miércoles, 26 de septiembre de 2007

¿FERVOR ECOLOXISTA? [30.11.2002]


Nota. Dibuxo informático da loita dos voluntarios contra a marea negra. Autor: Xesús López. Ano 2002.
Pontevedra, 16.9.2007Hoxe penduro no blog un novo traballo da época do afundimento do Prestige. A pergunta foi premonitoria porque o fervor ecoloxista sí estivo nos voluntarios que traballaron a pé de praia, coas súas mans, pero nunca nos do Nunca Máis, algo que se montou como marca rexistrada e que serviría pra que algús concellos penduraran na fachada do consistorio o gran pano negro. O lema foi utilizado incluso como pancarta de inicio de procesiós previas ás elecciós do ano 2003.
Algús creeron que co invento do Nunca Máis xa podían dá-la cara e mostra-la face estalinista na organización frontista. Pero a sociedade decatárase xa do que estaba a pasar, convertido en odio a admiración inicial dalgún que outro empresario que aportara cartos ás contas do Nunca Máis, como digo, marca rexistrada. Sigue o traballo, do 30.11.2002.


¿Fervor ecoloxista? [30.11.2002],
por Xesús López Fernández

Cando acometo este traballo –30.11, ás 13,30— acabo de me enterar por Internet do que din algús dos periódicos do país. El Mundo informa que a gran mancha negra está xa a 18 kilómetros de Fisterra; El Correo Gallego acláranos que son catro os barcos que traballan xa sobre a mancha principal, a unhas cinco millas da costa, mentres os veciños de Camariñas informan que xa albiscan unha fronte escura no horizonte. O conselleiro de Pesca dí que, agora sí, debémonos preparar pró peor. O goberno reconoce confidencialmente que o Prestige segue a solta-la súa carga dende o fondo do mar, vamos, que non son certos os pronósticos de F. de Mesa sobre o “destino do crú de se converter en adoquín no fondo do mar” e que “é prácticamente descartable que o fuel saia dos tanques”. Estas e outras frases de responsables da cousa política aparecen dende hai varios días como letanía mediática pra nos lembrar que se trata de auténticas bobadas cando só cabía xa informar coa verdade na man. Algús petroleiros afundidos hai 50 anos, seguen a perder crú.
Que non lle extrañe ó PP si se cuestiona agora a súa integración na plataforma “NuncaMáis” que arestora está a prepara-la gran manifestación social da que pode saír un novo equilibro de forzas e a asunción por todos de cuestiós como o desenvolvemento sostible que –aínda dez anos despois do cumio de Rio Janeiro— figura nos programas dos partidos, pero non na súa forma de gobernare. Coido que todo-los grupos deberían arestora, cando se acaba de cuestionar no propio Congreso español o feito de que Galicia é unha rexión altamente dependente do mar, repensa-lo seu papel na Ecoloxía, porque estar na política no ano 2002 sen conciencia ambientalista clara parece dunha deshonestidade absoluta. Houbo tempo pra pensar nos peligros que prá nosa costa representa cada barco que a ela se achega con mercancías tóxicas. Dende a catástrofe do Egeo pasou tempo dabondo pra ter estudiado plans de emerxencia, posibles actuaciós, pero non se fixo nada.

Vale a crítica dun cibernatura que, en clave de humor, actualiza o conto do pegoreiro que baixaba á aldea pra avisare que viña o lobo. Era unha coña. Pero un bó día apareceu o lobo de verdade. A xente non lle fixo caso ó rapaz, e o animal cobrou o seu tributo e deixou o fato arruinado. Os gobernantes son nesta hora eses veciños que nun principio non creeron no lobo, na marea negra; que mesmo por detentaren o poder estimaron que poderían xogar coas noticias, minimizalas, e que terían a capacidade de controla-lo vertido pró que, agora sí, enténdese como a mellor das soluciós a que, según as súas declaracións, lle propuxo o práctico do Urquiola a Fernández de Mesa: entra-lo petroleiro no pantalán n. 4 do porto coruñés pró conseguinte trasego do fuel. O delegado do Goberno non contestou e dende aquela é conocido polas súas comparecencias e frases pouco felices.
Mentres o fuel ameaza á primeira reserva marisqueira de Europa e pode mesmo configurar na nosa costa un futuro sen futuro, unha sociedade –tamén na costa— sen raíces, aprécianse algús tics que non están aínda totalmente claros, como o do Parlamento galego que vai dar luz verde á Lei de Protección do Medio Ambiente Atmosférico, na que os concellos terán de asumir un maior control da calidade do aire –¡a ver si é certo!— e o concello de Pontevedra, sinérxicamente, rexeita a renovación do permiso de vertido a Ence, ou o Porto de Marín fala de calidade ambiental cando o gran recheo alí feito é totalmente obsceno. Paréceme demasiado grave que se asuman agora os deberes cando na Costa da Morte están a se enfrentaren co lobo –alí sí--, co lobo aniquilador da súa economía, da súa forma da vida. Non sei qué lección se vai tirar do drama cando os partidos siguen a mostraren unha total inmadurez ecoloxista, aínda que nestos momentos queiran mostraren algús un certo perfil de neoconversos no que moitos non creemos.

No hay comentarios: