Pontevedra, 5.9.07.
Traballo do pasado ano, con motivo do 40 aniversario da posta en marcha da primeira emisión en lingua galega da nosa Terra, en Radio Pontevedra. Nel quedan explicadas algunhas das situaciós vividas daquela e de forma leve as dificultades coas que nos fomos topando. Deixo constancia do que o artículo describe, dos traballos daquela feitos con certa ilusión. Vexo, non obstante, que o idioma non mellorou e que pode estar mesmo a morrer. O curioso é que aquel noso traballo non soubo nunca de remuneración, pero actualmente hai non poucos momios remunerados mesmo por colaboraren á desfeita da fala.
Van alá 40 anos,[26.2.06]
por Xesús López Fernández
Van alá 40 anos da arrancada dun programa radiofónico en lingua galega, en Radio Pontevedra, colaboración do Ateneo da capital. Despois de 92 semás ininterrumpidas, as emisiós chegarían á súa fin na segunda semá de Decembro do 1967. O programa levara por título ¡Aquí Galiza!, un pouco como contrapunto do ¡Aló, Galiza!, que Xesús Nieto Pena emitira por Radio París e que escoitabamos na miña casa un grupo de amigos. Por algunha parte deben anda-las grabaciós dos dous últimos programas do home, emitidos póstumamente. O caso é que, pouco a pouco, fora prendendo en nós a idea de facer aquí algo semellante. Conversas, xestiós, libros, discos pra escoller unha posible sintonía. Había que atraer colaboraciós pra reparti-lo traballo e ver de ir conformando os distintos espacios: editorial, un tema de cultura ou sociedade, un tempo de poesía, historia, información agrogandeira e o correo dos oíntes. Co tempo mudamos algunha cousa: os dez folios quedarían reducidos a oito, pero incluímos un tempo chamado “unha cantiga na noite”, que o facía máis rico.
O idioma foi un pouco de problema, víctimas, como xa se apuntaba no título, do diferencialismo dos neófitos. Non había normas e quizaves fose mellor así, se tiverámo-la necesaria formación, posto que a posterior evolución da cousa da fala non deixou de mostrar unha crecente asfixia polo diferencialismo imposto dende diversos sectores, asunto que comentaba Xesús Alonso Montero (La Voz de Galicia do 25.2) baixo o título “O Bloque e a Real Academia Galega”. O autor fai unhas puntualizaciós a título persoal e censura as indicaciós aparecidas no Estatuto proposto pola agrupación frontista que, no art. 3, apartado 9, di:”A competencia sobre a fixación da variedade estándar da lingua galega correspóndelle á Real Academia Galega, de acordo cos informes das universidades galegas e das organizacións dinamizadoras do uso público do galego”. O papel da Real Academia Galega aparece minimizado, caricaturizado, secuestrada dende o momento no que tería de estar dacordo cos informes doutras entidades.
¿Comparables a Academia e a Mesa pola Normalización Lingüística?, pergunta Alonso Montero. Non. E un pensa que coas normas últimas, as do Diktatt como acostumo decir, o idioma está a esmorecer aínda máis, ata o punto que un 50% dos galegos falan únicamente castelán según un informe recente. E cito agora unhas palabras do P. Sarmiento incluídas xa nun traballo do 12.1.2002, que veñen ó caso: “Teño observado que as linguas vulgares, que soamente se falan e non se escriben, son case eternas, inmutables, e cada día se aumentan máis, conservando o carácter privativo da lingua. Quero decir que as voces que se aumentan non son extrañas, senon derivadas das mesmas raíces da fala, según as leis e analoxía dela mesma, sen conexión con lingua extraña. Pola contra, a lingua que se escribe, cada día vai perdendo máis as súas voces puras e primitivas, e só se aumenta de voces extrañas i exóticas, que endexamais foron nen serán da lingua”. Sarmiento, profeta.-
Esto é así. É o pobo o forxador da palabra, o creador do idioma que se transmite oralmente. E moitas verbas galegas vivas están a seren eliminadas nos últimos diccionarios. Compre a resistencia social porque o idioma era case milenario cando se creou a Academia e coido que ésta debería ter en conta o lema da Academia Española, o “limpia, fija y da esplendor”. Explícase que no devandito programa, creado hai agora 40 anos, tiveramos a tentación de caer no uso de diferencialismos, limitados cara os últimos programas, porque o esencial era comunicar, non instalarse nunha fala distinta da dos oíntes. Hoxe lémbrome daqueles tempos, en especial de Isidoro Millán González-Pardo, que era o supervisor dos guiós. Que o traballo recaíra finalmente en pouca xente conlevou o seu abandono, a entrega dos traballos feitos con sacrificio ó Ateneo, a posta dos mesmos (uns 850 folios) a disposición dos que quixeran continua-la aventura. Pero non foi posible. Traballos de Ismael Sierra Franco, do enxeñeiro Antelo, de Modesto Rodríguez Figueiredo, e doutros amigos, formaban parte dos mesmos. A min correspondérame un labor diverso, algún editorial, traducciós, presentación dos espacios “tempo de poesía” e “unha cantiga na noite”, ou leva-los traballos á censura, a Información e Turismo, que soamente retirou unha información: a da construcción do encoro de Castrelo do Miño.. Tamén colaboraran de forma animosa Xosé Manuel Brea Vaamonde e Losi Álvarez e, ata o momento final, Xohán Ameixeiras e Leni Rozas, que comezaba decindo, na apertura da emisión: ¡Boas noites, amigos!. Van alá 40 anos. I esto é memoria histórica da defensa do idioma. Por eso nos permitimos disentir, ás veces, de como van as cousas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario