidade empresarial por danos causados fóra das xurisdiccións de carácter nacional. Un informe da asociación, “Crímenes Corporativos”, denuncia a impunidade da que dispoñen empresas como Bolidén, que se cargan o medio natural. No informe citan 37 sociedades de ámbito multinacional que teñen cometido danos ó medio ou á saúde, sen teren asumido nen reparado a responsabilidade. Os 37 casos de “crímenes corporativos” abranguen diversos sectores como o químico, o forestal, mineiro, de enxeñería xenética, nuclear e petroleiro en distintas partes do mundo. Greenpeace propón que se cree un instrumento que garantice a indemnización de danos, “porque os acordos voluntarios adoutados nos cumios non están a funcionar”. Nos esperan horas decisivas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario