Pontevedra, 13.9.2007
No Faro de Vigo de onte incluíase a noticia dunhas declaraciós de Teresa Casal, conselleira de Urbanismo en Pontevedra.
Era unha noticia un tanto sesgada, como capada, pero nela apareceu a consideración de que, á fin, a cousa comeza a cambiar. Polo menos que vai cambiar na rúa Padre Luís, actualmente bloqueda polos "mosquerós" e co tema da balaustrada do Museo de fondo, que aínda non se sabe qué vai pasar con ela. De momento está bloqueada incluso a entrada de ambulancias.
A ver qué pasa, porque estou canso de lle explicar ós turistas que aquela vergonza pola que pasamos con frecuencia pode estar pensada pra lle facilitar ós kosovares algún butrón no propio edificio do Museo. Pódense leva-lo tesouro de Caldas.
O urbanismo do Bloque foi o da destrucción, o da ruína total. E Teresa Casal promete a reutilización de materiales porque ve que se está caíndo nun gasto demencial por sustituiren pedras eternas, obras que viñan da época do alcalde Hevia Marinas, que estaban intactas, por outras que xa están degradadas.
Son impotentes pra deseñar un tipo de tapa prás arquetas, integrado no medio urbán, cando terían que volver, por narices, ás tapas de fundición. É posible que algunha das tapas teña sido cambiada ata sete veces. E todo pra salvar un modelo de cidade que morre, convertida a zona vella en meca dos asesinos potenciales do monopatín ou en acobillo de canuteros.
Eso débeno saber eles, pero non lles importa.
Eu pediríalle a Teresa Casal que buscase apoios veciñales certos, ou o voto do PP. E que se decida a liberar espacios actualmente privatizados como a praza da Verdura que o Bloque, co apoio dun arquitecto que fixo unha obra inútil na zona vella [Jesús Asier Fole Osorio], que incluso xogou co tema das subvenciós....; quero decir que o Bloque quixo convertir aquel remanso nunha especie de praza Roxa. Case o consigue. Pero 1.188 asinaturas fixeron posible que reprantaran árbores; pero os bancos aínda non regresaron, a disposición de sabe Deus quén. I esas son cousas que terían de estaren xudicializadas.
En fin. A ver se comezan a suprimi-los mosquerós, remedo do muro de Berlín que Mosquera quixo impoñer á zona vella.

No hay comentarios:
Publicar un comentario