Nota.- Grupos de presión i ecoloxistas están a botaren unha partida de xedrez sobre o futuro do planeta, que non vai. De momento vana gañando os que lle teñen declarada a guerra ó planeta, como temos comentado. [Dibuxo por ordeador de Xesús López, ano 1999]
Pontevedra, 28.9.2007
Este traballo foi previo ó Cumio de Johannesburgo. O título está tomado unha obra básica de Ala Gore na que o home advertía xa da crecente involución, do desmantelamento do planeta. A descripción que se fai no artículo vale pra recorda-lo patético das condiciós nas que viven moitas xentes, os peligros que decote teñen que sortear. Sigue o traballo, publicado en diversos medios, do 31.8.2002.
Este traballo foi previo ó Cumio de Johannesburgo. O título está tomado unha obra básica de Ala Gore na que o home advertía xa da crecente involución, do desmantelamento do planeta. A descripción que se fai no artículo vale pra recorda-lo patético das condiciós nas que viven moitas xentes, os peligros que decote teñen que sortear. Sigue o traballo, publicado en diversos medios, do 31.8.2002.
-
A Terra en xogo [31.8.2002],
A Terra en xogo [31.8.2002],
por Xesús López Fernández
Con este título publicou Al Gore un libro, parece que a obra dun convencido ecoloxista, un auténtico manual pra estadistas, ó que me teño referido nalgún traballo escrito daquela, 1993. As cousas serían distintas en Johannesburgo se Al Gore se tivera convertido no presidente dos Estados Unidos. Curiosamente, no prólogo do libro censúrase a actuación do goberno do presidente Bush pai en Río, decepcionante. E afirma o autor que o home non pareceu ter comprendido o reto moral que se presentaba, choído-los seus oídos ó rogo internacional de sinala-la vía da recuperación ecolóxica. E hoxe o reto segue en pe, sen que como país e civilización global saibamos responder como é debido, telumbraba tamén Al Gore como se tivera unha visión adiantada de que no 2002 o goberno do seu país, presidido desta volta por Bush fillo, negaríase tamén a suscribi-lo protocolo de Kyoto, ameazado agora tamén por Rusia, o que --de confirmarse— supón que os estados adherentes representen menos do 40 por cen do total das emisións de gases de efecto invernadeiro.
Doutra cousa alertaba Al Gore: de que despois da caída do Muro de Berlín e do nacemento da democracia no leste de Europa, odios soterrados se acendían por toda-las partes e a nosa conciencia colectiva parecía disposta a tolera-lo exterminio étnico; de que, abatido o apartheid, a violencia, as matanzas e o caos, ameazaban con facer da esperanza a súa próxima víctima. E acababa esta parte do seu discurso perguntando se, fronte a semellantes manifestacións do mellor e do peor, seríamos capaces de desoi-la chamada de socorro das forzas da natureza, se saberíamos loitar pra salvagarda-lo mellor de nós, concluíndo que a nosa herencia compartida e o noso futuro común precisaban de líderes. Palabras proféticas que os cidadáns do mundo que vémo-la Terra como fogar común suscribimos, temerosos de que o Cumio de Johannesburgo, como antes Río, non vai servir de nada.
Estos días foron chegando noticias diversas: acordos prá recuperación de caladoiros, xentes sen auga potable, a escenificación do ciclo da auga coa presencia de Nelson Mandela. Todo emocionante. E aterrador, como unha reportaxe sobre a situación de extrema probeza nas Filipinas, onde centos de miles de persoas están a habitaren casas flotantes sobre o que é xa unha inmensa cloaca. Ou o caso dos nenos que viven do que van recollendo nos vertedoiros --fundamentalmente cristal prá reciclaxe-- mentres un adolescente, ex vasureiro, tenta impartirlles conocementos cunha precariedade total nun habitáculo situado na propia escombreira. Ou a historia que nos sirveu o xornal El Mundo, a de Themzi Ngomezulu, de 19 anos, que vende fruta e periódicos por medio euro ó día nos semáforos de Renvoli, no Johannesburgo rico. A muller, que ten dúas fillas de catro e seis anos de edade, que a acompañan, revela que ás veces ten que deixalas na casa porque as ve moi débiles.
Themzi e as súas fillas viven en Alexandra, un barrio miserable da capital africá, que por outra banda ten sido declarada como a cidade máis peligrosa do mundo, na que cada 26 segundos é forzada unha muller. A ese barrio achegáronse xentes que acodiron ó Cumio, políticos e representantes de ONGs, suponse que desexosos de conectar coesa outra realidade, a sociedade dos probes, algo que o Vaticán conoce ben, daí o seu aviso, a súa urxencia de que son necesarios acordos prá rotura do actual modelo de desenvolvemento insostible e de que soamente poderemos acada-la fin da probeza mediante o respeto medioambiental, igualmente necesario pra que poida haber unha auténtica e duradeira paz. Un documento radical o de Roma, mentres se fala dun Cumio ó borde da crisis, de promesas falsas e 30.000 persoas van reclamar un mundo máis xusto. Última noticia: o quecemento global pode abrir un paso antre o Atlántico e o Pacífico polo Ártico nun prazo estimado de dez anos. A cabezonería política fará esto posible porque faltan líderes, como di Al Gore.
No hay comentarios:
Publicar un comentario