Coa ría degradada polos vertidos industriales e as augas residuales da poboación, non pode haber turismo de excelencia, amén de coas actuaciós urbanísticas desgraciadas mantidas ó longo dos oito últimos anos. Déronlle protagonismo como axentes sociales ós que non teñen nada de tales.
Pontevedra, 17.9.07
Cando ardeu a fábrica de Tradepana, S.A., daquela nadie falou en representación da empresa. Desta volta, en relación coa sentencia, tampouco compareceu nengún portavoz. Surís, o presidente da Autoridade Portuaria, que hai pouco tempo fixo unhas declaraciós falaces, a raiz da sentencia do Tribunal Supremo sobre a ilegalidade do paso a nivel pola praza d´Os Praceres, desta volta mantívose calado como un peto. Só falou o alcalde de Marín, Veiga, cando o Concello é parte demandada; codemandadas a Autoridade Portuaria e Tradepana España, S.A., que no momento da evacuación de probas foi a única que alegou, fuxindo ou eso parece daquel momento procesal tanto o Axuntamento com a Autoridade Portuaria. Se o concello vai alegar en casación, estando esta vía excluída na sentencia dictada polo TSXG, o señor Veiga saberá o que fai. Agora, a sentencia é contra a empresa, que podería ir contra o Concello de Marín en demanda da oportuna indemnización, deixándoo endebedado pra de por vida. O traballo que sigue é unha referencia ó permanente abandono de funciós por parte da Administración ante os problemas ambientales, dos que falan por mera propaganda.

Axente social e medio ambiente, [17.9.07]
por Xesús López Fernández
Mais que defini-la figura do axente social, calificativo que, como un traxe, se adxudican os sindicatos e certos grupos ou colectivos de empresas, imos procurar chegar ó encontro con esa figura que, ás veces, está lonxe do organigrama oficial. Dende o poder e moitas veces, pra xustificaren actuaciós urbanísticas bárbaras, válense de asociaciós sen apenas presencia, grupúsculos con capacidade pra xerar un mero anuncio de apoio, o que pode facer calquer cidadán por medio dunha simple carta aberta. Pero o que é cinguirse ó espírito da Lei, actuar como factor crítico, capaz incluso de xudicializar certas demandas, é algo que non sempre se dá a pesar de nos estar recomendado pola propia Constitución. O poder comete abusos. E aí temos que estar nós pra face-lo posible por “salva-la creación”, título do meu traballo do 10.9, no que perguntaba pra cando se lle outorgaría o título de “axente social” a algún dos colectivos comprometidos con Benedicto XVI en Loreto, na arrancada do mes.
Estos días anda nos medios un anuncio a toda plana do Goberno de España/Ministerio de Medio Ambiente, marketing publicitario, coa aparente mensaxe de nos concienciar sobre a necesidade dun comportamento responsable coa natureza. “Total por un bidón,… por un vertido máis,… por unha botella,… por un apartamento,… por un pouco de aceite,… por un plástico… Case 10000 tn de residuos cotiás ós nosos mares. Consecuencias: desaparición de especies, contaminación de organismos que son parte da nosa dieta, contribuíndo ó actual e progresivo deterioro ambiental. Vasuras, pinturas, vertidos […] de urbes e industrias, agrícolas, que están a acabare co medio mariño. En todos está inverti-lo proceso”. Como anuncio está ben, pero queda corto cando son conocidos escándalos próximos nos que ese mesmo Ministerio non actúa de oficio pra inverti-lo proceso de degradación do que falan. Pero existe un papanatismo xeneralizado do que non é proba menor o feito de que a UIMP suspenda un curso sobre o estado das rías por falta de alumnos.
Non hai moitos días que, en relación coas agresiós sobre a nosa ría e o consecuente cambio da dinámica das mareas, alguén decía que a ría de Pontevedra se atopaba nun proceso de deterioro irreversible. I é que os políticos parecen té-la mente cerrada a un cambio de perspectiva sobre Marín e Pontevedra, sobre a ría toda. No anuncio do Ministerio non se fala dos necesarios estudios de impacto ambiental ou de que, xa no 95, sancionaban como non viable un recheo no porto de Marín de 90000 mt2. Pero despois veu o que veu: a teima de xerar solares pra empresas que non teñen que ver co mar a costa da propia ría, decote coa pesca máis esquilmada e co marisco en fase de desaparición. E o Ministerio sen se enterar. A golpe de recheos e cargas de dinamita quérese construir un porto inviable, pero non aparece nengún axente social denunciador das actuaciós da propia Administración, a non se-la Plataforma Defensora da Praza dos Praceres e outros grupos que coa xudicialización das súas demandas poden ir gañando algunha batalla.
Ós de Praceres cómprelles o calificativo de axente social. E ás dúas sentencias conocidas súmase agora outra do TSXG en relación con Tradepana España. Clara e rotunda, nela se decreta a “demolición das obras realizadas”. A sentencia debía ser conocida xa polos concellos actores, pero é curioso que o venres 14, ó día seguinte da información dada polo colectivo d´Os Praceres, reuníronse prá foto Surís, o alcalde de Marín, e Carmen Gallego, que volve facer promesas vácuas. No relato dos antecedentes do procedemento xudicial, no apartado 3º díse que, concluso o periodo de proba, citáda-las partes, só compareceu “Tradepana España, S.A.”. Pero na escea da fotografía o alcalde Veiga dí que van recurrir [o concello de Marín] en casación, recurso que a sentencia exclúe. Telumbran os da Plataforma que con ésta pode comezar unha especie de efecto dominó, necesario se queremos recupera-lo litoral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario