Nota. Unha das "perlas" de Fole e Mosquera na zona "restaurada". Escadeiras "asesinas" na praza da Verdura, agora reconvertida en costa "ladeada". ¿É que se lle pode consentir esa obra a un arquitecto? [Foto do autor]
Pontevedra, 10.9.07
Onte á noite fun dar unha volta por algunhas rúas pontevedresas que, a hora aínda ceda, aparecían case sen xente. Na zona vella permanece a involución imposta polo urbanismo talibán do BLOQUE, o de que as prazas poden ser circos de día, o do arraso patrimonial, o da deshumanización que vai eliminando residentes, o da construcción indebida en certos espacios. O crescendo da inseguridade que as autoridades negan pódese ver nas Galerías Oliva, actualmente cerradas toda-las entradas ante a falta continua de autoridade, en evitación da ocupación noitarega por drogadictos, co que eso conleva.
Non souberon restaura-lo casco vello, cuia vida tamén dependía do coche agora prohibido en toda a zona e aínda máis. Por exemplo, a rúa do Chanchullo [nome democrático por excelencia], despois de ser nomeada General Mola [con 60 ou 70 aparcamentos en susperficie] pasou a ser General Gutiérrez Mellado e agora, un cimiterio no lusco-fusco de onte, é conocida xa como Lores de Arabia, por asimilación a Lawrence de Arabia, pero sen confundir, que o noso alcalde acaba de ser acusado de carecer de liderazgo. I é certo.
Nese paseo reparei unha vez máis no mobiliario que estos infradotados na cousa urbanística tentaron impoñer nos accesos ás Palmeiras ou na Michelena, onde a fantasma do edificio do Banco de España permanece como "punto limpio", como a Peregrina, cos contenedores adosados en ambos lugares no que pode sintetiza-lo seu desprecio por certas instituciós. Seguro que non foron "capaces" de atopar outros sitios.
Agora resulta que o equipo de goberno, mellor será deci-lo BNG, comprendeu que a poboación non acepta ese mobiliario, que pasa del, e comezan a investigar se a súa perda de concelleiros non veu por ese lado. ¡Claro!. Por ese e por outros lados; que aínda non restauraron San Bartolomeu, onde permanece como acceso un palco pró botellón ou pra algún posible concerto de música heavy; como tampouco devolveron os bancos da praza da Verdura, desalmada tamén nesa hora do paseo serodino de onte, coa presencia aínda, sí, dalgún grupo de canuteros, algo que a policía podería investigar, e no que a praza privatizada se está a especializar.
Pero neste momento, cando xa case van os cen días de gobernación, o equipo de goberno parece estar ausente, coa cidade desgarrada polas obras anteriores ou polas que deixaron comezadas, que algún día deberán explicar, confío en que pola vía xudicial.
Mentres siguen impoñendo unidireccionalismo por todas partes, en Pontevedra case non se pode entrar. Ós mosquerós de La Corredra [Cobián Roffiñac] sucederon outros en Joaquín Costa ou na Glorieta de Concepción Arenal; despois en Padre Luís, onde non se deciden, porque non saben facelo, a cargarse a balaustrada do Museo. O alí feito é de auténtico horror e non me queda outra explicación prós turistas que perguntan por esa doudice que pode que sexa pra lle dar facilidades a algunha banda rumá ou de álbanokosovares, pra que vaian preparando o butrón co que se levarían o tesouro de Caldas depositado no Museo de Pontevedra.
Mentres algo vai estoupar en relación coas actuaciós sobre o sistema río-ría do que algús din que é xa irrecuperable, estos siguen encirrados en non resolve-las cousas. A súa complicidade en tramas, mesmo a súa organización da renuncia ó dominio público marítimo terrestre, é algo que está moi claro. Queren leva-la súa ignorancia ó límite, facéndonos ós demáis ignorantes e ninguneando ós verdadeiros axentes sociales ó tempo que dan cancha, soamente, ás asociaciós por eles subvencionadas: Castelao, Asociación de Comercio Zona Monumental, e outras.
Como proba do fracaso da mal chamada restauración da zona vella, paseen as rúas nas que se mostran tapas de arquetas de pedra. Algunha delas puido ser cambiada xa unhas sete veces, outras permanecen escachifadas dende hai máis dun ano. E non vai haber solución mentres non se opte polas tapas de fundición tradicionales.
Os residentes da zona vella estamos cada vez máis sós, excepto cando convirten as prazas en circo e chegan os da demasía decibélica ou os grupos que todo emporcan pra acabaren co noso descanso e paz, por mandato deles. Métanse na zona vella e sexan críticos, por favor.

No hay comentarios:
Publicar un comentario