miércoles, 19 de septiembre de 2007

E XA PASOU O DÍA DAS LETRAS...[19.5.2001]

Ilustración. O caos normativo. Dibuxo informático de Xesús López, ano 2002.
Pontevedra, 19.9.2007

O traballo hoxe pendurado corresponde ó ano no que se fixo memoria do labor xigante e obra de don Eadio Rodríguez, o autor do noso mellor Diccionario Enciclopédico. De non ter feito caso do seu maxisterio, como ó doutros autores, veu este abandono da lingua polos que quixeron primar no seu uso unha sobrecarga de diferencialismos que nalgún caso poden ser extraños no propio portugués. Pola vía do Diktatt, coa fixación no Portugaliza co que están a soñaren, queren impoñer dende o parvulario unha lingua que, como teño dito en reiteradas ocasiós, xa non é a vella lingua do país. A normativa de concordia estaba preparada pra lla entregar á RAG nese ano 2001, parece que como ofensa ó propio Eladio Rodríguez, do que eu sigo aprendendo, consultando os seus traballos. Coido que o artículo é aclarador de certas actitudes. Aínda non vou deci-lo nome do académico co que mantiven o diálogo no que el chegou afirmar que os cambios que foron introducindo de forma imbécil fixéronnos pra achega-la lingua ó portugués.

E XA PASOU O DÍA DAS LETRAS...[19.5.2001]
por Xesús López Fernández

Dende que se instaurou o Día das Letras Galegas con motivo do
centenario dos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, cada ano lembrámo-la obra dun autor. Este ano correspondeulle a Eladio Rodríguez González, o lexicógrafo, o poeta, ó que os diversos medios dedicaron distintos traballos. Lévase andado bastante nos últimos anos, polo menos no eido editorial, algo que os autores salientaban este 17 de maio. Faise literatura, pero os lectores son escasos. Coido que se trata dun reconocemento sincero que ten o seu fundamento. I eu pergunto unha vez máis, criticamente, se a culpa non estará na imposición dun normativo que se afastou das formas populares, algo do que falei cun dos nosos académicos hai agora cousa de dous anos.¿Por qué o plural en “ais”, totais, normais, animais, ou en “ois”, españois? ¿Por qué “crise, análise, hepatite, bronquite”? “Por achegármonos ó portugués”, foi a súa resposta.

Seguimos a falar, eu afirmando que cada vez se falaba menos galego no rural, el a decir que máis nas vilas e cidades. Coido non é así e que, moitas veces, neses sectores emerxentes que falan o neogalego normativo –ou variantes paralusas— danse situaciós de auténtico esperpento. Penso que o artificio do libro subvencionado e as normas, pouco remedian; que o idioma vai seguir esmorecendo. ¿Douscentos anos?. Ese parece o horizonte optimista que lle fixou Basilio Losada, conocedor da fala e da súa realidade, curiosamente censurado nun debate virtual polas súas afirmaciós. Penso como el. Coido non se están a poñe-los medios que a salvación da língua precisa. As normas foron igualmente cuestionadas hai poucas xornadas por David Mackenzie, en Santiago, entendo que por desaxustadas ó idioma enxebre. E con esas opiniós recentes recibín como presente primaveral unha edición facsimilar das “Oraciós campesiñas” --así, oraciós--, de Eladio Rodríguez, que leín nun serán e que dende aquela estou a retomar. Na obra, a língua, rica, vai como un río.

Coido que é un libro prá reflexión, que nos sitúa nun momento no que o galego non estaba tan contaminado como hoxe. O autor usa o apóstrofo –c´unha, d´unha d´aquela, n´elas, etc--, o guión, tres acentos, o “i” hipentético, forma o plural en “ales” ---parrales, piñeirales, espritoales— ou en ós –oraciós, legós--, que se corresponden con situaciós do idioma real ó que as normas non se adaptan. Téñase presente que o libro contén unha advertencia na que se avisa ¡dunha soa errata!. Eu non podo entrar a xulgalo mais que como simple aficionado, como lector en galego dende que Galaxia reinventou o libro na nosa língua, e debo decir que me identifico máis con obras como a citada que non coa dalgús autores contemporáneos. E insisto en que o “quid” da cuestión pode estar no divorcio existente antre o galego estándar e o popular. Ese distanciamento apréciase nas aulas como tamén nos medios de comunicación, e si pra uns alumnos faise o galego unha asignatura “fea”, a fala dos medios é dificilmente soportable. Falta enxebreza. Vai faltar outros 364 días, pasado o Día das Letras.

Decir como final que en diversos foros pódese apreciar que a xente está a se manifestar nunha língua que non domina; que precisaría de rede como os trapecistas. Os erros son seguidos. Esfórzanse en introduciren palabras que non están no galego común, que moitos falantes evitan. Por non sinalar a nadie direi que se dan situaciós cómicas, como puiden apreciar nun programa protagonizado por enfermas de cáncer, palabra ésta que usaban as invitadas por contra de “cancro” que decía a persoa moderadora. Á forza de falar a persoa en cuestión foise expresando cunha dificultade crecente, ata que nun intre dado usou o singular “normai”, por reducción de “normais”, algo revelador da súa farsa. En fin, a situación do idioma parece límite. E a Academia non mostra disposición de cambia-las cousas. As mil primaveras propostas por Cunqueiro serían posibles á vista da obra de Don Eladio, pero non se sigue o seu maxisterio máis alá de nos inspirar no seu Diccionario Enciclopédico, o mellor.

No hay comentarios: