domingo, 9 de septiembre de 2007

SALVA-LA CREACIÓN [10.9.2007]

Nota.- Nesta creación a árbore, con follas que parecen emigrare cara ó ceo, con outras que caen ó chan pra se converteren en humus, quer representa-lo insustituible labor das árbores, que rexeneran a atmósfera, que fecundan a terra. [Dibuxo fractal de Xesús López, ano 1999]

Pontevedra, 10.9.2007Traballo que hoxe aparece en diversos medios, no que se analiza a toma de conciencia do actual Pontífice en materia de medio ambiente e o seu dramático chamamento ós mozos e mozas pra que salven o planete das intenciós do poder que xa non distingue o ben do mal.

Salva-la creación, [10.9.07]
por Xesús López Fernández

Aínda está recén o encontro de Benedicto XVI os días 1 e 2 deste mes en Loreto, perto de Roma, con 500000 xóvenes, unha preparación prá concentración prevista en Australia, Sidney, o próximo 2008. Según a tradición, en Loreto está a casa da Virxe María, onde viveu a Sagrada Familia en Nazaret, e que foi trasladada pedra a pedra ata a súa ubicación actual. A ese marco levou o Santo Padre unha mensaxe de compromiso, un mandato de toma de conciencia pra que a xuventude se implique, con fervor, na salvación da creación, porque está nas súas mans a recuperación do planeta. Animounos na multitudinaria misa celebrada no santuario a coida-lo medio ambiente e a salva-la Terra dun desenvolvemento que, ás veces, vai en contra do sotíl equilibrio da natureza. Na mesma línea, a Conferencia Episcopal italiá tomou a decisión de sinala-lo 1 de setembro como o Día pra Salva-la Creación, algo do que se congratulou o Papa durante a súa intervención. Confía Benedicto XVI que a xuventude vai té-la responsabilidade futura de protexe-lo planeta.

É sabida a línea ecoloxista do Papa que desta volta encomendou ós máis novos tres tareas: A de non ter medo a soñar aínda que a esa mocedade se lle presente actualmente un futuro difícil, case irrealizable pola sobrecarga de inxusticias e sofrimentos. “¿Cómo reaccionar ante o egoismo e a violencia que en ocasiós parecen prevalecer?......Deixen que este serán llo repita: cada un de vós, si está unido a Cristo, pode facer grandes cousas……..[e] non deben ter medo a soñar cos ollos abertos con grandes proiectos de ben, sen desacougárense polas dificultades.” Segunda tarea: Seguir a Cristo por medio do esforzo constante prá edificación dunha sociedade máis xusta e solidaria. “[….] a acción é urxente sen dúbida prá salvagarda da creación”. E recomenda o Pontífice un “decidido sí pra [….] inverti-las tendencias que poden estar a provocaren situaciós de degradación irreversible”.

A terceira das tareas é a de estare atentos ás mensaxes dos medios de comunicación e tamén a de seren críticos. “Vaian contra corrente: non escoiten as voces interesadas ou engaioladoras que hoxe promoven modelos de vida caracterizados pola arrogancia e a violencia, pola prepotencia e o éxito a toda costa […] envilecendo o ser”. E insisteu na recomendación de abandona-lo medo a escolle-lo camiño do amor e un estilo sobrio e solidario, un compromiso serio no estudio e no traballo. “O camiño da homildade non é o resultado dun fracaso, senón o dunha victoria do amor sobre o egísmo e da gracia sobre o pecado”. Algunhas das cuestiós que lle foron prantexadas ó Papa serían analizadas durante a súa visita a Austria, ó santuario de Mariazell, “pra confirmar á xente na fe, porque hoxe temos necesidade de Deus e unha vida sen Deus é unha vida sen orientación”.

A exposición doctrinal e filosófica que durante a visita a Austria fixo o Santo Padre precisaría dun maior espacio de análisis. Digamos, si acaso, que puxo un especial acento á hora de falar do “relativismo que todo relativiza; que o ben e o mal xa non son distinguibles” e, sen ese sentido, incluso a ciencia pode convertirse nun auténtico peligro. E parece que, con esa simple definición se entenden moitas das cousas que están a aconteceren nun planeta que se apaga. Eu perguntaríame se podemos agardar a que os xóvenes que acodiron a Loreto estean formados como grupos de influencia. Con este poder que nos leva ó holocausto é dificil que a nengún dos grupos que se formen lles dean a simple calificación de “axente social”, aínda que teñan capacidade crítica pra censura-los abusos en materia urbanística, a desfeita medioambiental, o abandono permanente das Leis, a neutralización da Xusticia ou a ruína ecolóxica programada. Como estamos nunha democracia rara e despiadada, a crítica de pouco vale e, dende o poder ou os grupos de presión agnósticos, a aposta polo Mal parece rotunda. ¿Cómo salva-la creación? ¿Qué podemos facer
?

No hay comentarios: