domingo, 30 de septiembre de 2007

ATENTOS, ANUNCIAN REHABILITACIÓN

Rúa do P. Luís. Foto tomada o 25.1.2007. Este era un dos espacios onde os residentes aínda podían aparcar. No momento da foto, xa difícilmente o podían facer. Actualmente, a zona está bloqueda con mosquerós, pra que nadie estacione o seu coche. A ver de qué vai a rehabilitación, a quén lle pode interesar permanecer na zona sen aparcamentos, aspecto que tamén deberán atender.

Atentos, anuncian rehabilitación [1.10.2007],
por Xesús López Fernández

Dende as pasadas elecciós de Maio, tempo no que a cidade estaba patas arriba, a cousa parece que sigue igual. O equipo de goberno sigue coa teima de rematar obras contestadas, concebidas pra un maior bloqueo da cidade. A parálisis apreciada, antre outras, nas obras de Padre Luís e Laranxo, no entorno do Museo, é un puro insulto. Obra comezada hai máis dun ano non parece pensada pra mellora-la accesibilidade da que o goberno local fala e incluso lle premian, senón todo o contrario, coa presencia reiterada de mosquerós e tapas-trampa de arquetas, peligros pra invidentes e discapacitados. Ó longo de xornadas sen fin andivo por alí o persoal buscando non séi qué niveles pra configura-la nova gran rampa do Museo [a beneficio sobre todo de patinadores] á par que se levarían por dediante a balaustrada. Estos días parece aquelo un decorado de guerra. E non séi se o PSOE, que agora vai levar Urbanismo, terá vontade de remedia-la desfeita, mesmo de restaurar outros espacios ou elimina-lo peligro dos mosquerós: na Costa do Rouco, en P. Luís, na Gta. de C. Arenal i entorno, etc. En fin, de acabar con esta burla; de evitaren novos fracasos.

Ó mellor aínda ten que pasar algún tempo pra que se acalmen os debates sobre infraestructuras: nudo do Pino, circunvalación, hospital único, tema sobre o que hai pouco falou o doutor Roberto Rey Cons [D. de Pontevedra, 17.9.2007], no sentido de que un hospital, cando pasa de 400 camas, faise ingobernable. ¿Por qué non se potenciou máis o Provincial ampliándoo sobre o que foi solar de Reyes Hermanos?. ¿Por qué un hospital único?. Son palabras de sentido común…. Pero sigamos co tema do urbanismo cateto que nos tocou sofrir ós residentes na zona vella, sobre o que nos temos pronunciado non poucas veces. Que agora Teresa Casal anuncie a posible reutilización do pavimento en novas obras merece nota. Pero esperemos que o faga e a súa xestión bote a camiñar. A reutilización da pedra aforraría moitos cartos. Citemos tamén os casos da rúa Real e outras pavimentadas na época do alcalde Hevia, que resistiron ata que a reforma, xa deteriorada, acabou co seu pavimento.

Desconozo o alcance do anuncio de que a Concellalía de Vivenda vai solicita-la declaración dun Área de Rehabilitación pró centro histórico da cidade, prá elaboración dun estudio socioeconómico, urbanístico e arquitectónico da zona vella da cidade, como primeiro paso prá tal declaración. Hai que determina-lo espacio e tamén promover actuaciós concretas. Anúncianse subvenciós prá rehabilitación de inmobles. ¿Quer decir que estamos no bo camiño despois de ver que tanto o Urban como o Peprica non serviron como dinamizadores do barrio, como fixadores de poboación? Eso é algo que se debeu ter priorizado, pero a “restauración” levada a cabo valeu como acelerador da emigración da zona vella, en moitos aspectos inaccesible, cunha clara perda de capital social, de vitalidade. A rehabilitación da área tería tamén que se concretar en espacios que, pola agresión urbanística sofrida, quedaron arrasados. Unha amplia consulta ó vecindario, porta a porta, podería axudar a fixa-los obxetivos da actuación necesaria. En fin, un diálogo certo; descarnado si se quer.

Sei dalgún colectivo parroquial que xa se está a movere e pensa concretar certas demandas relacionadas con Medio Ambiente, algo que vai da man do Urbanismo, ata o punto de que o precede en importancia. Que Medio Ambiente lle fora encomendado a Celia Alonso, que no pasado mandato fixo un traballo encomiable en xardíns, pode significar que as cousas vaian cambiar en asuntos como, por exemplo, o saneamento e que os seus prantexamentos deixen fóra de lugar aquela oferta fantasmal de 200 inútiles kilómetros de tubos, pra seguiren a mata-la ría dende a depuradora de Lourizán. As microdepuradoras, das que xa lle terán falado, poden se-la solución racional. Todo ben estudiado e instalado, que non insistir nunha obra ilegal, como ben debe sabe-la Consellería de Medio Ambiente.

No hay comentarios: